706 [= Tav 79,24]
Fremosas, a Deus louvado, con tan muito ben como oj’ei

Fremosas, a Deus louvado, con tan muito ben como oj’ei,
e do que soo máis leda, ca todo quant’eu desejei
vi quando vi meu amigo.
 
 
 

Manuscritos


B 691, V 293

En BV o texto aparece disposto en versos curtos. En V esta cantiga fragmentaria aparece disposta como a primeira estrofa da cantiga seguinte (nº 707).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 113 [= LPGP 536]); Cohen (2003: 176); Littera (2016: I, 615).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 366).
III. Antoloxías: Torres (1977: 182).

Variantes manuscritas


2 e do que] es V

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 1-2 divídense en cinco versos (7’ 8 7’ 8 7’), que foron integrados como inicio da cantiga 707.

2 soo] sõo Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Fermosas, Deus sexa louvado, polo ben tan grande que hoxe teño e polo que estou máis leda, pois todo canto eu desexei vin cando vin o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 16a 16a 7’b (= Tav 26:6)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga é incompleta. Neste sentido, o terceiro verso probabelmente constitúa o refrán da estrofa.

  • 1

    A frase formularia a Deus louvado ~ loado (tamén en 61.14, 374.3, 1372.5, 1440.14, 1585.18), xunto con loado a Deus (1596.3), é equivalente de graças a Deus (só en 1530.23).
    Igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), loar (< laudāre) é a solución xeral (cfr. nota a 496.17) no corpus trobadoresco, mais atéstase tamén a evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior epéntese consonántica (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1). Véxase tamén 618.10, 1171.7, 1372.5, 1506.2, 1520.6

Buscar
    Non se atopou ningún resultado