I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 30-31 [= LPGP 106]); Arbor Aldea (2001: 181); Longo (2003: 98-99); Littera (2016: I, 70).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 511-512); Machado & Machado (1950: II, 221-222); Rios Milhám (2018b: III, 380).
1 vos] uus BV 3 coita] corta V; nunca] uūca B 6 quer] q̄rer BV 7 nunca mereci] uūca merecj B : nūca merercj V 8 vos] uos BV 9 sode-la] ssadela V 13 ren] irem V 17 do] de B 18 dar, que] dir V 21 pouco] puoco V 22 quand’] q\e/nd V 24 vos] uus BV
1 vos] vus Arbor Aldea, Longo 2 per] por Nunes, Longo 6 quer-me] ven-me Nunes, Arbor Aldea : querer-me Littera 7 a quen [o] nunca mereci] a quen nunca [o] mereci Nunes, Arbor Aldea, Littera : á quen nunca [eu] mereci Longo 8 ca ten, sen[h]or] Ca, mha senhor Nunes : Ca eu, senhor Arbor Aldea : Ca vem, senhor Longo; servi] serv’i Littera 9 sempr’e] sempre Nunes, Arbor Aldea : [e] sempre Littera 13 [non] se compr’a min] compre [en] mi Nunes : compr[e] a min Arbor Aldea, Longo : se compre [em] mim Littera 14 se] me Longo 18 fezo] fez o Longo 21 min] mi Nunes, Littera 23 serv’e] serve [e] Littera; [que] lhi den] [rem] lhi den Nunes, Longo : lhi [én] den Arbor Aldea : lhi dem Littera 24 vos] vus Arbor Aldea, Longo
(I) En aciago día vos coñecín, señora, por canto mal me vén por vós, porque me vén coita –nunca a vin maior–, por vós, señora, sen outro ben; alén diso, por este mal que me a min vén por vós, como se fose ben, quéreme mal (aquel) a quen nunca llo merecín, (II) pois considera, señora, porque eu sempre vos servín e digo que sodes a mellor do mundo e trobo polo voso amor, que me facedes gran ben; e así vede agora, miña señora de bo siso: este ben tal non me é necesario, agás se vós máis valedes por iso.
(III) Mais eu, señora, en aciago día nacín por causa del, que non ten o voso ben nin o coñece, a quen Deus, aínda que lle fixo ben así, non lle concedeu o mérito de llo dar; porén, señora, así me veña ben, deste gran ben que el non considera como ben, moi pouco del sería moito para min, (1) pois, miña señora, é xusto que, cando alguén presta servizo e non pide nada (a cambio), que lle dean (algo): eu servín sempre e nunca vos pedín (nada).
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:7)
Encontros vocálicos: 5 mi‿a
Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón adversativa coa derradeira estrofa neste caso, véxase nota á cantiga 92. Con todo, nas edicións precedentes nin sequera é considerada a ligazón interestrófica das dúas primeiras cobras, excepto na edición de Longo.
O sentido da composición e a métrica condicionan a necesaria emenda da lección <q̄rer> de BV, para estabelecer, como solución ecdoticamente máis respectuosa cos manuscritos, quer, cuxo suxeito é unha terceira persoa (un rival ou o marido), que tamén é o suxeito do verbo ten do v. 9. Neste sentido, a manutención de querer, para alén de solución hipermétrica, é dificilmente integrábel no discurso, e a innovación ven dalgúns editores tampouco ten xustificación editorial.
Para alén de mantermos a unánime lección <tem> (mha en Nunes; eu en Arbor Aldea; vem en Longo), coidamos que é posíbel evitar intromisións textuais e respectar a lección dos manuscritos sempre e cando se segmente a conxunción copulativa en sempr’e (v. 9). Deste modo, a interpretación da pasaxe sería a seguinte: ‘porque (o rival) considera (ten), señora, porque vos servín sempre e digo que sodes a mellor do mundo e trobo polo voso amor, que me facedes gran ben...’.
Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
En frases negativas con ren, a presenza do adverbio non é constante; é por isto que, tendo en conta ademais a ausencia dunha sílaba métrica no verso, restauramos o adverbio de negación que non é contemplado en ningunha das precedentes edicións. Para contextos semellantes, cfr., por exemplo, e non lle custar / a ela ren de seu aver (123.20-21), ou ca mi non tolh’a mí ren (578.13).
Aténtese en que a omisión dun elemento de escaso corpo fónico como non é relativamente frecuente ao longo dos cancioneiros, nomeadamente dos apógrafos italianos: 34.7, 63.12, 494.31, 590.13, 783.12, 863.16 etc.
Enténdase: ‘Mais eu, señora, en mal día nacín, comparado con el’. Isto é, el [o marido/rival] non aprecia o ben que ela ten, non é capaz de o valorar (non ten por ben o gran ben dela).
Nesta cantiga rexístrase conhecedor (tamén en 113.11, xunto con conhecer no v. 22), e fronte aos xerais conhocer e conhocedor, que se corresponden coa base cognoscere antes da disimilación consolidada modernamente. Neste sentido, lémbrese que Afonso Sanchez pertence á derradeira xeración de trobadores.
A segmentación dun artigo en fezo por parte de Longo (fez o ben) contradí o frecuente e habitual fazer ben trobadoresco.
A hipometría resólvese ben coa consideración dun que ausente por haploloxía, similar á dé [de] (19.3, 183.17), aínda que outras opcións son posíbeis, tal como mostran as diferentes propostas editoriais precedentes.
A aglutinación de ja e que xerou o pronome indefinido ja-que ‘algo’ (cfr. ja-quanto; véxase nota a 347.9), que ten certo uso na lingua trobadoresca (33.14, 56.25, 266.16, 347.14, 603.7, 1021.20, 1417.2, 17 e 27, 1675.3). Cfr. notas a 1012.18 e 1419.32.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: