481 [= Tav 18,41]
Senhor, justiça viimos pedir

Senhor, justiça viimos pedir
que nos façades, e faredes ben,
ca Gris furtaran tanto que por én
non lhi leixaron que possa cobrir;
pero atant’aprendi d’un judeu:
que este furto fez ũu romeu
que foi [ante] ja outros escarnir.
E tenho que nos non veo mentir,
pelos sinaes que nos el diss’é[n]
ca eno rostro trag[e] e non ten
por d[er]eito de s’end’el encobrir;
e, se aquesto sofredes, ben lheu
querran a outro ‘ssi furtar-lo seu,
de que pode mui gran dano vĩir.
É romeu que Deus assi quer servir
por levar tal furt’a Jelusalen,
e sol non cata como Gris non ten
nunca cousa de que [el] se cobrir,
ca todo quanto el despendeu e deu
d’ali foi tod[o], aquesto sei eu,
e quant’el foi [i] levar e vistir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 483, V 66

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 21-22 [= LPGP 160]); Paredesa (2001: 230); Lopes (2002: 70); Paredesb (2010a: 209); Littera (2016: I, 94).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 31); Braga (1878: 13); Machado & Machado (1950: II, 348-349); Paredes (2010b: 154-155); Paredes (2010c: 106-107); Rios Milhám (2018b: III, 481).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 39-40); Tavares & Miranda (1987: 348-349).

Variantes manuscritas


1 justiça] iustica B; viimos] mimes B : mimos V   2 nos façades] nos facads̄ B : nos fatads̄ V   3 ca] da BV; por én] potē V   6 romeu] Romen B : romeir V   7 outros] ontºs V   8 tenho] tanho B; nos] uos BV   9 sinaes] smaes V; nos] nos BV   10 ten] tam B   13 outro ‘ssi furtar] outᵒssy furrta BV   14 vĩir] mīr B : mj̄r V   19 el] Al B; e] et BV   21 vistir] uistar V

Variantes editoriais


3 ca] a Lapa, Paredesa, Paredesb : d’a Lopes, Littera; furtaran] furtaron Lapa : furtarom Lopes, Littera   6 ũu] uum Littera   7 [ante] ja] já [ante] Lopes, Littera   8 nos] vos Lapa, Paredesa, ParedesbLopes   10 rostro trag[e] e] rostr’o trage e Lopes, Littera   11 d[er]eito] direito Lopes, Littera   13 outro ‘ssi furtar-lo] outr’assi furtá-lo Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   14 vĩir] viir Littera   15 É] E Lapa, Paredesa, Paredesb   18 nunca cousa de que [el] se cobrir] nunca [mais cousa] de que se cobrir Lapa : nunca cousa de que s’e[le] cobrir Paredesa, Paredesb : [já] nunca de que se cobrir Lopes, Littera   19-20 ca todo quanto el despendeu e deu / d’ali foi tod[o], aquesto sei eu] ca todo quanto ele despendeu / e deu, dali foi, –tod’aquesto sei eu Lapa, Lopes : ca todo quanto el[e] despendeu / e deu, dali foi; tod’ aquesto sei eu Paredesa, Paredesb : ca todo quanto el [i] despendeu / e deu, dali foi –tod’aquesto sei eu Littera   21 e quant’el foi [i] levar e vistir] e quant’el foi levar e [er] vistir Lapa : e quant’ el[e] foi levar e vistir Paredesa, Paredesb, Lopes : e quant[o] el foi levar e vistir Littera

Paráfrase


(I) Señor, vimos pedir que nos fagades xustiza, e faredes ben, pois tanto lle furtaron a Gris que non lle deixaron ren con que se poida cubrir; e isto é o que souben, por un xudeu: que este furto fixo un romeu que xa antes escarnecera outros.

(II) E coido que non veu mentir, polos sinais que el nos dixo que trae no rostro e que non ve preciso traelos ocultos; e se permitides isto, moi axiña lle quererán ir furtar o seu a outro, o que pode causar un dano moi grande.

(III) É un romeu que dese xeito quere servir a Deus para levar o roubado a Xerusalén, e non lle importa nada que Gris non teña nunca ren con que se cubrir, xa que todo canto el gastou e deu viña de alí –todo isto sei eu– e todo canto el levou e vestiu.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:15)

Encontros vocálicos: 19 quanto‿el

Notas


Texto
  • 3

    A emenda lapiana (a solución de Lopes e Littera non ten sentido), acollida por Paredes, resolve ben o texto, mais constitúe unha intromisión textual que, sendo necesaria, resulta máis económica se se considerar o erro <d>/<c> dos apógrafos italianos, particularmente en ca en 558.8 (<da> B vs. <ca> V) e en 725.4 (<da> V vs. <ca> B); véxase tamén <des> V cos (381.8), <fade> V face (633.19), <dom etey> B comecei (926.10), <Daer> B caer (1376.8), <donhosceria> V conhoceria (1630.9). Canto á ausencia de preposición a após ca, é unha situación frecuente na lingua trobadoresca. Véxase nota a 205.13.
    No relativo á persoa (ou personaxe) denominada Gris, descoñécese calquera dato que permita identificala.

  • 6

    Debemos supor que u͂u funciona como bisilábico neste verso, aínda que en xeral esta forma arcaica do indefinido é unisilábica, mostrando como na realidade a pronuncia xa tiña evoluído, tal como acontece coas formas do tipo veerei, que poden ser uni- ou bisilábicas. Véxase nota a 47.20.

  • 8

    Aínda que o texto de BV levaría a vos, o contexto solicita o pronome nos: E tenho que nos non veo mentir, / pelos sinaes que nos el diss'én...

  • 10

    A restauración do necesario CD de trager (o furto) permite sanar a hipometría versal.

  • 12

    En rima con greu, lheu (sempre na frase ben lheu ‘facilmente’) é outro provenzalismo de escasa presenza no corpus. Esta forma con consoante palatal (talvez de orixe catalá; véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205) convive con leu (véxase nota a 14.13).

  • 13

    Para alén da aférese de assi após ca (véxase nota a 82.10) e tras a forma verbal é (véxase nota a 179.30), este adverbio tamén presenta esporadicamente a forma aferética noutros contextos, como após outro neste verso (outro 'ssi) ou de comeu (comeu ‘ssi, 1632.10), mais tamén en posición inicial de verso (‘ssi fara meu amigo, 1202.6).

    Por outra banda, asecuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con infinitivos debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Neste sentido, a lección de B indica que nos restantes casos en que aparentemente non existe asimilación talvez haxa que a supor tamén, coa pronuncia correspondente. Véxase tamén nota a 5.10. En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. nota a 48.14 e 217.10.

  • 15

    É necesaria a presenza da forma verbal é para que o período teña verbo principal.

  • 16

    Jelusalen é variante de atestación única nas cantigas, coa mudanza r > l, face á forma xeral Jerusalen.

  • 19-20

    A deficiente copia en BV provocou un deficiente segmentación destes versos en diversas edicións: a rima [ɛw] do pronome eu impón que a palabra rimante no v. 19 sexa deu, forma verbal con vogal aberta, fronte a despendeu, con vogal pechada [ew] como corresponde á desinencia de P3 do pretérito de indicativo dos verbos regulares da segunda conxugación. Así pois, conforme a proposta de Montero Santalla (2002), reestruturamos o texto para estabelecer a rima deu : eu.

    Por outra parte, nótese que coa puntuación ligamos todo a foi e segmentamos a expresión fraseolóxica aquesto sei eu, común no corpus, pois tod’aquesto sei eu non presenta ocorrencias nas cantigas.

  • 21

    A harmonización vocálica nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.

Procurar
    Não foram encontrados resultados