200 [= Tav 125,31]
Ora vej’eu que xe pode fazer

Ora vej’eu que xe pode fazer
Nostro Sennor quanto xe fazer quer,
pois me tan bõa dona fez morrer
e mi ora fez veer outra moller,
per bõa fe, que amo máis ca mí;
e nunca me Deus valla, poi-la vi,
se me non fez tod’al escaecer.
Tanto a vi fremoso parecer
e fremoso falar que sol mester
non m’ouvera per ren de a veer,
e, se vos eu verdade non disser,
non me dé Deus dela ben nen de sí,
ca nunca tan fremosa dona vi
de quantas donas pude connocer.
E por atal coido sempr’a viver
en grave coita mentr’eu vivo for,
ca me fez ela mui gran coit’aver
de que ja máis non sera sabedor
nunca per min, ca eu non lla direi,
mal pecado, nen amigo non ei
que lla nunca por min queira dizer,
ca me non posso oj’amigo saber
(nen mi-o quis nunca dar Nostro Sennor)
tal que por min lle fezess’entender
com’oje moiro polo seu amor,
e, pois que eu tal amigo non ei,
morrer poss’eu, mais nunca llo direi,
pero me vejo por ela morrer.
Pero, se llo por min dissess’alguen,
ben coido dela que non desse ren
nen por mia morte nen por eu viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


A 107, B 216

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 221-222); Blasco (1984: 191-192 [= LPGP 827-828]); Marcenaro (2012b: 287-288); Littera (2016: II, 360-361).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 93); Carter (2007 [1941]: 65-66); Machado & Machado (1949: I, 353-354); Fernández Pousa (1953: 23-24); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 200).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 754-755).

Variantes manuscritas


2 xe] xi B   3 bõa] boa B; morrer] moirer B   5 bõa] boa B; mí] mj̄ B   7 me] my B   11 verdade] u᷈dad A   12 me] mj B   14 pude] pudi B   15 atal coido] tal cuydo B   16 grave coita mentr’eu] g̃m coita ment’ B   17 fez ela] fez \ꞇ/ ela A : faz ela B; coit’aver] coyta au’ B   19 min] mj B; lla] lho B   20 pecado] pc̄cado B   21 lla nunca por min queira] lho nūca ꝑmj̄ q̄ra B   23 nen] ne B   24 min lle] mj lhi B   27 morrer] moirer B   28 morrer] moirer B   29 dissess’alguen] disse alguen A   30 coido] cuydo B   31 mia] mia / mia A; por eu] pʳ (mha morte) eu B

Variantes editoriais


11 vos] vus Michaëlis, Blasco   12 dé] dê Michaëlis, Littera   15 atal coido] a tal coido Michaëlis : atal cuido Littera   22 posso] poss(o) Michaëlis   24 lle] om. Littera   30 coido] cuido Littera

Paráfrase


(I) Agora vexo eu que Noso Señor pode facer todo canto quere facer, xa que me fixo morrer tan boa dona e agora me fixo ver outra muller, abofé, que amo máis que a min mesmo; e que nunca me valla Deus se, despois que a vin, non me fixo esquecer todas as outras cousas.

(II) Vina parecer tan fermosa e falar tan ben que simplemente non me fora preciso vela por cousa ningunha, e, se non vos digo verdade, que Deus non me dea ben dela nin de si, pois nunca vin dona tan fermosa entre cantas donas puiden coñecer.

(III) E por tal dona coido vivir sempre en gran coita mentres eu viva, porque ela me fixo ter gran coita de que nunca será ela sabedora por min, porque eu non lla direi, infelizmente, nin teño amigo que lla queira dicir por min nalgún momento, (IV) pois non sei hoxe de ningún amigo –nin mo quixo nunca dar Noso Señor– tal que por min lle fixese entender como hoxe morro polo seu amor, e, xa que eu non teño un amigo tal, podo morrer, mais nunca llo direi, aínda que me vexo por ela morrer.

(1) Con todo, se llo dixese alguén por min, teño a certeza de que a ela non lle importaría a miña morte nin a miña vida.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 100:16)

Encontros vocálicos: 4 mi‿ora; 23 mi-‿o

Notas


Texto
  • 5

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 15

    A variante tal de B provocaría un verso hipométrico (véxase nota a 10.4). Michaëlis e Littera segmentan erroneamente atal, como se a puidese ser artigo ou preposición, sen ter en conta que atal é variante frecuente de tal (cfr. tamén atan ~ tan, atanto ~ tanto, aquanto ~ quanto). Véxase nota a 138.17.

  • 17

    Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 307.8, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).

  • 21

    Esporadicamente existe variación entre A e B no relativo ás formas do presente subxuntivo de querer, con certa preferencia de B pola manutención das formas etimolóxicas (< quaeram, quaeras etc.) face á presenza das formas analóxicas xerais (queira, queiras etc.) en A (véxase tamén 73.16, 87.18, 215.22).

  • 29

    Optamos pola lección de B, no convencemento da probábel existencia dun erro de copia en A, xa que a forma disse presenta crase (ou sinalefa) coas palabras iniciadas por vogal, para alén da necesaria coherencia temporal a través dun tempo en subxuntivo nunha cláusula condicional. É por isto que, con base en A, sería posíbel editar disser alguen, que transmite tamén unha idea de hipótese e que pode ser doadamente explicábel do punto de vista paleográfico, por omisión do signo de abreviatura.

Procurar
    Não foram encontrados resultados