1370 [= RM 87,1]
Saben en Morraz’e en Salnes

Saben en Morraz’e en Salnes
meu preit’e seu, e non lhis pes
que á de min, máis á d’un mes,
un sold’e dous e dez e tres;
demais, dizia
que tercer dia
[....................]
en cas de Don Corral, o burges.
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 1352bis, V 960

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 402); Pellegrini (1969: 31-32 [= LPGP 597-598]); Lopes (2002: 280); Littera (2016: II, 58).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 328); Braga (1878: 180); Machado & Machado (1958: VI, 87); Lapa (1964: 13-14); Souto Cabo (2012c: 131).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 88).

Variantes manuscritas


1 en Morraz’ e en Salnes] eu moiraz e en silnez B : eu morraz e eu silues V   3 d’un mes] dam̄ies B   5 dizia] diria B   8 Corral] cuiral B : curral V

Variantes editoriais


Pellegrini, Lopes e Littera integran esta cantiga con UC 1369 nunha única composición.
1 Salnes] Salnez Pellegrini : Silnês Lopes   3 máis á] [há] mais Lopes   5 demais] de mais Lapa, Pellegrini : e de mais Lopes : [e] demais Littera   6 que] que ao Lopes : que [ao] Littera   7 [ela seeria] Lapa, Lopes : [mi os ar daria] Littera   8 de] om. Lopes, Littera; burges] burguês Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Saben no Morrazo e no Salnés do noso trato, e non lles importa que recibiu de min, hai máis de un mes, un soldo e dous e dez e tres; ademais, dicía que antes de tres días [estaría comigo] na casa de Don Corral, o burgués.

Métrica


Esquema métrico: 9a 8a 8a 8a 4’b 4’b [...] 9a

Notas


Texto
  • *

    A pesar de en B (e en V) esta cantiga aparecer como continuidade da anterior (UC 1369), coa atribución de un único número (en B), a métrica suxire que se trata de dúas composicións diferentes, probabelmente incompletas.
    A rúbrica da cantiga 1368 parece afectar tamén a esta composición, xunto coa anterior (UC 1369) ao utilizar o plural en “estes cantares”. En calquera caso, as cantigas UC 1368, 1369 e 1370 constitúen un microciclo por volta da figura da dona do Soveral e do «burges» Don Corral.

  • 1

    Nótese a alusión aos dous puntos (Morrazo e Salnés) da xeografía occidental galega, na costa atlántica, nas Rías Baixas.
    Resulta verdadeiramente sorprendente a grafía <z> de BV en Morraz(o), pois no Corpus Galego-Portugués Antigo só se atesta a forma Morraço, coa excepción de un único documento (tardío, de 1485).

  • 5

    A diverxencia <diria> B : <dizia> V lembra a situación producida en 956.18, en que tamén é necesario optar pola lección de V, a partir dun erro de copia pola frecuente confusión <r>/<z> en ambos os cancioneiros italianos, e nomeadamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Eis algúns exemplos: fezesse <feresse> B, <fezesse> V (534.18); fazian <Fariā> B, <fazian> V (956.18); fazer <farer> B, <fazer> V (1031.9); dizer <Direr> B, <diz’> V (1075.9) etc.

  • 6

    A forma ordinal tercer constitúe unha variante especial de terceiro que só aparece en posición proclítica (575.7, 1356.1, 1398.7, 1427.4 e 1587.12), e sempre no sintagma tercer dia, tal como acontece tamén nas Cantigas de Santa Maria1  e en textos prosísticos de teor literario (Crónica Troiana, Miragres de Santiago etc.) e, mesmo, en documentos forais ou tabeliónicos (véxase CGPA, s.v. tercer, terçer): 

    It(em) sobre-la demãda deue auu(er) tercer día se o demãdar o dem[ã]dado τ sse o demãdador o leyxar en ssa u(er)dade o demãdado nõ deue a au(er) p(ra)zo. saluo sse pedír acordo. τ sse ffor p(er) p(re)yto τ demandar [prazo pera morador na] vila deue-o a au(er) de tercer dia τ p(er)a ffora da vila au(er) p(ra)zo de do(us) noue dias. e p(er)a ffora do Reyno de tres noue días (Dos costumes de Santarém, 1294; cf. CIPM); 

    Et mandamos ao dicto Martin Bezerra que faça esto asy outorgar a a dicta sua moller daqui a tercer dia (doc. de 1395; CGPA, ed. González Garcés);

    que d’oje a tercer dia quitasen todas las prendas que por la dita rason lles foran peñoradas (doc. de 1417; CGPA, ed. Rodríguez González).

    O sistema de contaxe “analóxica” (dez e tres, v. 4) era común na Idade Media. Nas cantigas achamos dez e tres ‘trece’ tamén en 1610.10, xunto con dez e seis ‘dezaseis’ en 1369.3. Véxase outro exemplo de acumulación numérica nas Cantigas de Santa Maria:

    e cada dia pela gran sesta
    vỹan da ost’un e dous e tres,
    que lles contaron da mort’a gesta
    que pres Juyão a gran door (CSM 15.181).

  • 7

    A lacuna textual podería afectar a máis dun verso, de medida descoñecida. En calquera caso sería esperábel un verso similar ao anterior e que cadrase tamén coa cantiga inicial do ciclo; de se tratar de un único verso a faltar, tería probabelmente a medida dos dous anteriores e podería ser, por exemplo, [migo seria].

  • 8

    Non temos elementos que permitan identificar o burges Don Corral. Véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Luzia, Dona.
    Nótese, tamén, como a forma burges (de uso compacto na lírica profana e relixiosa) presenta aínda fricativa palatal sonora, anterior ao proceso de extensión analóxica con burgo que produciu o cambio /ʒ/ → /g/. Porén, xa contemporaneamente foi iniciado o proceso, tal como mostra a presenza de burgueses a carón de burges(es) na Crónica Geral d’Espanha de 1344, así como nas obras de Fernão Lopes. Véxase CGPA, s.v. burges, burgues.

  1. ^

    Só aparece unha excepción, talvez outro castelanismo afonsino: mas o que en Babilonia guardou no forn’ Ananias / e Misael o menyno e o tercer, Azarias, / guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada (CSM 215.42).

Procurar
    Não foram encontrados resultados