634 [= RM 30,23]
Ora, senhor, tenho muit’aguisado

Ora, senhor, tenho muit’aguisado
de sofrer: coit'é grand’e gran desejo,
pois, d’u vós fordes, eu for alongado
e vos non vir como vos ora vejo;
e, mia senhor, est’é gran mal sobejo
meu e meu gran quebranto:
seer eu de vós, por vos servir quanto
posso, mui desamado.
Desej’e coita e gran soidade
conven, sen[h]or, de sofrer toda via
pois du vós fordes i e gran beldade
voss’eu non vir, que vi en grave dia;
e, mia sen[h]or, en gran ben vos terria
de me darde-la morte
ca de viver eu en coita tan forte
e en tal estraidade.
Non fez Deus par a desejo tan grande
nen a qual coita sofro i, des u me
partir de vós, ca, per u quer que ande,
non quedarei ar, meu ben e meu lume,
de chorar sempre; e con mui gran queixume
maldirei mia ventura,
ca de viver eu en tan gran tristura
Deus Senhor non no mande!
E queira El, senhor, que a mia vida,
pois per vós é, cedo sej’acabada,
ca pela morte me sera partida
gran soidad’e vida mui coitada:
de razon é d’aver eu desejada
a morte, pois entendo
de chorar sempre e andar sofrendo
coita desmesurada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


B 619, V 220

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 221-223); Pagani (1971: 77-78 [= LPGP 257-258]); Littera (2016: I, 255).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 86); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 270-271).

Variantes manuscritas


2 grand’e gran] g̃ra d eg̃ra B   3 fordes] tordes V   4 ora] (gra) ora V   5 gran]  g̃ra B   6 e] & B : et V; quebranto] q̄ branco B   9 Desej’] De leg V; gran] g̃ra B   11 gran] g̃ra B   13 mia] ma V; gran]  g̃ra B   16 e] Et B   18 qual] q̄l V; sofro i] sofrey B : sofrei V   19 per] p V   21 gran] g̃ra B   23 gran] g̃ra B   24 Senhor] senʳ V   25 senhor] senʳ V   28 soidad’e] soidado e V   31 sempre] senp̃r V

Variantes editoriais


2 de sofrer: coit’é grand’e gran desejo] de sofrer coita grand’e gran desejo Nunes, Pagani, Littera   3 d’u] du Nunes, Pagani   5 est’é] éste Littera   6 e] et Pagani   9 e gran] e [mui] gram Littera   11 du] d’u Littera; e] a Nunes, Pagani, Littera   16 e] et Pagani; estraidade] estraĩdade Littera   18 sofro i] sofrerei Nunes : sofre[re]y Pagani : sof’rei Littera  21 sempre; e] sempr’e Nunes   22 maldirei] mal direy Pagani   24 non no] non’o Littera   28 soidad’e vida] soidad[e] e vida Littera

Paráfrase


(I) Agora, señora, está disposto para min sufrir: coita é grande e gran desexo, desde que eu estiver afastado de onde vós estades e non vos vir como vos agora vexo; e, miña señora, este mal meu é excesivo e un gran sufrimento para min: por vos servir canto podo, ser eu por vós moi desamado.

(II) Desexo e coita e gran soidade convén, señora, sufrir de todas as maneiras despois mentres vós estiverdes aí e eu non vir a vosa gran beleza, que vin nun día aciago; e, miña señora, teríavos en maior consideración se me désedes a morte (antes) que vivir eu cunha coita tan forte e en tal estrañamento.

(III) Non fixo Deus par a tan gran desexo nin á coita que sofro por iso, desde que me separei de vós, pois, por onde queira que eu ande, non cesarei, meu ben e miña luz, de sempre chorar; e con moi gran queixume maldirei a miña sorte, que Deus non queira que eu teña de vivir en tan gran tristura.

(IV) E queira El, señora, que a miña vida, pois se debe a vós, logo sexa acabada, porque coa morte iráseme a gran soidade e a vida moi coitada: é razoábel ter eu desexado a morte, pois comprendo que estarei sempre chorando e sufrindo unha coita desmesurada.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10’b 10’a 10’b 10’b 6’c 10’c 6’a (I-III [= RM 92:1]) + 10’a 10’b 10’a 10’b 10’b 6’c 10’c 6’b (IV)

Encontros vocálicos: 9 so·i·da·de; 21 sempre;e; 28 so·i·da·d(e)

Notas


Texto
  • 2

    A lección <coit e> de BV condiciona o texto que presentamos, sen introducir a emenda que todos os editores realizaron por suporen un erro <e>/<a>, que, certamente, subministra unha lectura e interpretación ben acaída ao contido da estrofa e da cantiga (e paralela ao inicio da estrofa II):

    Ora, senhor, tenho muit’aguisado
    de sofrer coita grand’e gran desejo.

  • 3

    Para a correcta interpretación da cantiga convén notar que pois no v. 3 é conxunción temporal e introduce fordes (‘despois que, ..., eu for alongado...’), mentres que no v. 11 pois é adverbio temporal equivalente a ‘despois’ (‘sofrer de calquera maneira despois mentres vós fordes...’).

  • 5

    É lexítima a lección éste de Littera, sen segmentación.

  • 7

    Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 9

    Talvez a introdución de gran en Littera se deba a non considerar tetrasilábica a voz soidade, feito que explica que no v. 28 restaurase a vogal final desaparecida por crase.

  • 11

    A distinción entre d’u ‘de onde’ e du ‘cando’ parte de Huber (1986: §482) e foi retomada por Giuseppe Tavani na edición de Airas Nunez (1992 [1963]). Presenta poucos rexistros na lírica profana (323.13, 564.13, 634.11, 864.2) e comparece nunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria:

              O ben que perdeu Eva
              du perdeu parayso,
              cobrou Santa Maria
              pelo seu mui bon siso (CSM 320.20).

  • 13

    En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 13-16

    Xulgamos que o único modo de interpretarmos o período reside en considerar gran (v. 13) como equivalente de ‘maior’, para que, dese xeito, funcione como primeiro elemento da estrutura comparativa (gran ben ... ca = maior ben ... ca).

  • 16

    A voz estraidade (cfr. estraiadade na lección de B, talvez por erro) ‘estrañeza, afastamento’, procedente dunha formación a partir de extraneus, do tipo *extraneitātem, só reaparece outra vez co mesmo sentido e coa forma estraiade en Joan Soarez Coelho (282.15).

  • 18

    Tendo en conta a lección <sofrei> dos manuscritos, sofro i é emenda máis axustada do que sofr[er]ei, coa consideración do banal erro <e>/<o> e cun tempo presente axeitado ao contexto. 

  • 18-21

    Nótese a rareza da rima u me (con lume, v. 20, e queixume, v. 21), que engloba dous elementos lingüísticos totalmente independentes, do mesmo modo que na cantiga 1334.15-21 (ten o - pequeno - neno) e 1437.4-5 (ben aspequenas), e de forma similar, con verbo + clítico, nas cantigas 292.14-16 (soo - doo - negó-o), 443.7-9 (vi-as - dias - dirias), 807.8-14 (vi-a - averria - querria) e 1236.15-19 (dia - vi-a), 1343.r1-r2 (Alho - dá-lho) e 1344.25-31 e 26-32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa), 1638.10-11 (as[s]eitou-meer[r]ou-me). Vexase Ferreiro (2021b).

  • 20

    Neste verso aparece unha das escasas posposicións verbais da partícula ar ~ er, que, de regra, vai anteposta inmediatamente ao verbo correspondente (tamén en 105.14, 1507.17 e 1617.29). De todos os xeitos, nótese que a rara posposición de ar permite o acento tónico na 4ª sílaba do verso, tal como acontece en todos os versos decasilábicos desta cantiga.
    Ademais, a posposición desta partícula rexístrase, moi esporadicamente, tamén noutras etapas e noutras obras. Véxanse algúns exemplos na Demanda do Santo Graal

    Desi disse ar com gram pesar que as lagrimas lhe caerom pellas faces (...) cavalgou er e colhê-se a seu caminho (CGPA, ed. I. Freire Nunes).

Procurar
    Não foram encontrados resultados

    Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
    Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies:

    DefiniçõesAceitar