1491 [= RM 6,1]
Deu ora el-rei seus dinheiros

Deu ora el-rei seus dinheiros
a Belpelho, que mostrasse
en alardo cavaleiros
e por ricomen ficasse;
e pareceo o Sarilho con sa sela de badana:
qual ricomen tal vassalo, qual concelho tal campana!
 
 
 
 
5
 

Manoscritti


B 1471bis (f. 308r, col. b), V 1082 (f. 176v, col. b) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 100 [= LPGP 87]); Lopes (2002: 111); Lorenzo Gradín (2008a: 254); Littera (2016: I, 53).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 376); Braga (1878: 206); Michaëlis (1924: 25); Machado & Machado (1958: VI, 176-177).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975 [1952]: 132); Marcenaro (2006: 186).

Varianti manoscritte


1 Deu] De eu B : De(o)u V; dinheiros] dio B : dīs V   4 por] poy B   5 badana] badaria B : badaua V   6 qual] q̄l V; ricomen] Ricomon B : ricomō V; vassalo] uasalo BV; qual concelho] Q̄l coucelho B

Varianti editoriali


En todas as edicións os vv. 5-6 foron divididos en dous versos heptasilábicos graves.

4 ricomen] ric’homem Lopes, Littera   5 pareceo] pareceu Lopes; Sarilho] Sampalo Lapa : Sarralo Lopes   6 ricomen] ric’homem Lopes, Littera

Parafrasi


(I) O rei deu os seus diñeiros a Belpelho, para que mostrase os seus cabaleiros en alarde e ficase así recoñecido como rico-home; e apareceu o Sarilho coa súa sela de badana: para tal rico-home tal vasalo, para tal concello tal campá.

Metrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 15’c 15’c

Encontros vocálicos: 1 ora‿el-; 5 pa·re·ce͜o

Note


Testo
  • *

    A pesar de esta cantiga constar de unha única estrofa, o feito de o conxunto de versos ter sentido pleno, xunto o marcado carácter sentencioso do verso conclusivo, fan pensar que non está incompleta, alén de non haber indicios externos diso (véxase Magán Abelleira 1997: 961).
    A disposición métrica que adoptamos (indicada polas rimas presentes en Montero Santalla 2000: 675) leva consigo un esquema métrico que no repertorio de Tavani (1967a) encontra coincidencias cos da cantiga 1161 (160:429), de Joan Zorro, ou da cantiga 1647 (99:61), de Pero da Ponte.

  • 2

    Nesta composición reaparece o Belpelho da gesta de mal dizer (UC 1489), neste caso sen a vacilación <b>/<u> nas copias dos apógrafos. Véxase nota a 1489.1.

  • 3

    Mostrar en alardo é ‘mostrar en revista de tropas’; con todo, é expresión singular, pois na prosa sempre é utilizada a expresión verbal fazer alardo, como se pode comprobar no Corpus Galego-Portugués Antigo, s.v. alardo ~ allardo:

    E elle mandou logo apregoar per toda sua terra que, a certo dia, vehessem a elle a Paris, ca querya hy fazer allardo (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1961: III, 278).

  • 5

    A desinencia analóxica (gráfica) -eo na P3 dos pretéritos da segunda conxugación, con -o gráfico final, é máis escasa nas cantigas do que nos verbos da terceira conxugación (-io), xa que en todo o corpus só se atestan estoutras formas: tolleo (302.14), morreo (384.7, 20, 29 e 31), viveo (640.2), naceo (927.8), prometeo (1340.30), pereceo (1448.26), vendeo (1467.2). Véxase nota a 41.7-9.
    As diversas emendas sofridas por Sarilho (Sarralo, Sampalo) teñen a súa base nas tentativas de o facer rimar con vassalo por mor da disposión en versos curtos do dístico final da composición.
    Segundo Oliveira & Ventura (2018: 114, n. 44), Sarilho debe de se referir a “João Rodrigues Sarilho detentor de uma propriedade em S. Simão, na terra da Nóbrega, que vende a Fr. Afonso da Ordem do Hospital, e o mesmo com quem a dita Ordem faz composição sobre os herdamentos objecto de demanda (...). De qualquer modo, familiar deste será Domingos Sarilho —decerto vassalo de João Peres de Aboim —que vemos activo na região da Estremadura entre 1253 e 1270 (...). Atendendo às origens nortenhas do seu senhor, poderia ser natural igualmente da região da Nóbrega, ao norte de Braga e próximo do rio Minho, região de onde era natural, quer João Rodrigues, quer o próprio D. João Peres”.
    A badana é pel de carneiro curtida para usar na sela de cabalgar. Eis no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1990: I, 174).

    E pois que o marroqui
    s’afogou em Odiana,
    traga sela valadi
    com cuberta de badana.

  • 6

    A estrutura comparativo-correlativa qual ... tal, sen máis rexistros na lírica profana, áchase noutras obras medievais, por exemplo, nos Livros de Linhagens:

    E disse o papa: “Qual rei quiserdes, tal filhade, que seja natural do reino e saiba fazer justiça” (Mattoso 1980: II/1, 128).

    Verbo da forma campana, a información fornecida polos bancos de datos medievais indican que tal forma constitúe un castelanismo temperán probabelmente forzado pola rima con badana, pois só se rexistra en territorio galego (a aparición de cãpana no Sacramental deberase ao feito de ser unha tradución), e é forma en xeral tardía e/ou propia de traducións do castelán. A forma vernácula é campãa (gal. mod. campá), para alén de sino (do lat. sĭgnum).

Cerca
    Nessun risultato trovato