I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 111 [= LPGP 525-526]); Cohen (2003: 173); Littera (2016: I, 614).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 115-117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 363-364).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 284); Landeira Yrago (1975: 99); Alvar & Beltrán (1989: 309); Pena (1990: 113); Vallín (1999: 55); Arias Freixedo (2003: 538).
7 Deus] des V 8 iredes] uedes V
1 se [vós] vejades] [a]se vejades Cohen 7 filhe-xe-vos] fihe-xe-vos Nunes
(I) Ai, meu amigo, así vós vexades pracer de canto amades no mundo, levádeme convosco, amigo.
(II) Por non me deixardes –fermosa– vivir coitada como hoxe vivo, levádeme convosco, amigo.
(III) Por Deus, tende dó de min; mellor iredes comigo que só: levádeme convosco, amigo.
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 7’B (= RM 26:97)
Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas, procedente de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se (véxase tamén 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 720.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1042.16, 1140.10, 1284.18). Porén, Cohen preferiu emendar se para unha inexistente forma ase na lingua das cantigas profanas (véxase nota a 701.9-10) no canto de restaurar un pronome vós.
A reintegración do suxeito vós na expresión verbal veer prazer admite a presenza do suxeito, tal como aparece nunha expresión similar:
E dixi-lh’eu: «Que vós do vos[s]o filho
prazer vejades, que vós me ajudedes
o capelan que vos á mester, vedes!» (1620.16).
De novo volve aparecer o pronome tónico mí sen preposición en función de complemento directo. Cfr. nota a 4.9.
Utilizziamo cookie di terze parti per scopi analitici in modo da poter tracciare le abitudini di navigazione (ad esempio i siti visitati). Si avvisa l’Utente che se accetta cookie di terze parti, dovrà escluderli dalle opzioni del browser o dal sistema offerto dalle terze parti.
Clicca per accettare o rifiutare i cookies: