384 [= RM 9,14 (= 153,1)]
Vaasco Martĩiz, pois vós trabalhades

– Vaasco Martĩiz, pois vós trabalhades
e trabalhastes de trobar d’amor,
de que agora, par Nostro Sen[h]or,
quero saber de vós, que mi-o digades,
dizede-mi-o, ca ben vos estara:
pois vos esta por que talhastes ja
morreo, por Deus [Senhor], por quen trobades?
– Afonso Sanchez, vós [me] preguntades
e quero-vos eu fazer sabedor:
eu trobo e trobei pola melhor
das que Deus fez (esto ben o creades);
esta do coraçon non me salra
e atenderei seu ben se mi-o fara,
e vós al de min saber non queirades.
– Vaasco Martĩiz, vós non respondedes,
nen er entendo, assi veja prazer,
por que trobades, que ouví dizer
que aquela, por que trobad’avedes
e que amastes vós máis d’outra ren,
que vos morreo á gran temp’, e por én
vós pola morta trobar non devedes.
– Afonso Sanchez, pois non entendedes
en qual guisa vos eu fui responder,
a min én culpa non deven poer,
mais a vós se o saber non podedes:
eu trobo pola que m’en poder ten
e vence todas de parecer ben,
pois viva é, ca non como dizedes.
– Vaasco Martĩiz, pois vos morreo por quen
sempre trobastes, maravilho-m’én,
pois vos morreo, como [vós] non morredes.
– Afonso Sanchez, vós sabede ben
que viva é e comprida de sén
a por que eu trob’, e sabe-lo-edes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 416 (f. 92r, col. b, 92v, col. a), V 27 (f. 7’v, cols. a-b), P (f. 9r), M (f. 25r, cols. a-b) [Tenzón]

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 111-112 [= LPGP 107-108]); Lopes (2002: 473-474); Arbor Aldea (2001: 236-237); Longo (2003: 134-135); Littera (2016: I, 73-74).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 18); Braga (1878: 6); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 504-505); Machado & Machado (1950: II, 229-230); Rios Milhám (2018b: III, nº 384).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 121-123); Braga (1876: 52-53); De la Iglesia (1886: II, 117-118); Nunes (1970 [1906]: 189-190); Seoane (1941: 147-184); Fernández Pousa (1951: 114-115); Piccolo (1951: 188-189); Oliveira & Machado (1959: 71-72); Fiúza (1981: 153-156); Gonçalves & Ramos (1983: 319-320); Dobarro Paz et alii (1987: 45); Tavares & Miranda (1987: 207-208); Pena (1990: 276-277); Ferreira (1991: 53-54); Alonso Girgado (1992: 72).

Variantes manuscritas


1 Vaasco Martĩiz] Vaasco m̃tiqz B : VHasco m̄tijz V : Vasco Martins P : Vasco mīz M; trabalhades] tratalhads̄ B : tratalhads V   2 trabalhastes] quabalhastes V; trobar] trouar M   3 de] do VPM  4 que] om. P; mi-o] mo PM   5 -mi-o] m̄ho BV : mo PM; ca ben] catem B : que abem M; vos] uos BV : vos PM   6 vos] uos BV : vos PM; por] or B; talhastes] t̄t’alhasts̄ B : t̄tal̄hasis̄ V : trabalhastes P : trabalhades M   7 morreo] morreu P; Deus] deos M; trobades] trabades BV   8 Afonso Sanchez] Affonso Sanches P : Ao. Sanchez M; preguntades] perguntades PM   10 trobo e trobei pola melhor] trobo eqoley pola / malhor V : trobei etrobo pella melhor P : trobo, e trobo pella melhor M   11 das] da V; Deus] deos M; ben o creades] bē orā ds̄ B : lē otaōs V : bem creades PM   11 add. Er de min vos digo ora porq̄ o saibades P : demi vos digo ora porq̄ o saibades M   12 esta] essa P; do coraçon] de curaçō B : de curaço V : de mi curaçaõ P : do coraçaō M; me salra] mĩ calrraa P : me sairá M   13 e atenderei] ed tenderej V; seu] sen B; se mi-o fara] semhō fara B : semħo fara V : como faraa  P : sempre oserá M   14 queirades] querrades B   15 Vaasco] Vasco PM; Martĩiz] mcꝙ̄ B : m̄eqz V : Martins P : mīz M   16 er] et B : eu M; assi] asi BV; prazer] pi azer V   17 que ouví] ca ouui PM; dizer] du’j B : du’ V   18 aquela] aquella  PM; trobad’avedes] qoba dauedes V : trobavades P : trobar deuedes M   19 máis] maīs BV, d’outra] de outra P   20 vos] uos BV : vos PM; morreo á] mosseo d V : morreu serã P; temp’, e] tenpa B : graõ tempo P : tempo M   21 vós] om. BV; pola] pella M; morta] mora B; trobar] qobar V   22 Afonso] Afon̄ BV : Ao. M; Sanchez] Sanches P : sanches M; pois] poīs B; non] naō M   23 en] e V; vos] uos BV : vos PM; responder] iresponder B   24 én] a P   25 a vós] duos BV; podedes] padeds̄ B : padedes̄ V : podes M   26 trobo] troto B : qoto V; pola M; m’en] meu PM; poder] podej V   27 vence] uēte B; todas] tadas B : todos M; ben] tem B : tam V   28 viva é, ca non como dizedes] miahē amō como dihed’es B : huiuā hē amor como duedes̄ V : pois viva hé, q̄ non como vos dizedes P : viue, e qua nō como vos dizedes M   29 Vaasco Martĩiz]  Vaasco mcq̄z BV : Vasco Martins P : Vasco mīz M; pois vos] poīs uos BV : pois vos P : por vos M; morreo] morreu P; como [vós] non morredes] como não morrestes P : como M   30 trobastes] trotastes B : qotastes V; maravilho] maraulho BV; -m’én] me eu P : meu M   31 vos] uos BV : vos M; morreo] morreu P   32 Afonso] Ao. M; Sanchez] sanches B; sabede] sabedes P   33 viva] uma V; e] om. M;  comprida]  cō pda V : cumprida P   34 por] poi V; que eu] q̄  BV : quē M; trob’, e] qobe V : trobo P : trabalho M; e sabe-lo-edes] ēsaeloedes M

