1377 [= RM 97,45]
Un cavaleiro se comprou

Esta outra cantiga fez a un cavaleiro que foi cativo, e deu por se quitar maior aver que pôde, que tiinhan os omees que non valia el tanto.

Un cavaleiro se comprou
pera quitar-se de Jaen
u jazia pres’, e custou
pouco; pero non mercou ben,
ante tenho que mercou mal,
ca deu por sí máis ca non val,
e tenho que fez i mal sén.
Tan pouco soub’el de mercar
que nunca eu tan pouco vi,
ca se quitou desse comprar;
e tan grand’engano prês i
que, pero s’ar queira vender,
ja nunca poderá valer
o meio do que deu por sí.
De se comprar ouv’el sabor
tan grande que se non guardou
de mercar mal, e fez peior
porque s’ante non conselhou,
ca diz agora sa molher
que este mercado non quer
caber, pois el tan mal mercou.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1359 (ff. 290v, col. b, 291r, col. a), V 967 (f. 154r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 129); Lapa (1970 [1965]: 437 [= LPGP 661-662]); Lagares (2000: 159 [rúbrica]); Lopes (2002: 310); Littera (2016: II, 138-139).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 331); Braga (1878: 182); Machado & Machado (1958: VI, 95-96).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 245-246).

Variantes manuscritas


Rúbrica: deu] den B

Texto:
4 mercou] merou V   8 soub’el] sobel B   12 queira] q̄rra V   14 que] pe que B : peV   20 non quer] nono quer B : nono q̄r V   21 mercou] m’çou V

Variantes editoriais


Rúbrica: pôde] pode Lagares; tiinhan] tinham Lopes, Littera; omees] omẽes Lapa : homes Lopes, Littera

Texto:
11 prês i] por sy Bertolucci Pizzorusso   12 queira] querrá Bertolucci Pizzorusso   20 non] non o Lapa : nõn’o Lopes   21 caber] saber Lapa, Lopes

Paráfrase


Fixo esta cantiga a un cabaleiro que estaba cativo dos mouros e que deu para a súa liberación a maior cantidade de diñeiro que puido, tal que pensaban todos os homes que el non valía tanto.

(I) Comprouse un cabaleiro para se liberar do cativeiro de Xaén onde xacía preso, e custou pouco; mais non mercou ben, antes penso que fixo un mal negocio, porque deu por si máis do que vale e penso que obrou moi mal.
(II) Tan pouco soubo el de comerciar que eu nunca vin quen soubese tan pouco, porque se libertou con esa compra e caeu por iso nun grande engano, porque, aínda que se queira vender de novo, xa nunca poderá valer a metade do que pagou por si.
(III) El tivo un desexo tan grande de se comprar que non se coidou de comprar mal e fixo peor porque antes non se aconsellou, pois agora a súa muller di que non quere aceptar esta compra, xa que el tan mal mercou.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:53)

Notas


Texto
  • 1-3

    Téñase en conta que Xaén foi unha importante e próspera cidade no territorio musulmán da Península Ibérica, até a súa conquista (1246) por Fernando III.

  • 14

    Fronte ao resultado meo (só en 278.5), na poesía profana a forma meio ‘metade’ (< medium) é transmitida sempre por BV, a funcionar como substantivo ou como adxectivo anteposto, o mesmo que forma parte da loc. prep. en/(e)no meio de (456.4 e 6, 489.14, 1030.14, 1473.9, 1631.13 etc.).
    No relativo ao porque achegado en BV, nótese como a sintaxe e o sentido confirman a necesidade da expunción de por, que, como outros elementos idiomáticos en xeral de escaso corpo fonético, se introducen por veces no proceso de transmisión textual.

  • 20

    A métrica (e a presenza do CD este mercado) suxire que é adventicio o pronome o no verso, que suporía, ademais, un raro redobramento do CD. A presenza espuria deste pronome por erros de transmisión pode verse noutros contextos ao longo do corpus das cantigas profanas: 423.4 (V), 593.16 (BV), 776.15 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV).

  • 21

    O verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, foi pertinazmente substituído por saber nesta e noutras cantigas por varios editores (véxase 32.27, 827.10, 1126.17, 1583.27, 1671.17), a pesar da existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).

Procurar
    Não foram encontrados resultados