806 [= Tav 114,25]
Ũa don’á que eu quero gran ben

Ũa don’á que eu quero gran ben
por mal de mí, par Deus, que non por al;
pero que sempre mi fez e faz mal
e fara, direi-vo-lo que m’aven:
mar nen terra, nen prazer nen pesar,
nen ben nen mal non ma poden quitar
do coraçon, e que sera de min?
[E] morto son se cedo non morrer:
ela ja nunca ben mi á de fazer,
mais sempre mal; e, pero ést’assi,
mar nen terra, nen prazer nen pesar,
[nen ben nen mal non ma poden quitar]
do coraçon; ora mi vai peior,
ca mi ven dela, por vos non mentir,
mal se a vej’e mal se a non vir,
que de coitas máis cuid’a maior:
mar nen terra, nen prazer nen pesar,
[nen ben nen mal non ma poden quitar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 810, V 394

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 244-245); Cunha (1999 [1945]: 106-107); Monteagudo (1984: 351 [= LPGP 724]); Littera (2016: II, 214).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 148-149); Braga (1878: 74); Cotarelo Valledor (1934: 207); Machado & Machado (1953: IV, 111).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 126); Torres (1977: 162); Ferreira (1988: 55-56); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 165); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 99-100).

Variantes manuscritas


2 por mal] (grā ben) / por mal V   5 terra] teira BV   6 ma] mha V   8 morrer] moirer B   11 terra] tirā BV   17 terra] tirā B : trrā V

Variantes editoriales


1 don’á] dona Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera   4 direi] derey Cunha   6 ma] mh-a Nunes : my-a Cunha : mi a Littera   7 do] de Monteagudo; min] mi Nunes   8 [E] morto son] Morto son Nunes, Monteagudo : Morto sõ[o] Cunha, Littera; non morrer] [mi] non valer Nunes   10 e pero] e, pero Littera; ést’assi] est’é assy Monteagudo   11 pesar] posar Cunha   12 ma] mh-a Nunes : my-a Cunha : mi a Littera   13 mi] me Monteagudo   14 vos] uus Monteagudo   16 que de coitas máis cuid’a maior] que coitas [as] mays cuyd’a mayor Nunes : que de coytas mays cuyd’ [é] a mayor Cunha : que de coytas máys cuyd’ [eu] a mayor Monteagudo : que de coitas mais cuid[o] a maior Littera   18 ma] mh-a Nunes : my-a Cunha : mi a Littera

Paráfrasis


(I) Hai unha dona que eu amo para desgraza miña, por Deus, e non por outra cousa; aínda que sempre me fixo e fai e fará mal, direivos o que me sucede: nin mar nin terra, nin pracer nin pesar, nin ben nin mal non ma poden quitar (II) do corazón; e que vai ser de min? E morto son se non morro axiña: ela xa nunca me ha facer ben, mais sempre (me ha facer) mal; e, aínda que isto é así, nin mar nin terra, nin pracer nin pesar, nin ben nin mal non ma poden quitar (III) do corazón; e agora vaime peor, porque –non vos mentirei– vénme dela mal se a vexo e mal se a non vexo, de xeito que, das coitas, penso sobre todo na maior: nin mar nin terra, nin pracer nin pesar, nin ben nin mal non ma poden quitar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:192)

Encontros vocálicos: 9 mi‿ á; 16 má·is

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 1

    A diferenza de todos os editores precedentes, coidamos máis acaída a segmentación da forma verbal á en dona, de xeito que se elimina calquera tipo de incoherencia sintáctica (anacoluto), ao tempo que permite, por medio da puntuación, marcar ben os períodos da estrofa.

  • 6

    Nótese a variación ma / mi-a en B e V, respectivamente, que permite optar por unha ou outra variante, por máis que atribuamos prioridade á lección de B, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo dos canconeiros (624.5, 1032.10, 1230.15, ou 1450.16 –artigo–). Cfr. 239.18 ou 984.14, con lección mi-o e mi-a en A vs. B.

  • 8

    Aínda que en Charinho aparecen habitualmente as formas sõo (413.4 e 8, 809.8, 1636.22) e soo (407.24) como P1 de presente de seer, preferimos restaurar a isometría cunha copulativa inicial que ten a vantaxe, sobre outras opcións, de manter a tonicidade na cuarta sílaba do verso. Repárase na manutención da hipometría en Monteagudo e, sobre todo, na intervención que Nunes realiza sobre a lección manuscrita, que considera insuficiente: morto son, sse çedo [mi] non valer.

  • 14

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (vos, eu etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. Neste caso presenta a forma por vos non mentir, que non volve aparecer no corpus.

  • 16

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría.

Buscar
    Sin resultados