I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 317-318 [= LPGP 804-805]); Cohen (2003: 349); Littera (2016: II, 329).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 250); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 177); Montero Santalha (2004).
1 Sanhudo] Sanhuda V; amig’e] amigo B 2 que] que(i) V 3 ren] ten V 4 e nunca lh’[er] errei] enun calheirey B : en uncalherrey V 5 e] om. B; tenh’eu] teneu B 6 verra] ueira B 10 faça] faza V 13 que eu] q̅u B 16 gracir] grazir V 17 tenh’eu en] tenlheu eu B 21 querra] Q̅ira B; querrei] q̅irey B
4 lh’[er] errei] lh[i] errei Nunes : lh’<i> errei Cohen : lh[e] errei Littera 16 m’agora] m’ag’ora Nunes 20 lheu] leu Cohen 24 mi] om. Nunes
(I) Está irado o meu amigo, e non sei –Deus o sabe– por que se asañou comigo, pois fixen todo canto me mandou e nunca lle faltei en nada, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(II) Tan irado non me está, se eu quero, que sen min poida vivir moito tempo noutro lugar, e con soberbia quérolle dicir que o faga, se o puider facer, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(III) E, des que eu saia do seu mandado, o meu amigo non poderá evitar que teña que me rogar despois moito polo que agora non me quere agradecer, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(IV) Cando me vexa estar en Santa Marta tan fermosa, o meu amigo quererá falar comigo facilmente, mais eu non quererei; daquela penso vingarme ben del, e por isto non teño en nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:206)
Encontros vocálicos: 9 so·ber·bi͜a; 19 Marta‿estar; 21 migo‿e
A diferenza dos anteriores editores (Nunes, Cohen, Littera), integramos a hipotética partícula er antes de errei, cuxa ausencia se explicaría do punto de vista dos erros de copia como unha haplografía.
Nótese que meter neste verso significa ‘dicir, expresar’, acepción que volve aparecer en 683.10.
Santa Marta debe aludir a unha ermida da parroquia de Berdía, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.
Os manuscritos subministran a forma lheu, por máis que Cohen estabeleza a minoritaria variante leu na súa edición das cantigas de amigo. O adverbio lheu (sempre na frase ben lheu ‘facilmente’) é outro provenzalismo de escasa presenza no corpus. Esta forma con consoante palatal (talvez de orixe catalá; véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205) convive con leu (véxase nota a 14.13).