No folio rachado de B lese perfectamente o número que lle corresponde á composición (1007), así como, parcialmente, a letra inicial <O> do íncipit.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 258-259); Rodríguez (1980: 154 [= LPGP 394]); Cohen (2003: 541); Littera (2016: I, 442).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 213); Braga (1878: 114-115); Fernández Pousa (1959: 113); Machado & Machado (1960: VII, 85).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 31); Cidade (1941: 40); Nemésio (1961 [1949]: 155-156); Fernández Pousa (1951: 109); Álvarez Blázquez (1975: 31); Alvar & Beltrán (1989: 290-291); Sansone (1990: 172); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 80); Souto Cabo (2017: 113); Corral Díaz & Vieira (2023: 173).
18 cantar] cātr̃ V
5 mí] mi[n] Rodríguez, Cohen, Littera 10 come] com’é Rodríguez, Cohen, Littera 11 min] mi Nunes 13 En aquestas] En’aquestas Littera 16 ben sei] ben o sei Rodríguez
(I) O meu amigo xa coñece as novas destas cortes que agora se van facer; ricas e nobres din que serán, e ben sei que o meu amigo fará un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.
(II) Louvarame moito e chamarame «señora», pois ten un desexo moi grande de me louvar: a moitas donas causará un gran pesar, mais el fará, como moi bo trobador (que é), un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.
(III) Nestas cortes que fai o rei louvarame a min e a miña fermosura e dirá todo canto ben poida dicir de min, amigas, e fará, ben o sei, un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten, (1) porque o viron pensoso, e sei eu ben que non pensaba xa noutra cousa.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:88) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 7 -mi͜-á muito‿e, -mi͜-á
Nótese a variación mí ~ min no refrán (I mí; II-III min), nivelada en todas nas edicións precedentes –agás en Nunes, que mantén min só na estrofa III–, en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.
O hipérbato desloca o pronome para a posición dun aparente artigo: ou ja o feito ten = ou ja o ten feito.
O ritmo aconsella non segmentar a forma verbal é en come (com'é), que, por outra parte, non é necesaria para a correcta expresión nesta pasaxe (véxase Ferreiro 2016d: 51-52).
Neste verso é utilizado o pronome min, forma tónica oblicua, como CD sen preposición (loará min), tal como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca.
Na edición de Rodríguez o verso resulta hipermétrico pola banalización da expresión fraseolóxica ben sei (que só se rexistra en 1259.6), que o ilustre editor compostelán converteu en ben o sei.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.