504 [= Tav 25,36]
En gran coita, senhor

En gran coita, senhor,
que peior que mort’é,
vivo, per bõa fe,
e polo voss’amor
esta coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu
vi polo meu gran mal;
e melhor mi sera
de morrer por vós ja,
e, pois me Deus non val,
esta [coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu]
polo meu gran mal vi;
e máis mi val morrer
ca tal coita sofrer,
pois por meu mal assi
esta [coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu]
vi por gran mal de min,
pois tan coitad’and’eu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 506, V 89

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 19 [= LPGP 193]); Nunes (1972 [1932]: 77-78); Eirín (2015: 83); Littera (2016: I, 170).
II. Outras edicións: Moura (1847: 15-16); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 17-18); Júdice (1997: 86); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 504).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 30); Torres (1977: 228); Mongelli (2009: 64).

Variantes manuscritas


3 bõa] boa B   9 morrer] moirer BV   10 pois] pors V   14 morrer] moirer B   19 por gran mal] pᵉ (mal) grā mal V

Variantes editoriais


9 morrer] moirer Lang, Littera   19 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) En gran coita vivo, senhor, que é peor que a morte, abofé, e polo voso amor esta coita sufro eu por vós, senhor, que eu (II) vin para o meu gran mal; e mellor me será morrer por vós xa, e, pois Deus non me socorre, esta coita sufro eu por vós, senhor, que eu (III) vin para o meu gran mal; e máis me vale morrer que tal coita sufrir, pois para o meu mal así esta coita sufro eu por vós, senhor, que eu (1) vin para o meu gran mal, por que tan coitado eu ando.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6a 6b 6b 6a 6C 6C + 6a 6c (= Tav 160:465)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado