987 [= Tav 120,30]
O mui bon rei que conquis a fronteira

O mui bon rei que conquis a fronteira
e acabou quanto quis acabar,
e que se fez con razon verdadeira
[en] todo o mundo temer e amar,
éste bon rei de prez, valent’e fis,
rei Don Fernando, bon rei que conquis
terra de mouros ben de mar a mar,
a quen Deus mostrou tan gran maravilha
que ja no mundo sempr’an que dizer
de quan ben soube conquerer Sevilha
per prez [e] per esforç’e per valer;
e da conquista máis vos contarei:
non foi no mund’emperador nen rei
que tal conquista podesse fazer.
Non sei oj’ome tan ben razõado
que podesse contar todo o ben
de Sevilha, e por end’, a Deus grado,
ja o bon rei en seu pode-la ten;
e máis vos dig’: en todas tres-las leis,
quantas conquistas foron d’outros rei[s],
apos Sevilha todo non foi ren!
Mai-lo bon rei, que Deus manten e guia
e quer que sempre faça o melhor,
este conquis ben a Andaluzia
e non catou i custa nen pavor;
e direi-vos u a per-conquereu:
u Sevilha a Mafomede tolheu
e erdou i Deus e Santa Maria!
E des aquel dia que Deus naceu,
nunca tan bel presente recebeu
como [o] del recebeu aquel dia
de San Clement’en que se conquereu;
e en outro tal dia se perdeu,
quatrocentos e nov’anos avia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscrits


B 985, V 572

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 894-895); Panunzio (1992 [1967]: 109-111 [= LPGP 779-780]); Littera (2016: II, 289-290).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 205); Braga (1878: 109-110); Machado & Machado (1953: IV, 366-368); Fernández Pousa (1956: 813-814); Juárez Blanquer (1988: 161-162).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 223-224); Fernández Pousa (1951: 41-42); Álvarez Blázquez (1975: 45); Alvar & Beltrán (1989: 158-159); Arias Freixedo (2003: 720-722); Alvar & Talens (2009: 406-408); Souto Cabo (2017: 210).

Variantes manuscrites


2 e] se V   7 terra] Teira B   9 sempr’an] semprem B : semp̄m V   10 quan] qm̄ V   11 esforç’e] esforze V   13 rei] Rey / (Rey) B   15 oj’ome] oime V; razõado] razonado B : razoādo V   18 en] eu B   20 quantas] qn̄ tas V   21 apos] Apꝯ B : apꝯ V   23 faça] faza V   28 santa] sancta B   30 recebeu] tezebeu V   32 Clement’, en] de menten B   34 quatrocentos] Queiro centꝯ B : q̄tro centus V

Variantes éditoriales


2 e] se Michaëlis   3 e] o Michaëlis   4 todo o mundo] tod(o) o mundo Michaëlis : tod’o mundo Littera   5 éste] este Panunzio, Littera; fis] fiz Littera   7 mouros] mourus Panunzio   8 quen] que Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis, Panunzio   15 razõado] razonado Panunzio   17 por end’] per end’ Panunzio   19 vos] vus Michaëlis, Panunzio   21 apos] apus Panunzio   26 vos] vus Michaëlis, Panunzio   27 Sevilha] Sevilh(a) Michaëlis   28 Santa] Sancta Michaëlis, Panunzio   31 como [o] ... aquel] como ... aquel[e] Michaëlis, Panunzio, Littera   34 quatro centos anos] quatro centus anus Panunzio

Paraphrase


(I) O moi bo rei que conquistou a fronteira e levou a cabo canto se propuxo realizar, e que con razón verdadeira se fixo temer e amar en todo o mundo, é bo rei de prez, valente e leal, rei Don Fernando, o bo rei que conquistou a terra dos mouros ben de mar a mar, (II) a quen Deus mostrou tan gran marabilla que xa no mundo por sempre han de falar do moi ben que soubo conquistar Sevilla por prez e por esforzo e por valía; e da conquista máis vos contarei: non houbo no mundo emperador nin rei que tal conquista puidese facer.
(III) Non sei de ninguén hoxe (que sexa) tan hábil argumentador que puidese describir todo o ben de Sevilla e, por iso, grazas a Deus, xa o bo rei en seu poder a ten; e dígovos máis: en todas as tres relixións) cantas conquistas foron feitas por outros reis, despois de Sevilla todo ficou en nada!
(IV) Mais o bo rei, que Deus mantén e guía e quere sempre que faga o mellor, este conquistou ben Andalucía sen lle importar o custo nin o medo; e direivos cando a conquistou de vez: cando lle tirou Sevilla a Mahoma e herdou alí a Deus e a Santa María.
(1) E desde o día en que Deus naceu, nunca un tan belo presente recibiu (Deus) como o recibiu del (de D. Fernando) aquel día (2) de san Clemente en que se conquistou; e noutro tal día se perdera había 409 anos.

Métrique


Esquema métrico: 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’b (I-III [= Tav 101:30]) + 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (IV [= Tav 100:30]) + 2 x 10c 10c 10a’

Encontros vocálicos: 4 todo‿o; 27 Sevilha‿a

Notes


Texte
  • *

    Esta é a primeira composición dos cancioneiros pertencente ao subxénero das cantigas de louvor (ou de eloxio), que só foi cultivado por Pero da Ponte. Neste caso, o personaxe é o rei Fernando III, pai de Afonso X, por mor da conquista da cidade de Sevilla (23-11-1248). Fernando III foi o monarca unificador dos reinos de Galiza, León e Castela.

