I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 57-58 [= LPGP 182-183]); Nunes (1972 [1932]: 186-188); Littera (2016: I, 205-206).
II. Outras edicións: Moura (1847: 101-104); Monaci (1875: 61); Braga (1878: 30); Machado & Machado (1952: III, 147-148); Júdice (1997: 140-141); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 171-172); Pimpão (1942: 49-50); Oliveira & Machado (1959: 51-52); Torres (1977: 230-231).
1 mí] mj̄ V 17 ajude] auide V 20 morrer] moirer B 24 morrer] moirer B 28 conorto] conorco B 33 averei] auey B 35 non ei] nō ey eu BV 36 rogarei] roguarey B
1 mí] mim Lang, Littera : min Nunes 6 oer] ouver Lang : houver Littera 17 ajude a tan] ajud(e) a tan Nunes : ajud’em atam Lang, Littera 28 dé] dê Lang, Nunes, Littera 39 quera] queira Lang, Nunes, Littera 40 de] dê Lang
(I) Amor fíxome amar, hai xa moito tempo, unha muller que sempre quixo e quere o meu mal e quixo e quere matarme, e ben pode levalo a cabo, desde que houber o poder para iso; mais Deus, que coñece a coita excesiva que me ela dá, vexa como vivo tan coitado: El me dea a solución a iso.
(II) Tal muller me fixo amar Amor que desde entón non me deu máis que coita e do mal sempre o peor; por iso a Noso Señor lle rogo eu moi de corazón que El me axude contra tan gran coita, que me é igual á morte, e contra o gran mal sen medida con que hoxe me vexo morrer.
(III) A min Amor fíxome amar unha muller tal que sempre quixo o meu mal e a quen lle prace que eu morra, e, xa que o quere facer, non podo eu facer outra cousa respecto a iso; mais Deus, que sabe a grande inxustiza que (Amor) comete comigo, me dea conforto para este mal sen medida que tanto me dura.
(IV) Amor fíxome amar tal muller de quen me vén e me virá mal, pois en tal coita me ten que non teño forza nin siso; por iso rogarei a Deus, que sabe que vivo en tal mal e tan duro, que me quererá dar a salvación da morte ou unha mellor vida.
Esquema métrico: 4 x 7a 7b 7b 7a 7a 7b 7’c 7’c 7’d 7’d (= RM 135:1)
Encontros vocálicos: 17 ajude‿a
O radical xeral para os tempos de pretérito de aver é ouv-, como resultado da metátese de wau e fricativización de -b- a partir do radical latino habu-. Ora ben, -b- intervocálico tamén pode desaparecer (Ferreiro 1999: §54c), como mostran diversos resultados que proban esta evolución diverxente nos tempos de pretérito de aver. Para alén de ouer (10.18), así acontece coas formas oer, oera e oesse presentes no corpus, sempre a partir das leccións dos apógrafos italianos, por o Cancioneiro da Ajuda sempre presentar a forma ouver (e afíns): se mi-o logo a tolher oer / mia vezinha (11.27), se vos eu oesse desamor (23.13), mentr’eu vosso desamor oer (23.32), pois eu esto feito oer (29.19), mentr’oer esta senhor que oj’ei (38.9), U lhi conven, oera de tornar (45.8), quand’eu de vós oer / desamor (46.23), pois que lh’esto feit’oer (96.8), quen vos oer a desejar (107.18), farei eu por vós quanto fazer oer (725.26), poi-la dona seu amig’oer (759.15), pois eu oer / por mia senhor mort’a prender (1064.13). A estas ocorrencias aínda hai que lles acrecentar aqueloutras en que os apógrafos italianos presentan esta variante fronte ao resultado maioritario en A: 66.15 (ouvesse A vs. oess(e) B); 64.4, 65.22, 68.11, 81.18, 141.6 (ouver A vs. oer B); 363.16 (ouver A vs. oer BV). Véxase tamén notas a 10.18 e 372.4. Cfr. notas a 130.23 e 534.4. Véxase Ferreiro (2016a: 119-127).
Tanto Lang como Littera emendaron a construción de BV e substituíron a preposición a pola preposición en.
A forma conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.
É necesaria a expunción de eu para a correcta medida do verso: a súa presenza é produto dunha probábel adición espuria, que se rexistra con relativa frecuecia nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.
Mantemos a forma quera da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: