922 [= Tav 128,3]
O anel do meu amigo

O anel do meu amigo
perdi-o so-lo verde pino,
e chor’eu, bela!
O anel do meu amado
perdi-o so-lo verde ramo,
e chor’eu, bela!
Perdi-o so-lo verde pino,
por én chor’eu, dona virgo,
e chor’eu, bela!
Perdi-o so-lo verde ramo,
por én chor’eu, dona d’algo,
e chor’eu, bela!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 920, V 507

A estrofa IV só foi copiada no Cancioneiro da Vaticana, onde funciona, por tanto, como terceira cobra. V coloca como estrofa III a que nesta edición se considera estrofa IV, atendendo ás leis do paralelismo e do leixa-pren.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 238-239 [= LPGP 856]); Cohen (2003: 323); Calderón Calderón (1996: 336); Littera (2016: II, 395-396).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 185); Braga (1878: 96-97); Machado & Machado (1953: IV, 278).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 52-53); Nemésio (1961 [1949]: 51); Piccolo (1951: 131); Nunes (1959: 351); Vasconcellos (1959: 27); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 39); Landeira Yrago (1975: 73); Reckert & Macedo (1980: 90); Fiúza (1981: 33-34); Beltrán (1987: 59); Ferreira (1988: 83); Jensen (1992: 330); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 209); Vallín (1999: 103); Arias Freixedo (2003: 780).

Variantes manuscritas


1 anel] finel B   5 ramo] iramo B : rrayao V   10 ramo] rrayao V   10-12 om. B

Variantes editoriales


A orde das estrofas en Cohen é I-II-IV-III, isto é, o editor inverte as estrofas III-IV.

2 so-lo] sô lo Littera; pino] pinho Nunes   5 so-lo] sô lo Littera   7 so-lo] sô lo Littera; pino] pinho Nunes   10 so-lo] sô lo Littera

Paráfrasis


(I) O anel do meu amigo perdino baixo o piñeiro verde, e choro eu, bela!
(II) O anel do meu amado perdino baixo o ramo verde, e choro eu, bela!
(III) Perdino baixo o piñeiro verde e por iso choro eu, doncela, e choro eu, bela! 
(IV) Perdino baixo o ramo verde, e por iso choro eu, señora, e choro eu, bela!

Métrica


Esquema métrico: 7’a 8’a 4’B (I-II) + 8’a 7’a 4B’ (III-IV) (cfr. Tav 26:118)

Notas


Texto
  • *

    A copia da cantiga presenta problemas, tal como indica cruz de Colocci (?) presente en B ao final da copia, que chama, xustamente, a atención para algunha deficiencia no traslado do texto. Pola súa parte, o Cancioneiro da Vaticana reproduce unha cuarta cobra, que completa o texto, aínda que, atendendo aos principios compositivos destas cantigas, estaría, ao ocupar a terceira posición, alterando a secuencia esperada (I-II-IV-III). Atendendo, como se acaba de indicar, aos principios métrico-retóricos que define estas cantigas, baseadas no paralelismo verbal e no leixa-pren (regular), reordenamos as dúas últimas estrofas de V, aínda séndomos conscientes de que eses princípios poden non ser tan estritos. De feito, Rip Cohen non modificou a orde das estrofas do Cancioneiro da Vaticana, tendo en conta a existencia de ruptura estrófica noutras cantigas: 659, 1297, 1300 (e, mesmo, 1253).

    Canto á combinación métrica, pode verse similar artificio (6’7’+7’6’) na cantiga 1300, de Martin Codax. Toda a cantiga, ademais, presenta rima asoante ou toante (cfr. tamén a  nota á cantiga 920), feito que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Nótese como o anel do amigo funciona na cantiga como a prenda dada á amiga, con función similar ás das cintas que a dona entregaba ao trobador, de aparición máis habitual nas cantigas de amor.

    A voz anel procede do provenzal, a partir do lat. annĕllum, que ten como resultado patrimonial elo.

  • 2

    A forma pino (< pinum), presente tamén no v. 7 debido ao artificio construtivo do leixa-pren, conserva o -n- intervocálico (cfr. pinho en 587.3 e 9 e mais en 1489.13): este vocábulo forma parte, así, do grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (véxase tamén 585.1), contrastando coa forma xeral pinheiro (<pinarium), presente na lingua medieval con diversas grafías (pineiro ~ pineyro, pinheiro etc., véxase CGPA, s.v.).

    Por outra banda, o encontro sŭb-ĭllum desembocou en so-lo (tal como ŭbī-ĭllum derivou en u-lo, forma sobrevivente en galego), que só se rexistra en cantigas de amigo (659, 864, 922, 1161), talvez como máis outra marca de teor arcaizante. Nos restantes xéneros foi regularizado este encontro, que presenta a forma so~su o(s)/a(s) (véxase Glosario, s.v. so). Neste sentido, a presentación formal de Littera (sô lo) non é axeitada, por canto suxire un simple conservación da consoante lateral do artigo.

  • 8

    O elemento virgo (‘virxe’) do sintagma dona virgo reforza, novamente, a presenza de elementos arcaizantes, pois só se localiza en cantigas de amigo (véxase 864.31 e 1169.11, xunto co mesmo sintagma en 1167.2), todas elas de Airas Nunez e Joan Zorro. Para alén da súa presenza nas cantigas de amigo e mais en fórmulas latinas (ou na denominación do signo zodiacal), este latinismo (cfr. lat. virgo,-inis) só o achamos nun documento galego de 1427, nun uso inducido polo latín litúrxico: Primeiramente mando a mia alma ao muy alto e muy poderoso Señor Deus que a conprou e redemeu por lo seu santo sangre justo precioso et rogo e peço aa sua madre Virgo Santa Maria con toda a Corte Çelestaal que lle rogen por min que me queira perdoar os meus pecados que ey feytos como a sua voontade (cfr. CGPA, s.v. virgo).

Buscar
    Sin resultados