Variantes editoriales


1 Martĩiz] Martins Lopes, Littera; vós] vos Lapa   3 de] do Lopes, Arbor Aldea, Longo, Littera   5 dizede] e dizede Lapa   6 talhastes] trobastes Lapa, Lopes, Longo, Littera   7 morreo] morreu Lapa, Lopes, Littera; por Deus [Senhor], por quen] par Deus, [ora] por quen Lapa : par Deus, por quem [ora] Lopes : par Deus, por quen Arbor Aldea : par Deus, por que [vós] Longo : par Deus, [senhor], por que Littera   8 Sanchez] Sanches Littera; preguntades] perguntades Longo   9 vos] vus Longo   12 coraçon] curaçon Longo, Arbor Aldea   15 Martĩiz] Martins Lopes, Littera   16 assi] asi Arbor Aldea   17 que] ca Lapa   20 morreo] morreu Lapa, Lopes, Littera   21 vós] om. Lapa, Lopes; morta trobar] mort’[ora] trobar Lapa : morta a trobar Lopes, Littera   22 Sanchez] Sanches Littera   29 Martĩiz] Martins Lopes, Littera; morreo] morreu Lapa, Lopes, Littera   31 morreo] morreu Lapa, Lopes, Littera; [vós]] om. Arbor Aldea, Longo, Lopes, Littera   32 Sanchez] Sanches Arbor Aldea, Littera; sabede] sabede[s] Lopes   34 eu] om. Lapa, Lopes, Longo; trob’] trob[o] Longo; e] e [vós] Lapa, Lopes

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 2 x 10c 10c 10’a (= RM 161:122)

Encontros vocálicos: 1 Va͜as·co; 4 mi-‿o; 5 -mi-‿o; 7 mo·rre͜o; 12-13 salra/‿e; 13 mi-‿o; 15 Va͜as·co; 16 entendo,‿assi; 20 mo·rre͜o; 29 Va͜as·co, Mar·tĩ͜iz, mo·rre͜o; 31 mo·rre͜o

Notas


Texto
  • *

    O manuscrito do Porto (P) presenta o seguinte encabezamento: Vasco Martinz de Resende e resposta do mesmo acharaō-se entre os papeis do grande Mestre Andre de Resende. Eestauaō postas em solfa. No manuscrito M, de Madrid (BNE), o texto da cantiga presenta a seguinte introdución: No mesmo liuro estauaō as trovas seguintes: Trovas de don Afonso Sanches, filho d’el-Rei don Dinis a Vasco Martinz de Resende; e reposta do mesmo Vasco Martinz.
    Nas dúas copias (P, M), cada cobra vai precedida da indicación do autor correspondente. Aínda que carece de valor estemmático por se tratar dun descriptus de M, na BNE áchase outra copia da tenzón (Biblioteca Nacional de España, Madrid, MSS/3267, f. 72r).

  • 1

    A medida decasilábica do verso fai que Vaasco compute como dúas sílabas métricas, igual que Martĩiz no v. 15. Véxase nota ao v. 29.

  • 6

    O verbo talhar significa neste contexto ‘poetar, compor’.

  • 7

    Nesta composición a desinencia (gráfica) sistemática de P3 de pretérito indicativo da segunda conxugación é -eo (morreo, vv. 7, 20, 29, 31) (véxase nota a 302.14). Por outra parte, Senhor compensa metricamente a ausencia de dúas sílabas no verso (cfr. por Deus Senhor en 286.1 e 500.5).

  • 11

    A frase parentética esto ben o creades é, ao mesmo tempo, unha frase formularia aseverativa, variante daqueloutras construídas arredor de ben e creer. Véxase nota a 212.14.

  • 13

    Para a correcta contaxe métrica do verso debe ser considerada unha episinalefa na copulativa (salra‿/‿e).

  • 16

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (tamén literalmente en 79.16, 419.4) presenta a variante con si ~ se en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.4) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 17

    En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.23, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.

  • 18-20

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva que tras unha frase parentética: que ouví dizer / que aquela, por que trobad’avedes / e que amastes vós máis d’outra ren, / que vos morreo á gran temp’, ... Véxase nota a 53.17-18.

  • 29

    Neste verso, tanto Vaasco como Martĩiz son, novamente, vocábulos bisilábicos. Cfr. nota ao v. 1.

Buscar
    Sin resultados