156 [= Tav 109,1]
Ben deviades, mia senhor

Ben deviades, mia senhor,
de min cousimento prender;
e, pois vo-lo Deus faz aver
e quantas outras cousas son,
en que teedes por razon
de me leixar morrer d’amor
e me non quere[r]des valer?
E d’al estou de vós peior:
que mi non queredes creer,
e veedes meu sén perder
por vós; e á mui gran sazon,
mia senhor fremosa, que non
ouve de min nen d’al sabor
quando vos non pudi veer.
E, pois me vos Deus quis most[r]ar
aqui, direi-vos ũa ren:
se mi vós non fazedes ben,
por quanto mal por vós levei,
ja eu viver non poderei,
que me querra cedo matar
a coita que mi por vós ven.
Mais venho-vos por Deus rogar
que vos prenda doo por én
de mí, que faç’este mal sén,
onde me nunca partirei;
pero d’al vos preguntarei:
como podedes desamar
quen s’assi por voss’ome ten?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manoscritti


B 180

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 790-791 [= LPGP 697-698]); Littera (2016: II, 197).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 73-74); Machado & Machado (1949: I, 275-276); Muriano Rodríguez (1996: 35); Rios Milhám (2017: I, 156).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 53); Nunes (1959: 251-252); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 155).

Varianti manoscritte


2 prender] quantoia prēder B   6 morrer] moirer B   7 quere[r]des] queredes Michaëlis, Littera   8 estou] estou eu   15 most[r]ar] most̃ B   20 que] ꝗʷdo B   22 rogar] roguar B   25 nunca] uūca B   26 preguntarei] pⁱgūtarei B

Varianti editoriali


5 teedes] tẽedes Michaëlis   8 estou] estou (eu) Michaëlis : estou eu Littera   13 ouve] òuvi Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   16 aqui] aque Michaëlis; vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis   26 vos] vus Michaëlis

Parafrasi


(I) Ben debiades, miña señora, obrar con bo criterio comigo; e xa que Deus volo fai ter e todas cantas outras cousas (boas) hai, cal é a razón que tendes para me deixardes morrer de amor e non me quererdes socorrer?

(II) E por outra razón estou peor en relación a vós: porque non me queredes crer, e védesme perder o siso por vós; e hai moito tempo, miña fermosa señora, que non sentín ningunha alegría por min nin por outra cousa cando non vos puiden ver.

(III) E xa que me vos Deus quixo mostrar aquí, direivos unha cousa: se vós non me facedes ben, por canto mal por vós levei, xa eu non poderei vivir, porque me quererá cedo matar a coita que por vós me vén.

(IV) Mais véñovos por Deus rogar que sintades por iso piedade de min, que cometo esta loucura de que nunca me librarei; mais sobre outra cousa vos preguntarei: como podedes desamar a quen así se ten por voso vasalo?
 

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8a 8b (= Tav 191:1)

Note


Testo
  • 2

    O elemento <quantoia> que aparece no seo do verso debe ser expunxido, sen que saibamos a súa procedencia.

    Prender cousimento (de) é ‘tomar unha decisión asisada; obrar con mesura’, a partir de cousimento ‘discreción, siso’ é voz de orixe provenzal usada con relativa frecuencia, fundamentalmente nas cantigas de amor (36.26, 38.1, 110.4, 116.22, 117.15 e 18, 978.2, 1062.11, 1408.12), xunto cos verbos cousir e cousecer (véxase Glosario, s.v.), da mesma familia semántica e de amplo uso no corpus trobadoresco. Véxase García-Sabell Tormo (1991: 103-105).

  • 7

    Tal como indica Rios Milhám, é necesaria unha forma de infinitivo quererdes, paralela a leixar no v. 6.

  • 8

    Para a correcta medida do verso é necesaria a expunción do suxeito eu, elemento que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7. Cfr. unha construción moi similar sen pronome suxeito eu: que mui mal / estou de vós, e cuid’eu que mui ben / estou de vós, senhor (246.2-3).

  • 16

    A lección <aq> só pode ser interpretada como aqui, que acae ben ao contexto, sen que sexa necesario recorrer ao adverbio presentativo aque que Michaëlis fixa no texto.

Cerca
    Nessun risultato trovato