I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 411-412 [= LPGP 302]); Littera (2016: I, 329); Bruno (2022: 33-34); Staffieri (2024: 121).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 123-124); Machado & Machado (1960: VII, 28); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 346).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 65).
3 ousasse] oussase A 7 E esta] E {e}sta A; jaço] ia(s)ço A 15 viv’oge] uiuu oge A
7 jaço] jasço Littera 9 en] en Littera 16 soubess’e ... fosse] soubesse ... foss(e) Michaëlis : soubesse ... foss’ Littera : soubesse ... fosse Bruno
(I) Gran coita sufro e vouna ocultando, porque non quixo Deus que sufrise coita de que eu ousase falar mentres vivise, e por isto estou marabillado de como vivo en tan gran coita como hoxe eu vivo.
(II) E (por) esta coita, en que estou pensando sempre desde que me deito, despois de me erguer tampouco é posíbel que pense en ningunha outra cousa, e por iso estou marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.
(III) Sei ben que ninguén entende sequera a coita que sufro e o coitado que vivo eu agora, nin naceu home que o soubese e que por iso non fose marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.
(1) E non o ouso dicir, infeliz de min; por riba, desexo a miña morte, e vivo.
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= RM 160:309)
Encontros vocálicos: 16 fosse‿ende
No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. A forma <oussase> ousasse neste verso mostra unha dupla confusión, talvez por troca de posición. Por unha banda, a confusión <-ss->/<-s->, como outra formas que achamos ao longo do cancioneiro: como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4, 308.11, 313.8) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.
Por outra banda, <oussase> implica tamén a confusión de sibilantes que se detecta especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.
As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–, 346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .
Na lección do Cancioneiro da Ajuda existe unha errada repetición de <u>, de modo que o texto correcto debería ser <uiu oge>.
A segmentación da copulativa facilita a articulación sintáctica, ligando soubesse e fosse.
Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.