550 [= Tav 25,123]
Senhor, que de grad’oj’eu querria

Senhor, que de grad’oj’eu querria,
se a Deus e a vós aprouguesse,
que, u vós estades, estevesse
convosc’! E por esto me terria
por tan ben-andante
que por rei nen ifante
des ali adeante
non me cambiaria.
E sabendo que vos prazeria
que, u vós morassedes, morasse
e que vos eu viss’e vos falasse,
terria-m’én, senhor, toda via
por tan ben-andante
[que por rei nen ifante
des ali adeante
non me cambiaria],
ca, senhor, en gran ben viveria
se, u vós vivessedes, vivesse,
e, sol que de vós est’entendesse,
terria-m’én, [e] razon faria,
por tan ben-andante
[que per rei nen ifante
des ali adeante
non me cambiaria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 533, V 136

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 50-51 [= LPGP 234-235]); Nunes (1972 [1932]: 166-167); Eirín (2015: 211); Littera (2016: I, 198).
II. Outras edicións: Moura (1847: 84-85); Monaci (1875: 57); Braga (1878: 27-28); Machado & Machado (1952: III, 129-130); Júdice (1997: 130); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 28-29); Pimpão (1942: 46); Nemésio (1961 [1949]: 203-204); Bernárdez (1952: 36-38); Oliveira & Machado (1959: 58); Tavares (1961: 24-25); Torres (1977: 224); Correia (1978: 240); Fiúza (1981: 146-147); Gonçalves & Ramos (1983: 288); Ferreira (1988: 63); Alvar & Beltrán (1989: 374); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 51); Mongelli (2009: 70).

Variantes manuscritas


1 querria] q̄iria B   2 e] et B; aprouguesse] prouguesse V   3 u] ou B   4 terria] teiria B   9 sabendo] sapendo V; prazeria] praxeria B   12 terria] Teiria B; m’én] me V; senhor] (razō faria) senhor B   19 entendesse] etēdesse B   20 terria] Teiria B

Variantes editoriais


2 aprouguesse] prouguesse Nunes   4 convosc’! E] com vós, que Lang   11 vos ... vos] vós ... vós Lang   12 m’én] me Lang, Nunes, Littera   20 m’én] me Lang, Nunes, Littera   22 per] por Nunes

Paráfrase


(I) Señora, como querería hoxe, se a Deus e a vós prouguese, que, onde estades, estivese eu convosco! E por isto me tería eu por tan aventurado que de alí en diante non me cambiaría por rei ou infante.

(II) E sabendo que vos agradaría que eu morase onde morades vós e que vos vise e vos falase, teríame eu, señora, en todo momento por tan aventurado que de alí en diante non me cambiaría por rei ou infante, (III) pois, señora, viviría pleno de ben se vivise onde vós vivísedes, e só con que entendese de vós iso mesmo (que a vós vos pasase o mesmo), teríame por iso, e con gran razón, por tan aventurado, que de alí en diante non me cambiaría por rei ou infante.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 9’b 9’b 9’a 5’C 6’C 6’C 5’A (= Tav 165:1)

Encontros vocálicos: 8 cam·bi͜a·ri·a; 16 cam·bi͜a·ri·a; 24 cam·bi͜a·ri·a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 4

    O anómalo texto estabelecido por Lang neste verso foi criteriosamente emendado por Nunes e os seguintes editores.

  • 6

    Igual que acontece con cofonder ~ confonder ou iferno ~ inferno, no corpus trobadoresco, e na lingua medieval, coexisten, sen flexión xenérica (a forma feminina só aparece no século XV, véxase CGPA, s.v. infanta), ifante e infante (< infantem), pois a primeira forma atéstase tamén en 1118.12 e 1623.14, fronte a infante, que presenta máis ocorrencias (1334.2 e 14, 1335.3, 1618.1 e 15). Véxase nota a 379.11.

  • 6-8

    Estes versos lembran outros de Paai Soarez de Taveiroos: non me cuidari’a cambiar / por rei nen por emperador (119.23-24).

  • 20

    Carece de xustificación a omisión do pronome én a partir da secuencia <me͂> enviada polos dous manuscritos, para alén da diferente lección no v. 12 entre B e V, que permite a opción dos anteriores editores. Por outra parte, a hipometría do verso indica a omisión da copulativa, nun lapso dos copistas favorecido pola contigüidade con <me͂>.

Procurar
    Não foram encontrados resultados