809 [= Tav 114,13]
Ora me venh’eu, senhor, espedir

Ora me venh’eu, senhor, espedir
de vós, a que muit’á que aguardei,
e ora me quero de vós partir
sen galardon de camanho temp’ei
que vos servi, e quero-m’ir viver
en atal terra u nunca prazer
veja nen cante nen possa riir,
ca sõo certo, des que vos non vir,
que outro prazer nunca veerei
e mal que aja non ei de sentir
senon o voss’, e assi andarei
triste cuidando en vosso parecer
e chorando muitas vezes dizer:
«Senhor, ja nunca vos posso servir».
E do meu corpo que sera, senhor,
quand’el d’ala o vosso desejar?
E que fara quen vos á tal amor
e vos non vir nen vos poder falar?
Ca vejo vós e por vós mor’aqui,
pois, que farei ou que sera de min
quand’en terra u vós fordes non for?
Ora con graça de vós, a melhor
dona do mundo, ca muit’ei d’andar
e vós ficades de min pecador,
ca vos servi muit’e galardoar
non mi-o quisestes, e vou-m’eu d’aqui,
d’u eu tanto lazerei e servi,
buscar u viva pouc’e sen sabor.
E, mia senhor, tod’est’eu mereci
a Deus, mais vós, de como vos servi,
mui sen vergonha irei per u for,
ora con graça de vós, mia senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manoscritti


B 813, V 397

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 248-250); Cunha (1999 [1945]: 111-112); Monteagudo (1984: 349-350 [= LPGP 717-718]); Littera (2016: II, 216).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 149-150); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 204-206); Machado & Machado (1953: IV, 118-119).
III. Antoloxías: Spina (1972: 328-329); Alvar & Beltrán (1989: 231); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 166-167); Alvar & Talens (2009: 516-518); Mongelli (2009: 49-50).

Varianti manoscritte


1 espedir] ex pedir V   4 de] om. B   6 terra] teira B   7 nen cante] neu tante V   11 o voss’, e assi] ouossaessy B : ouuossassy V   12 cuidando en] cuydando no B : cuidando no V   21 en] eu B; terra] tirā BV   23 muit’ei] muirei V   31 per u] ꝑa V

Varianti editoriali


En Nunes, Monteagudo e Littera os últimos catro versos forman unha única fiinda.

12 cuidando en] cuidando no Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera   19 mor’aqui] morr’aquí Monteagudo, Littera   20 min] mi Nunes   27 d’u] hu Nunes   31 per] por Monteagudo

Parafrasi


(I) Señora, véñome despedir agora de vós, a quen moito tempo hai que atendín, e agora quero afastarme de vós sen galardón polo tan gran tempo que vos servín, e quero ir vivir en tal terra onde nunca vexa pracer nin cante nin poida rir, (II) pois sei con certeza que, desde que non vos vir, nunca verei outro pracer e calquera mal que teña non o hei de sentir, agás o causado por vós, e así andarei triste coidando na vosa fermosura e chorando moitas veces hei de dicir: «Señora, xa nunca vos podo servir».

(III) E que vai ser do meu corpo, señora, cando el desde alá desexar o voso? E que fará quen vos ten tal amor e vos non vir nin vos puider falar? Pois vos vexo e por vós moro aquí, despois, que farei ou que será de min cando eu non for na terra onde vós fordes?

(IV) Agora coa vosa licenza, a mellor dona do mundo, teño moito que andar e vós ficades por pecadora con respecto a min, porque vos servín moito e non mo quixestes galardoar, e voume de aquí de onde tanto lacerei e servín, buscar onde viva pouco e sen pracer.

(1) E, miña señora, todo isto eu merecín de Deus, mais por como vos servín a vós, (2) irei por onde for sen me avergoñar de nada, agora, coa vosa licenza, miña señora.
 

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10c 10c + 10a 10a (= Tav 100:12)

Encontros vocálicos: 12 cuidando‿en; 26 mi͜-o

Note


Testo
  • 1

    A lección <expedir> de V (cfr. tamén <expedirey> V en 1126.15) mostra a existencia de pegadas da influencia latina (ou pseudolatina) en certas grafías e/ou formas que aparecen con máis ou menos profusión nos cancioneiros: así, por exemplo, <obscuro> V, <oscuro> B (1483.2) ou <dapno> BV (1340.3), entre outras. Cfr. nota a 63.2.

  • 2

    Téñase en conta que aguardar neste contexto significa ‘atender, servir’, en liña con algunha outra pasaxe trobadoresca: e mi aquel amor fezesse, / por que a sempr’aguardei (48.11);  e por én rogador / foi log’a Deus, ca teve por melhor / de guardar a El ca o que aguardou (1523.11); Ben sabedes, senhor rei, / des que fui vosso vassalo, / que sempre vos aguardei, / que a pee que de cavalo, / sen voss’aver e sen dõa (1551.3).

  • 4

    A voz camanho, que ten un significado conforme á súa orixe no lat. quam magnum ‘que grande, tan grande’, funciona como un adxectivo cualificativo na lingua medieval, e nunha ocasión forma estrutura correlativa con tamanho (< tam magnum): Non creo que tamanho ben / mi vós podessedes querer / camanh’a mí ides dizer (594.7-9).

  • 12

    É frecuente encontrar no corpus o adxectivo triste, aplicado ao trobador ou ao amigo, seguido dun xerundio de cuidar/coidar ou de chorar; é por isto que é posíbel unha dupla solución: trist’e cuidando vs. triste cuidando. Nestes contextos (véxase tamén 196.3, 1136.r1, 1198.2), a non segmentación achega maior ambigüidade expresiva e, por tanto, máis posibilidades interpretativas.
    Por outra parte, a lección dos manuscritos levaría para un texto hipermétrico (triste cuidando no vosso parecer), tal como os editores precedentes mantiveron. Porén, a existencia do erro <no>/<en> (véxase 1300.17 <en> N, <no> BV), así como un contexto moi similar en Roi Queimado (Cuidand’en vosso mui bon parecer, 247.13) aconsellan a emenda que propomos.

  • 13

    Neste verso é necesaria unha forma verbal ei elíptica: «... e assi andarei / triste cuidando en vosso parecer / e chorando muitas vezes (ei) dizer: / ...».

  • 19

    O pronome vós é CD sen preposición, tal como adoita acontecer coas formas pronominais tónicas oblicuas na lingua trobadoresca.

  • 21

    Nótese como <tirā> é unha grafía enganosa de terra, a partir de <ir> = <rr> e o deslocamento da abreviatura de <e>.

  • 22

    A fórmula con graça (de vós), tamén no v. 32, e mais con (vossa) graça (47.1 e 281.7) serve para pedir licenza ao interlocutor, asociándose sempre ao acto de despedida da senhor, igual que nas Cantigas de Santa Maria:
              e, com’ era costumada,
              na ygreja se meteu
              e à omagen correu
              por se dela espedir.
              E ficando os gẽollos,
              disse: «Con graça, Sennor» (CSM 59.62).
    De calquera maneira, a presenza do posesivo é rara, pois só a achamos en 47.1 e mais en con minha graça na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: et que vaades cõ mjna graça (Lorenzo 1975: I, 431).

Cerca
    Nessun risultato trovato