Diz ũa cantiga de vilão:
«A pee d’ũa torre
baila corpo probe,
vedes o cos, ai, cavaleiro!».
E Joan de [...]
Esta cantiga seguiu Joan de Gaia per aquela de cima de vilãos que diz o refran «Vedes-lo cos, ai cavaleiro»; e feze-a a ũu vilão que foi alfaiate do bispo Don Domingos Jardo de Lixbõa, e avia nome Vicente Dominguiz; e depois pose-lhi nome o bispo Joan Fernandez, e feze-o servir ante sí de cozinha e talhar ant’el; e feze-o el-rei Don Denis cavaleiro. E depois morou na freeg[u]esia de San Nicolao e chamaron-lhi Joan Fernandez de San Nicolao.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 302 [= LPGP 431]); Lagares (2000: 168 [rúbrica]); Lopes (2002: 532); Littera (2016: I, 495).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 362-363); Braga (1878: 199); Machado & Machado (1958: VI, 132-133).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 95); Seoane (1941: 132); Nunes (1959: 420); Oliveira & Machado (1959: 152); Fonseca (1971: 24); Álvarez Blázquez (1975: 221); Landeira Yrago (1975: 294); Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 19 [rúbricas]); Tavares & Miranda (1987: 348); Pena (1990: 307); Ferreira (1991: 127-128); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 128); Diogo (1998: 268).
Rúbrica 1: Diz ũa cantiga de vilão] Dix hūua damiga de vilano B : Diz huūa cantiga de uila\ao/ V; A] e V; d’ũa] dhuna B : dhuuā V; probe] Probo B : piolo; cos] tos BV
Rúbrica 2: cantiga] cantigo V; seguiu] sēgu V; per aquela] pera quella B; cima] zima V; vilãos] vilaanos B : uilaāos V; o refran] a Refrom B : a refrom V; cos] tos B; e] Et B; vilão] vilano B : uilaāo V; e avia nome] rauiano / Me B; Vicente] vicerā B : uiçem̄ V; Dominguiz] dominguz V; -lhi] hy V; nome] nom B; bispo] uispo V; Joan] ioham̄ V; e] et B; servir] seruu V; ante] an̄r B : am̄ V; cozinha] Tozinha B : cozmha V; e] Et B; e] et BV; freeg[u]sia] Reerge sia B; Nicolao] Nicolaao B : nicolaao V; Joan] icham V; Nicolao] nicolaao V
Texto:
1 rua] eua V 3 cos] tos B 6 cos] c(h)os V 7 praça] praca B : praza V 8 baraça] baraca B
Lapa incorpora a primeira rúbrica á composición, como primeira estrofa:
Diz ũa cantiga de vilão:
«a pee dũa torre
baila corpo brioso,
vedes o côs, ai, cavaleiro!».
Rúbrica 1: om. Lagares; vilão] vilãao Littera; probe] brioso Lapa : probo Lopes, Littera
Rúbrica 2: vilãos] vilãaos Lopes, Littera; o refran] a refran Lapa : a refrom Lopes, Littera; Vedes-lo] Vede-lo Lapa, Lopes; ũu] un Lapa : um Lopes, Littera; vilão] vilãão Lopes, Littera; Dominguiz] Dominguez Lapa : Domingues Littera; Fernandez] Fernandes Littera; freeg[u]esia] freguesia Littera; Nicolao e] Nicolau e Lapa; Fernandez] Fernandes Littera
Texto: 5 sai’apertada] saia ‘pertada Lapa, Lopes, Littera
Di unha cantiga popular:
«Ao pé dunha torre
baila un corpo pobre;
vede que corpo, ai, cabaleiro!».
E Joan de [...]
(I) Voso pai na rúa, ante a porta súa: vede o corpo, ai cabaleiro!
(II) Ante a súa pousada, co saio amarrado cunha corda: vede o corpo, ai cabaleiro!
(III) No medio da praza, co saio amarrado cunha baraza: vede o corpo, ai cabaleiro!
Joan de Gaia compuxo esta cantiga tomando como modelo aquela cantiga de cima, popular, cuxo refrán di «Vedes-lo cos, ai cavaleiro»; e fíxoa a un plebeo que foi xastre do bispo de Lisboa Don Domingos Jardo, e tiña o nome de Vicente Domínguiz; e fíxoo servir para el na cociña e cortar pano ante el; e o rei Don Denis fíxoo cabaleiro. E despois morou na freguesía de San Nicolao e chamáronlle Joán Fernández de San Nicolao.
Esquema métrico: 3 x 5’a 5’a 8’B (= RM 26:134)
Encontros vocálicos: 7-8 praça,/‿en
En ambas as rúbricas (inicial e final) aúnanse dous trazos de escrita –tardía– particulares, propios dos dous cancioneiros apógrafos italianos. En primeiro lugar, comparecen, sempre en B, varias formas en que -n- intervocálico representa a nasalidade fonolóxica da vogal (<vilano>, <huna>; <vilaanos, vilano>); en segundo lugar, a tendencia –tamén tardía– á duplicación antietimolóxica de vogais dalgúns hiatos (nomeadamente en -ao e -ão), tanto en B como, sobre todo, en V: <hūua>~<huūa> V, <vilaanos> B, <uilaāos> V, <nicolaao> BV.
Alén disto, debe ser sinalada con especial énfase a forma refrom, unha forma postrobadoresca que confirma, xunto con outros indicios –sobre todo a forma servidon na rúbrica do primeiro dos lais (UC 1 [B1, L1])–, o xeral carácter tardío das rúbricas explicativas, pois apunta á confusión, que comeza no século XV, dos sufixos e/ou terminacións -ão, -an (refrán > refrón), -on e -õe ~ -ũe (servidõe > servidon).
Finalmente, canto á fixación do adxectivo que acompaña corpo (cfr. <corpo probo / piolo>), aceptamos (provisoriamente) a proposta de Montero Santalla (2003: 167) á procura da rima con torre, unha vez que o tradicional brioso ou o último probo non cumpre coas necesidades rimáticas.
Por outra parte, nótese a indicación “Esta cantiga seguiu...” que fai referencia á técnica do seguir, unha das escasas indicacións que, na tradición galego-portuguesa, refiren procedementos compositivos. Esta técnica é tratada na Arte de trobar, que lle dedica todo o capítulo noveno do que sería o fragmentario Título III ás modalidades en que pode elaborarse: «Outra maneira há i en que trobam do<u>s homens a que chamam “seguir”...» (Tavani 1999: 44), isto é, tomando o son doutra cantiga, servíndose dela “palavra por palavra” ou tomando as súas “rimas”. Ademais, a técnica é referida nun reducido número de rúbricas explicativas contidas nos cancioneiros, entre as que destaca a que acompaña a presente cantiga (véxase tamén nota a UC 1373, 1471, 1625)1
.
Dos datos contidos na Arte de trobar, que ofrece un texto particularmente difícil neste punto debido á súa deterioración, e tal e como sinalou Tavani (2002: 276), «depreende-se, apesar de tudo, que a cantiga de seguir é uma espécie de contrafactum, não se tratando, portanto, de um género propriamente dito, caracterizado autonomamente, mas apenas da imitação, em verso –em registo irónico e às vezes especificamente parodista–, de um texto já divulgado, cuja difusão entre o público devia ser bastante ampla para assegurar o reconhecimento imediato do modelo e, portanto, da intenção, quer competitiva quer burlesca e mimética, que movera o autor do arremedo». Nesta obra do profesor italiano ofrécese unha análise detallada da técnica do seguir e dos modos de a executar recollidos na Arte de trobar (ib.: 276-279), elencando os textos que a ilustrarían. Véxase tamén Arbor Aldea (2016c: 965-966).
Domingos Anes Jardo, capelán-mor e membro do consello de D. Afonso III, foi despois chanceler-mor de D. Denis e bispo de Évora (1283-1289 e, a seguir, bispo de Lisboa (1289-1293). Tal como informa a rúbrica, o rei D. Denis investiu como cabaleiro ao alfaiate do bispo lisboeta, que pasou de Vicente Dominguez a Joan Fernandez de San Nicolao. Véxase Projeto Littera, s.v. Domingos Anes Jardo, e Vilar (2018).
Alén de posesivo, a palabra final sua poderíase entender tamén como a P3 do presente de indicativo do verbo suar (indicaría o carácter plebeo do pai e da estirpe do personaxe satirizado).
O vocábulo cos ‘corpo, cintura’ é voz exclusiva da poesía, onde aparece tamén na expresión en cos ‘sen manto, en roupa interior’ (véxase UC/Glosario, s.v. cos). Eis a única ocorrencia nas Cantigas de Santa Maria:
Demais, non levades arma e ydes assi en cos,
e com’os mouros son falssos, quiça travarán de vos (CSM 185.45).
A episinalefa praça,/‿en evita considerar o verso como hipermétrico.
A baraça era unha ‘corda’ ou ‘cinta’ (da camisa) (véxase Rodríguez Parada 2019: 139). Cfr. a outra documentación na lingua trobadoresca, nunha cantiga de Joan Garcia de Guilhade:
[E] de pran non son tan louca
que ja esse preito faça,
mais dou-vos esta baraça.