  • 5

    A necesidade dun verbo no período explica a interpretación de <este> como a forma verbal éste (concorrente con é), embora fose posíbel ler a secuencia tamén como est’é (= este é).

  • 7

    A expresión adverbial de mar a mar (véxanse diversas atestacións desta expresión no CGPA, s.v.) reaparece en 989.7, por mor dos mesmos feitos históricos:
              rei Don Fernando, tan de prez,
              que tanto ben no mundo fez
              e que conquis de mar a mar
    .

    Tamén, de maneira máis xeral, nunha cantiga de amigo de Lopo (Polo meu mal filhou-[s’ora] el-rei / de mar a mar 1265.1). Endebén, a formulación concreta de Pero da Ponte cando fala do «bon rei que conquis / terra de mouros ben de mar a mar» pode acharse en obras cronísticas nos capítulos dedicados a Fernando III. Así, na Crónica Geral d’Espanha de 1344, rexístrase o seguinte parlamento do rei Fernando III a seu fillo, o futuro Afonso X: Filho, rico ficas de terra e de muitos bõos vassalos mais que rey que na cristaindade aja: trabalha por seeres bõo cavaleiro e esforçado, ca ben teens con que. Senhor te leixo de toda a terra, des o grande mar Oceano ataa o mar Mediterreno, assi como a perdeo el rey Rodrigo (Cintra 1990: IV, 494).

  • 7-8

    O verso final da estrofa I e o primeiro da estrofa II teñen unha continuidade sintáctico-semántica evidente; non obstante, na edición de Littera consta unha explícita ruptura con independencia estrófica.

  • 10

    A conquista de Sevilla produciuse o día 23 de novembro de 1248.

  • 15

    A presenza de -n- na forma manuscrita <razonado> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada como é habitual pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 18

    Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é inusual a asimilación co substantivo poderja o bon rei en seu pode-la ten. Véxase nota a 25.10.

  • 19

    Para alén do pronome identificador que sofre asimilación xeral en certos contextos (véxase nota a 5.10), algunhas outras formas pronominais de diversas clases (tamén estes, 1607.20; quaes, 1535.13) poden presentar esa asimilación, ás veces con grafía conservadora <s-l>, como acontece neste verso: tres-las leis (véxase nota a 5.10).
    Lémbrese, tamén, que lei significa nesta pasaxe, o mesmo que en 491.9 ou 989.20, ‘relixión’: así pois, as tres leis son as relixións cristiá, xudaica e musulmá.

  • 27

    Mafomede é unha forma medieval de Mahoma, profeta fundador do Islam.

  • 30-32

    O adxectivo belo presenta apócope na súa forma masculina cando anteposto a un nome iniciado por consoante: bel cavalo (587.15), bel cuu (1613.11).

    Por outra banda, perante a hipometría versal, todos os editores propoñen a forma aquel[e]; porén, do punto de vista paleográfico é moito máis aceptábel reintegrar o pronome persoal tras como, facilmente omitido no proceso de copia por contigüidade, coa interpolación pronominal tan frecuente na lingua medieval (= como del o recebeu...):
              nunca tan bel presente recebeu
              como [o] del recebeu aquel dia
              de San Clement’en que se conquereu.    

    Finalmente, o sonado dia de San Clemente, día da conquista de Sevilla, é repetidamente lembrado en diversas crónicas. Así, na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: I, 884, 888, 898): Et esto foy en dia de San Clement[e], ena era de suso dicta, quando esse alcaçer dessa nobre çibdad[e] de Seuilla foy dado a esse nobre rrey dõ Fernando et entregado [...] Capitolo della era [en] que a nobre çidad[e] de Seuilla foy gãanada et como a p(r)obrou el rrey dõ Fernando. A nobre çibdade de Seuilla foy gãanada ena era de mĩll et CC et LXXXvj ãnos, quando andaua o ano da encarnaçõ do Senor en mĩll et CCXLviij, en dia de San Clement[e], andados xxiij dias do mes de Nouenbre [...] Conta a estoria que este rrey don Fernãdo foy muy bõo rrey et muyto amigo de Deus. Et fillou Cordoua? a mouros? en dia de san Pedro et de san Paulo apostolos, ena era de mill et CCLXXXIIJ? anos; et fillou Seuilla a mouros en dia de san Clemente, ena era de mill et CCLXXXVJ anos et fillou Jaen en dia de santa Maria de agosto? ena era de mill et CCLXXXIIIIo anos a mouros, et o Algarbe, et muytos castelos et muytas uilas, et a mayor partida da Andaluzia.
    Algo similar acontece na Crónica de 1344 (Cintra 1990: IV, 485, 489): E, feito este preito e firmado, mandou logo el rey poer a sua bandeira na mais alta torre da vila, dando todos muitas graças ao Nosso Senhor Jhesu Christo. E foi tomada essa cidade de Sevilha en dia de Sam Clemente, quando a era de Cesar andava em mil e duzentos e oiteenta e seis anos e o ãno da encarnaçõ en mil e duzentos e quareenta e oito [...] Contado avemos como el rey dom Fernando tomou Sevilha na era de mil e duzentos e LXXX e seis annos, en dya de Sam Clemẽte, andados XXIII dias do mes de Novembro.

  • 34

    No Cancioneiro da Vaticana, a grafía -us aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais (<centus>). A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé