1009 [= Tav 63,49]
O que soia, mia filha, morrer

O que soia, mia filha, morrer
por vós dizen que ja non morr’assi,
e moir’eu, filha, porque o oi;
mais, se o queredes veer morrer,
dizede que morre por vós alguen
e veredes ome morrer por én.
O que morria, mia filha, por vós,
como nunca vi morrer por molher
ome no mundo, ja morrer non quer;
mais, se queredes que moira por vós,
dizede que morre por vós alguen
[e veredes ome morrer por én].
O que morria, mia filha, d’amor
por vós non morre nen quer i cuidar,
e moir’end’eu, mia filha, con pesar;
mais, se queredes que moira d’amor,
dizede que morre por vós alguen
[e veredes ome morrer por én],
ca, se souber que por vós morr’alguen,
morrerá, filha, querendo-vos ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


V 595

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 256-257); Rodríguez (1980: 148 [= LPGP 394-395]); Cohen (2003: 539); Littera (2016: I, 441).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 212-213); Braga (1878: 114); Fernández Pousa (1959: 111); Machado & Machado (1960: VII, 83).
III. Antoloxías: Torres (1977: 454); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 79).

Variantes manuscritas


1 mia] m\h/a V

Paráfrasis


(I) O que soía por vós morrer, miña filla, din que xa non morre así, e eu morro, filla, porque tal oín; mais se o queredes ver morrer, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso.
(II) O que, miña filla, por vós morría, como nunca vin ningún home no mundo morrer por unha muller, xa non quere morrer; mais, se queredes que morra por vós, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso.
(III) O que por vós morría, miña filla, de amor non morre nin quere pensar niso, e morro eu por iso, miña filla, con pesar; mais, se queredes que morra de amor, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso, (1) pois, se souber que por vós morre alguén, morrerá, filla, queréndovos ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:89) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 1 so·i·a

Notas


Texto
  • 1

    A lección <m\h/a> de V, xunto con outras presentes en 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1 confirma que, en xeral, a lección <ma> dalgunhas pasaxes en B constitúe un erro de copia. Véxase nota a 609.1.

Buscar
    Sin resultados