335 [= Tav 131,1]
Ai amiga, sempr’avedes sabor

Ai amiga, sempr’avedes sabor
de me rogardes por meu amigo
que lhi faça ben, e ben vos digo
que me pesa; mais ja por voss’amor
farei-lh’eu ben, mais de pran non farei
quant’el quiser, pero ben lhi farei.
Vós me rogastes mui de coraçon
que lhe fezesse ben algũa vez,
ca me seria mesura [e] bon prez;
e eu por vos[s]o rogo, e por al non,
farei-lh’eu ben, [mais de pran non farei
quant’el quiser, pero ben lhi farei].
Rogastes-mi, amiga, per bõa fe,
que lhi fezesse toda via ben
por vós, e, pois vós queredes, conven
que o faça; mais, e pois que assi é,
farei-lh’eu [ben, mais de pran non farei
quant’el quiser, pero ben lhi farei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 373

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 850); Nunes (1973 [1928]: 457); Spina (1983: 27 [= LPGP 863]); Cohen (2003: 534); Eirín & Ferreiro (2014: 55); Littera (2016: II, 403).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 137); Machado & Machado (1950: II, 158); Rios Milhám (2018b: III, 335).
III. Antoloxías: Spina (1972: 353); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 210); Arias Freixedo (2003: 787-788).

Variantes manuscritas


3 vos] uos B   10 por al] poz al B   13 bõa] bona B  

Variantes editoriais


3 vos] vus Michaëlis   8 lhe] lhi Cohen, Littera   9 mesura] mesur(a) Michaëlis   10 eu] (eu) Michaëlis : om. Nunes; rogo] rog(o) Spina   13 Rogastes-mi] Rogastes mi Michaëlis   14 fezesse] fizesse Spina   16 e] om. Michaëlis, Spina, Nunes, Cohen

Métrica


Esquema métrico: 10a 9’b 9’b 10a 10C 10C (I [= Tav 160:283]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (II, III [= Tav 160:212])

Encontros vocálicos: 9 mesura‿[e]; 10 rogo,‿e; 13 mi,‿amiga; 16 assi‿é

Notas


Texto
  • 10

    A expunción do pronome eu en Michaëlis e Nunes só se explica pola resistencia a consideraren a sinalefa rogo‿e.

  • 13

    Para a grafía <bona> de B véxase nota a 25.5.

  • 16

    Todos os editores omitiron a copulativa, mais a súa presenza, aínda que ten un certo valor expletivo, resulta pertinente no contexto e non impide a correcta medida decasilábica pola frecuente sinalefa assi‿é (véxase nota a 63.16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado