I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 141 [= LPGP 134]); Lopes (2002: 131); Littera (2016: I, 141-142).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 382); Braga (1878: 209); Machado & Machado (1958: VI, 193); Callón (2017: II, 148).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 180); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 48).
5 merec’algo] me re cal do B 7 agravece] a g̃ueze V 8 algo] argo B 10 merec’a] mereca B; vassalo] ua ssalho V
8 non o] nõn’o Lopes 9 el] el[e] Lapa, Lopes, Littera
(I) Don Martin Galo está afeito a que todos lle dean algo de boa gana, e din que está ben empregado, con tal que puidesen facelo calar. Ben merece algo Don Martin Galo, cando quixer cantar, por deixalo.
(II) Ben entende el como ofende e, ao lle daren algo, non o agradece, porque pensa que el o merece máis ca un vasalo o merece de seu señor. Ben merece algo Don Martin Galo, cando quixer cantar, por deixalo.
Esquema métrico: 2 x 9’a 9’a 9’a 9’b 9’B 9’B (= RM 19:24)
Encontros vocálicos: 1 Galo‿ést’; 9 má·i-lo
Esta cantiga, xunto con UC 1504, tamén de Airas Perez Vuitoron, forma un breve grupo de textos por volta dun descoñecido Martin Galo (cfr. tamén un conxunto similar arredor do xograr Martin do trobador Joan Garcia de Guilhade, UC 1510 e 1511).
O apelido ou alcume Galo era moi frecuente no período medieval, conforme se pode comprobar no Corpus Galego-Portugués Antigo, onde aparecen diversos personaxes con este nome (Galo ~ Gallo): Affomsso, Domingo, Fernan, Gonçalvo, Laurencio, Lopo, Meen... En calquera caso, polo momento a identidade deste Martin Galo segue a ser descoñecida, sen contarmos con propostas de identificación sólidas (Marcenaro & González 2024: Martin Galo, Don).
Ese verso, conforme foi transmitido por BV, é hipermétrico, pola presenza da forma flexionada de infinitivo, perfectamente gramatical no contexto; porén, a hipermetría e o paralelismo co simétrico verso da segunda estrofa (por dar-lh’algo, v. 8) aconsellan a emenda de daren, que, ademais, devolve o acento á 4ª sílaba métrica, sistemático en toda a cantiga.
Os bancos de datos non achegan rexistros de acalantar, formación romance sobre calar (a- + calar + -entar; Ferreiro 2001: §506). Só achamos unha ocorrencia do verbo na tradución portuguesa da Confessio amantis:
Ca o gentil coraçom acallanta sua língoa e nom dá lugar aa malliçia, e preça o que he pera preçar (Faccon 2012: 273).
A variante acalentar, na Crónica Geral d’Espanha de 1344:
Senhor, o moço chora por mamar. Levalo ey a sua ama. E, depois que o acallentar, tragervollo ham (...) [Conta a estoria que], depois que a ama acallentou o moço [e lhe deu a teta], [que] hũũ cavaleyro de Fonte Almexi que avya nome Pero Meendez o tomou per mandado dos condes e cobriuho de seu manto e cavalgou en çima dhũũ cavallo e foisse con elle quanto mais pode (cfr. CGPA, ed. Cintra).
O verbo agravecer ‘ofender, importunar’ é voz exclusiva das cantigas profanas –tamén en Estevan da Guarda (1329.1) e Pero da Ponte (1647.2)–, sen que achemos o seu uso en textos alleos ás cantigas. En calquera caso, agravecer semella derivado do lat. aggrauescere, formación verbal latina a partir de gravis.
Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais ~ máis era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de decenas de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c)1 . Deste xeito, non é necesaria a emenda el[e] de Lapa.
Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.
Unha argumentación contra o esporádico valor bisilábico de mais pode verse en Fernández Guiadanes (2023: 2.627-2.655), aínda recoñecendo que “non se pode desbotar por completo a posibilidade de que o resultado galegoportugués de MAGIS mantivese o seu carácter bisílabo ocasionalmente” (ib.: 2.655).