I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 181-182); Blasco (1984: 77-78 [= LPGP 831-832]); Marcenaro (2012b: 145-146); Littera (2016: II, 341-342).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 80-81); Carter (2007 [1941]: 51-52); Marques Braga (1945: 164-165); Machado & Machado (1949: I, 306-307); Fernández Pousa (1953: 6); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 175).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 98-99); Torres (1977: 108-109); Alvar & Beltrán (1989: 195); Jensen (1992: 308-310); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 190); Diogo (1998: 84-85); Alvar & Talens (2009: 454-456).
2 fezo] afez B 4 prez] pres B 6 fezo desejar a mí] fez deseiar a min A 7 por ja] por la B 8 me] mj B 10 coraçon] coracon B 14 por quen no] ꝑ q̄no B 15 outre] out’m B 16 outre] out’m B 17 per bõa fe] (e) per boa fe A 18 negá-ll’ei] negal ey B 19 adevinnar] adeuinar A : a deuiār B 20 e pois a vir] ea pois uir B 22 Ca] E B 23 esforç’avera] esforca u’a B 26 ventura] uentᵉa B; lle] lhi B 28 escaescerá] es caeçera B 29 a mí] mj B 30 nembrará] nēbriara B
6 mí] min Blasco, Marcenaro : mim Littera 11 grave] grande Michaëlis 14 quen no] queno Blasco : quen’o Littera 19 adevinnar] adevinar Blasco 25 ll'i] lhi Littera
(I) A dona que Deus fixo máis fermosa e que fixo falar mellor e máis razoadamente de todas as que viven no mundo, e, aínda, ter mellor prez, e ser máis doce de todas as que eu vin, esta me fixo Deus a min desexar para endexamais poder perder a coita.
(II) Non me fixo Deus amar tal dona nin ma mostrou senón por isto: para eu ter moi gran coita no meu corazón mentres viva; por iso, infeliz, en mal día nacín, pois, mentres viva, vivirei así por quen nunca ha saber iso da miña boca.
(III) Nin o saberá xa por outra persoa, pois eu non llo direi nunca a ninguén, abofé; e aínda farei isto: ocultareillo xa sempre até que morra, e se alguén mo puidese adiviñar e despois a vise e se esforzase tanto que lle ousase dicir algunha cousa, dirao por si, (IV) pois eu ben sei, abofé, que se esforzará tanto como me esforzo eu, cando a vexo, que non sei, de modo ningún, que lle dicir nese momento, e el tamén o fará así: se por ventura lle quixer dicir algo, cando estiver diante dela, todo lle esquecerá, (1) porque, así Deus me perdoe, cando vexa o seu fermoso rostro, que o demo leve o que ha de lembrar!
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= RM 161:82)
Encontros vocálicos: 9 mi-‿a; 19 mi-‿o
Nótese como a variante fez en B se complementa co uso do pronome para evitar a hipometría. Véxase nota a 53.16.
Contra o que habitualmente sucede (véxase nesta mesma cantiga o v. 2), pois en A percíbese unha preferencia polos pretéritos fortes do tipo fezo, neste verso é B o manuscrito que achega a forma correcta do punto de vista métrico. Cfr. nota a 56.16.
O proceso de asimilación fonética [ɾʎ] > [ʎ] nas formas de futuro con pronome mesoclítico (véxase nota a 21.3) son moi ocasionais nos apógrafos italianos, como mostra neste caso B, que ofrece a forma negá-lo-ei. Nótese, tamén, que a crase en ll’-ei encobre unha forma pronominal contracta llo. Cfr. nota a 142.29.
Blasco mantén adevinar considerando eufemisticamente tal forma como un «hispanisme» (isto é, un castelanismo), cando ben podería ser un simple lapso <n>/<nn> de copia semellante ao de <senor> ou outros que se encontran ao longo do Cancioneiro da Ajuda. Véxase nota a 90.14.
No inicio do verso e da estrofa percíbese unha alternancia de leccións entre A e B, coa presenza de ca en A fronte á copulativa e en B (tamén en 64.15, 94.22, 137.9, 349.9, 979.14); noutras pasaxes, achamos tamén a alternancia contraria, con e en A e ca ~ que en B(V) (véxase nota a 80.14). E resulta significativo que en 526.15, fronte a <Ca> en B se perciba vacilación na copia de V: <(E) Ca>.
A frase formularia u outra ren non á ‘certamente, sen dúbida’, que só volve aparecer en 1327.20, ten a variante u outra ren non jaz (véxase nota a 66.29) e é equivalente ás frases u al non á e ás súas variantes (véxase nota a 25.11).
A lección <ll y> de A (<lhi> en B) inclínanos a segmentar, tal como a maioría dos editores precedentes, o adverbio i.
O pronome el refírese á esoutra persoa (outre, vv. 15, 16; ome, v. 19) que quiser dizer á sennor o amor que o trobador sente por ela.
A grafía <sc> que mostra escaescerá aparece nas cantigas profanas en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4). E só en tres ocasións localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: gradecer <gradecer> B vs. <gradescer> V (1378.1); conhocedes <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V (1480.19); conhoceria <conhoceria> B vs. <donhosceria> V (1630.9). Cfr. nota a 68.11.
Nótese o ton entre familiar e coloquial que achega o sintagma demo leve..., tan pouco característico da cantiga de amor, mais que condí ben coa ousadía de quen pretenda informar á senhor da amorosa devoción do poeta.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: