1128 [= Tav 133,3]
Sazon sei eu que non ousei dizer

Sazon sei eu que non ousei dizer
o mui gran ben que quer’a mia senhor,
ca me temia de seu desamor;
e ora ja non ei ren que temer,
ca ja m’ela maior mal non fara
do que mi fez per quanto poder á,
ca ja i fezo todo seu poder,
per bõa fe, [e] naquela sazon
de dur diria quant’ora direi,
ca non ousava, mais ja ousarei;
e des oimais, quer se queixe, quer non,
e que se queixe, non mi pode dar
maior afan nen ja maior pesar
nen maior coita no meu coraçon
ca ja mi deu, per que perdi o sén
e os meus olhos prazer e dormir;
pero sempr’eu punhei de a servir,
come se fosse tod’este mal ben,
e servirei enquant’eu vivo for,
ca non ei d’outra ren tan gran sabor,
pero lhi praz de quanto mal mi ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 1125, V 717

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 509-510 [= LPGP 869-870]); Tato Fontaíña (2007: 37); Littera (2016: II, 408-409).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252-253); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 187-188).

Variantes manuscrites


3 temia] teui la V   9 quant’ora] quanto ui V   11 des oimais] desoy ma\y/s  14 coraçon] corazon V   19 enquant’eu] enq̄nteu BV   20 gran] g̃ra B   28 quanto] ꝙ̄to V

Variantes éditoriales


8 per bõa fe, [e] naquela sazon] Per bõa fé, [eu] naquela sazon Nunes, Tato Fontaíña   13 afan] afã Littera

Paraphrase


(I) Lembro eu un tempo en que non me atrevín a dicirlle á miña señora o moito que a amo, porque temía o seu desamor; e agora xa non teño nada que temer, porque ela xa non me fará un mal maior do que me fixo con canto poder ten, pois niso empregou todo o seu poder, (II) con certeza, e naquel tempo dificilmente diría canto agora vou dicir, porque non me atrevía, mais xa me atreverei; e de hoxe en diante, quer se queixe, quer non, aínda que se queixe non me pode causar un afán maior nin un maior pesar nin unha maior coita no meu corazón (III) do que xa me deu, polo que perdín a razón e os meus ollos (perderon) o gozo e o sono; pero eu sempre fixen canto puiden por servila, como se todo este mal fose ben, e servireina en canto eu estiver vivo, pois non teño un desexo tan grande por outra cousa, aínda que lle agrada canto mal me vén.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:91)

Notes


Texte
  • *

    A partir da continuidade sintáctico-conceptual das tres estrofas (ligazón estabelecida en Littera), esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda atá fiinda, non incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270). Cfr. nota á cantiga 15.

  • 8

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa no texto trobadoresco polo seu escaso corpo gráfico-fónico; aínda que, en xeral, a súa ausencia en posición inicial é a máis frecuente, na pasaxe resulta máis condicente co sentido da cantiga recuperar a copulativa de modo que per bõa fe fica ligado a fezo todo seu poder, a confirmar o carácter de ateúda desta composición.

  • 9

    A locución adverbial de dur é variante formal da locución adverbial a dur, de orixe provenzal. Véxase nota a 47.15.

  • 10

    Ao longo do corpus das cantigas profanas detéctase a aparición dunha locución e que de carácter concesivo (‘aínda que’), en xeral emendada polos editores para en que, tal como acontece neste caso (ou segmentada por medio da puntuación), por ser infrecuente no período medieval: se poderia de vós aver ben, / e que fezes[s]’eu i pesar a quen / vós sabedes no vosso coraçon / que vos fez el muitas vezes pesar (402.6); quand’aqui chegar, / e que lh’eu falar non quiser, / muito terrá que baratou / mal porque tan muito tardou (729.4); pois m’el ben quer, e que lh’eu faça mal, / que faria se lh’eu fezesse ben? (743.5); E que me non pesass’a mí por al, / pesar-mi-á [én] muito por ũa ren: / ... (818.7); E que mi queirades valer, / ..., / ben sei eu, se Deus mi perdon: / ... (885.6).

    A existencia desa locución é confirmada polo seu uso noutras obras fóra do ámbito das cantigas: E que [ed.: E, que] vos eu quisesse contar como el rei dom Rodrigo era vestido e da sua nobreza, certo eu nõ saberia dizer cõ verdade (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: 330); e que o fosse, foy-o de hũu mui nobre rrei (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 255).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé