| Texto crítico | B 143 | |
|---|---|---|
| R | Esta cantiga fez Martin Soares a un cavaleiro que era chufador, que dezia que viinha d’Outramar. | Esta cantiga fez Martym soares a hū Cauaꝉro q̄ era chiofa dᵉ qʳ dezia que mjħa donc̄ Mar |
| - | ||
| 1 | Pero non fui a Ultramar, | Pero non fuy a ultra mar |
| 2 | muito sei eu a terra ben | muyto sey cu a terra bem |
| 3 | per Soeir’Eanes que én ven, | per soeyreanēs qȝ ē uem |
| 4 | segundo lh’eu oi contar: | segūdo lheu oy cōtar |
| 5 | diz que Marselha jaz alen | diz q̄ marcelha iaz alem |
| 6 | do mar, e Acre jaz aquen, | domar eAcre iaz aquem |
| 7 | e Somportes log’i a par. | e pom ror tes loguy arar |
| - | ||
| 8 | E as jornadas sei eu ben | E as iornadas sei eu bem |
| 9 | como lhi eiri oi falar: | comolhi eiry·oy falar· |
| 10 | diz que pod’ir quen ben andar | diz q̄ podir quē vem audar |
| 11 | de Belfurad’a Santaren, | ⌈debel fura dasantarē |
| 12 | se noutro dia madurgar, | ⌈Ten outᵒ dia madurgar |
| 13 | e ir a Nogueirol jantar | ⌈eir anoguey/rol iā car . |
| 14 | e maer a Jerusalen. | ⌈emaer a jhrꝉm |
| - | ||
| 15 | E diz que vio ũu judeu | E diz q̄uyo huū Judeu |
| 16 | que vio prender Nostro Senhor; | ⌈q̄ nyo p’nder nr̄o senhʳ . |
| 17 | averedes i gran sabor | ⌈eaueredes hi grā savor |
| 18 | se vo-lo contar, cuido-m’eu: | ⌈seuolo cōtar cuydo meu |
| 19 | diz que é [un] judeu pastor, | ⌈diz q̄ ħ iudeu pastor· |
| 20 | natural de Rocamador | ⌈natʳal de rrotamador |
| 21 | e que á nom[e] Don Andreu. | ⌈e q̄ ħ nom donādreu |
| - | ||
| 22 | Do sepulcro vos ar direi | Dossepulcro uꝯ̃ direy |
| 23 | per u andou, ca lho oi | ⌈ꝑ hu andou calho oy. |
| 24 | a Don Soeiro; ben as[s]i | ⌈adom soeyro bem asy |
| 25 | como m’el dis[s]e vos direi: | ⌈como mel dise uꝯ direy |
| 26 | de Santaren tres legoas é, | ⌈de scarē tres legoas ħ/ |
| 27 | e quatro ou cinco de Loule, | eqʷtro ou āto deloule |
| 28 | e Belfurado jaz log’i. | ⌈ebelsselffurad’o iaz loguy |
| - | ||
| 29 | Per i andou Nostro Sen[h]or, | Peri an dou nr̄o ssenʳ |
| 30 | d’ali diz el que foi romeu; | ⌈daly diz el q̄ foy romeu · |
| 31 | e, depois que lh’o Soldan deu | ⌈edepoys q̄lho soldandeu |
| 32 | o perdon, ouve gran sabor | ⌈oꝑdomouue grā sabor . |
| 33 | de se tornar, e foi-lhi greu | ⌈desse tornar efoylhy greu |
| 34 | d’andar Coira e Galisteu | ⌈dandar coyra egalisteu |
| 35 | con torquis do emperador. | ⌈cōtorqⁱs do ēꝑador |