I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 357-358); Rodríguez (1980: 72 [= LPGP 409-410]); Littera (2016: I, 427).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 192); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 395-396); Machado & Machado (1953: IV, 315); Fernández Pousa (1959: 87).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 37-38); Tavares (1961: 31); Spina (1972: 322); Álvarez Blázquez (1975: 28); Pena (1990: 21); Ferreira (1991: 17-18); Jensen (1992: 136); Pena (1993:107).
5 eu] en V 6 long’estava] Longe gaua B : longe gaua V 7 vezes] uezos V; provei] ꝓ ney B 8 acharia] acaria B : a maria V 9 algũa] Alguna B; senhor] sen hº V 10 quer[o]-vos al dizer] qixnoal dizer B : qix u\o/(ꝯ)oal dizey V 14 muitas] maytas BV 15 terras] mas B : m̄ as V 16 mi-as] tuhas B; foron] foy V
7 eu] e Nunes 8 se acharia] sse veeria Nunes : se ac[h]aria Rodríguez
(I) Vin eu donas, señora, na na corte real, fermosas e de boa figura, e vin moitas doncelas por onde andei; e, miña señora, direivos unha cousa: a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así (II) coma vós; moitas veces eu tentei ver se achaba algunha dona de tal fermosura, señora, por onde andei; e, miña señora, quérovos dicir outra cousa: a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así (III) coma vós; e, miña señora, nas terras por onde andei preguntei por moitas donas que ouvín louvar pola súa fermosura; e, miña señora, despois de mas mostraren, a máis fermosa de cantas eu vin estaba lonxe de ter unha aparencia así.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C
Encontros vocálicos: 16 mi͜-as
Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
A lección <amaria> de V supón o erro inverso ao habitual, <ch>/<m>, que se atesta en diversas pasaxes dos apógrafos italianos. Véxase nota a 927.4.
A presenza da forma gráfica <alguna> en B incide no feito da existencia dalgunhas voces en que aparentemente se mantén o -n- intervocálico (<bona>, <poner>, <(h)una>, <alguna> etc.), feito que demostra que supoñen unha simple representación gráfica da nasalidade fonolóxica da vogal (bõa, põer, ũa, algũa...). Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b).
O erro de copia en B e V delata a confusión <m>/<tir>, xa que a voz terra(s) aparece con moita frecuencia como <tirā(s)> nos apógrafos italianos, pola equivalencia <ir> = rr e a presenza da abreviación de e (véxanse en B 119.8, 130.25, 194.9, 203.26, 313.2, 628.24 etc.; e en BV, 809.21, 931.15 –<tiran> en V–, 965.9, 998.11, 1072.16 etc.). En calquera caso, véxase o mesmo erro en 854.14, onde partirei a parece como <p̄mey> en V (cfr. <p̄tirey> en B).
Obsérvese neste verso como no Cancioneiro da Vaticana o copista tivo un lapso <ꝝ>/<y> ao interpretar a abreviatura de -ron como <y>.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: