552 [= Tav 25,115]
Senhor fremosa, pois no coraçon

Senhor fremosa, pois no coraçon
nunca posestes de mi fazer ben
nen mi dar grado do mal que mi ven
por vós, siquer teede por razon,
senhor fremosa, de vos non pesar
de vos veer se mi-o Deus [a]guisar.
Pois vos nunca no coraçon entrou
de min fazerdes, senhor, senon mal,
nen ar atendo ja máis de vós al,
teede por ben, pois assi passou,
senhor fremosa, de vos non pesar
[de vos veer se mi-o Deus aguisar].
Pois que vos nunca doestes de min
e sabedes quanta coita passei
por vós e quanto mal lev’e levei,
tẽede por ben, pois que ést’assi,
senhor fremosa, [de vos non pesar
de vos veer se mi-o Deus aguisar].
E assi me poderedes guardar,
senhor [fremosa], sen vos mal estar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 535, V 138

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 52 [= LPGP 230-231]); Nunes (1972 [1932]: 168-169); Eirín (2015: 217); Littera (2016: I, 199-200).
II. Outras edicións: Moura (1847: 88-89); Monaci (1875: 58); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 132-133); Júdice (1997: 131); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 coraçon] coracon V   2 posestes] podestes B   8 fazerdes] fax’ des B   14 e] Er B : er V   15 por] pre B   16 tẽede por] Teende pre B

Variantes editoriais


4 teede] tẽede Nunes   6 vos] vós Lang   8 min] mi Nunes, Littera   10 teede] tẽede Nunes   12 vos] vós Lang   13 min] mi Lang, Nunes, Littera   14 e] er Lang, Nunes, Eirín, Littera   16 tẽede] teede Lang, Littera   18 vos] vós Lang   20 mal] om. Nunes

Paráfrase


(I) Señora fermosa, xa que nunca tivestes a intención de me facer ben nin de recompensar o mal que me vén por vós, tan sequera tede como razoábel, señora fermosa, que non vos cause pesar que eu vos vexa se Deus mo dispón así.

(II) Pois nunca tivestes no corazón a idea, señora, de me facerdes outra cousa agás mal, nin eu espero xamais outra cousa de vós, tende a ben, xa que isto así foi, señora fermosa, que non vos cause pesar que eu vos vexa se Deus mo dispón así.

(III) Xa que nunca tivestes dó de min e sabedes canta coita pasei por vós e canto mal levo e levei, tende a ben, xa que así é, señora fermosa, que non vos cause pesar que eu vos vexa se Deus mo dispón así.

(1) E así poderédesme salvar, señora fermosa, sen que vos cause prexuízo.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:31)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 12 mi-‿o; 18 mi-‿o

Notas


Texto
  • 6

    A variante aguisar (véxase nota a 35.12) resolve perfectamente a hipometría do verso (cfr., por exemplo, se mi Deus aguisar de o aver, 1215.8; se mi-o Deus aguisar, 1286.8).

  • 8

    O pronome min é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10) etc.

  • 14

    Lang e Nunes manteñen a lección er dos manuscritos; mais a sintaxe e a lóxica discursiva piden unha copulativa, razón por que interpretamos que existe un erro <r>/<t>, frecuente en BV, de modo que o orixinal <et> debeu ser copiado como <er> (véxase, por exemplo, a variante <er> B vs. <et> V en 607.9).

  • 16

    Obsérvese o contraste de tẽede, con nasalidade (< tĕnēte), en face de teede (vv. 4, 10) en que xa non existe resto gráfico de tal trazo fonolóxico, quer por lapso de copia, quer como indicación do proceso xeral de desnasalamento que se estaba a producir na lingua.

  • 20

    O cualificativo fremosa, restaurado en todas as edicións, é subministrado polo v. 1 da cantiga e mais pola súa repetición no refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado