703 [= Tav 79,4]
Ai meu amigo, se [vós] vejades

Ai meu amigo, se [vós] vejades
prazer de quanto no mund’amades,
levade-me vosc’, amigo.
Por non leixardes mí, ben-talhada,
viver com’oj’eu vivo coitada,
levade-me [vosc’, amigo].
Por Deus, filhe-xi-vos de min doo;
melhor iredes migo ca soo:
levade-me vosc’, amigo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 688, V 290

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 111 [= LPGP 525-526]); Cohen (2003: 173); Littera (2016: I, 614).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 115-117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 363-364).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 284); Landeira Yrago (1975: 99); Alvar & Beltrán (1989: 309); Pena (1990: 113); Vallín (1999: 55); Arias Freixedo (2003: 538).

Variantes manuscritas


7 Deus] des V   8 iredes] uedes V

Variantes editoriais


1 se [vós] vejades] [a]se vejades Cohen   7 filhe-xe-vos] fihe-xe-vos Nunes

Paráfrase


(I) Ai, meu amigo, así vós vexades pracer de canto amades no mundo, levádeme convosco, amigo.

(II) Por non me deixardes –fermosa– vivir coitada como hoxe vivo, levádeme convosco, amigo.

(III) Por Deus, tende dó de min; mellor iredes comigo que só: levádeme convosco, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 7’B (= Tav 26:97)

Notas


Texto
  • 1

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas, procedente de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se (véxase tamén 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 720.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Porén, Cohen preferiu emendar se para unha inexistente forma ase na lingua das cantigas profanas (véxase nota a 701.9-10) no canto de restaurar un pronome vós.

    A reintegración do suxeito vós na expresión verbal veer prazer admite a presenza do suxeito, tal como aparece nunha expresión similar con veer prazer: «Que vós do vos[s]o filho / prazer vejades, que vós me ajudedes / o capelan que vós mester avedes!» (1620.16).

  • 4

    De novo volve aparecer o pronome tónico sen preposición en función de complemento directo. Cfr. nota a 4.9.

Procurar
    Não foram encontrados resultados