120 [= Tav 115,7]
Meus ollos, quer-vos Deus fazer

Meus ollos, quer-vos Deus fazer
ora veer tan gran pesar,
onde me non poss’eu quitar
sen mort’, e non poss’eu saber
por que vos faz agora Deus
tan muito mal, ai ollos meus!
Ca vos faran cedo veer
a por que eu moiro casar,
e nunca me dela quis dar
ben, e non poss’or’entender
por que vos faz agora Deus
[tan muito mal, ai ollos meus!]
E de quen vos esto mostrar
nunca vos mostrará prazer,
ca log’eu i cuid’a morrer,
ollos, e non poss’eu osmar
por que vos faz agora Deus
[tan muito mal, ai ollos meus!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 34, B 149

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 75); Vallín (1995b: 179 [= LPGP 730]); Littera (2016: II, 235-236).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 59); Carter (2007 [1941]: 22-23); Machado & Machado (1949: I, 216); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 1, 120).
III. Antoloxías: Torres (1977: 504); Alvar & Beltrán (1989: 93-94); Alvar & Talens (2009: 328).

Variantes manuscritas


1 ollos] olhus B; vos] uus A   2 veer] uueer A   4 eu] en B   5 vos] uus A   7 cedo] ce’do B   8 eu] ei B   9 me] mj B   10 e non poss’or’] ent̄ ir ssora B   11 vos] uus A   13 quen] ʷ B   15 morrer] moir B   16   ollos] os ollos A; poss’eu osmar] ousosmar B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Vallín   5 vos] vus Michaëlis, Vallín   7 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis, Vallín   13 vos] vus Michaëlis   14 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:368)

Notas


Texto
  • 8

    Eis unha das escasísimas alusións ao casamento da dona como razón para a coita de amor, que tamén se adiviña na cantiga 121, do mesmo trobador. Véxase tamén a cantiga 417, de Fernan Velho, e outras co mesmo motivo implícito no verbo levar (900, de Roi Fernandiz de Santiago), ou no verbo casar (1104, Lourenço).

  • 16

    Nótese o lapso de A ao introducir o artigo con ollos, que no contexto está a funcionar como vocativo a que se dirixe o trobador.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado