I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 287 [= LPGP 927]); Lopes (2002: 452); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 203); Littera (2016: II, 489-490).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111-112); Carter (2007 [1941]: 86-87); Marques Braga (1945: 271); Machado & Machado (1950: II, 42-43); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 249).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 55); Torres (1977: 405); Correia (1978: 184); Jensen (1992: 364).
1 que] om. A 3 sõo] soo B 4 morri] moiri B 5 ca] q̄ B 6 sõo] soo B 7 Pois que ... morrer] E pois ... moirer B 8 soqueix’e] soq̄ixo e B 9 sõo] soo B
1 que] qu’ Lopes 5 ca] que Lopes, Littera; assi] (a)ssi Michaëlis 7 que] qu’ Lopes 8 soqueix’] seu queix’ Michaëlis, Lopes
(I) Logo que eu estiver morto, sei ben que dirá a miña señora: «Eu son Guiomar Afonso».
(II) Despois que souber ben que morrín por ela, sei que dirá así: «Eu son Guiomar Afonso».
(III) Após eu morrer, collerá entón o queixelo e dirá: «Eu son Guiomar Afonso».
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8’B (cfr. RM 26:105)
Encontros vocálicos: 3 Gui·o·mar; 5 dira‿assi; 6 Gui·o·mar; 9 Gui·o·mar
A crase qu’eu realizada por Lopes (tamén no v. 7) vai contra a norma da integridade do pronome e conxunción que, ao tempo que, ademais, provoca neste caso a hipometría versal.
Sobre a variación ca ~ que véxase nota a 66.6.
Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
Neste verso existe unha corrección marxinal de lectura dubidosa que afecta a fillara (<filh...> ou <fill...>), importante para confirmar a aparición do dígrafo <lh> no Cancioneiro da Ajuda (Rodríguez Guerra 2013).
Michaëlis e Lopes optaron pola emenda da lección unánime de AB; mais o feito de que soqueixo se ateste tamén en 1266.16, aínda que nun contexto e cun significado diferentes, indica que a lección dos manuscritos debe ser correcta. Canto ao significado, embora nos dicionarios portugueses apareza definido como «[l]igadura por baixo do queixo» e mais «[l]enço ou pano que se ata por baixo do queixo» (Figueiredo 1978: s.v. soqueixo), parece mellor o significado de ‘queixo, parte baixa do queixo, ou ‘mandíbula’, tal como Michaëlis recolle no seu Glossário (1922: s.v. soqueixo).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: