I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 370-371 [= LPGP 608-609]); Cohen (2003: 415); Littera (2016: II, 77).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 271); Braga (1878: 148); Machado & Machado (1956: V, 281); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 153).
2 coidando e] coydāde V 8 ome] omē BV 9 era] eu V 10 quant’end’ap[re]ndi] quãtēda pudy B : quātenda pudy V 13-18 om. B 14 coraçon] corazō V 15 nen] uē V
2 triste coidando] trist’e cuidando Nunes : trist’e coidando Cohen, Littera 4 quant’] quanto Nunes 8 ome] omen Nunes : homem Littera
(I) Vexo andar triste e pensoso o meu amigo, amiga, e non podo entender por que anda triste, así (eu) vexa pracer; mais direivos o que penso: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.
(II) Anda tan triste como nunca vin ningún home andar e procurei saber o porqué, mais non o sei; porén, direivos o que diso sei: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.
(III) Tan triste anda que nunca vin quen estivese tan triste no seu corazón, e non sei por que nin por que razón; porén, direivos o que sei diso: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:164)
Encontros vocálicos: 2 coidando‿e; 8 ome,‿e
No corpus rexístrase con frecuencia o adxectivo triste, aplicado ao trobador ou ao amigo, seguido dun xerundio de cuidar/coidar ou de chorar; así, para a lección manuscrita pode ofrecerse unha dupla lectura: trist’e cuidando vs. triste cuidando. Nestes contextos (véxase tamén 196.3, 809.12, 1136.r1), a non segmentación achega maior ambigüidade expresiva.
A fórmula aseverativa si veja prazer ~ se veja prazer, tamén en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.1, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.9), presenta a variante assi veja prazer (79.16, 384.16, 419.4), coa introdución de eu en 416.9, e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.
A lección <omē> de BV apunta para unha forma omen que impediría a sinalefa ome‿e: é esta forma unha mostra do verniz lusitanizante que en ocasións presenta o texto copiado nos cancioneiros italianos, con formas omen onde a métrica esixe ome. Cómpre, pois, a emenda e a recuperación da forma ome tal como acontece noutras pasaxes do corpus 82.14, 132.21, 492.17, 851.21, 901.28 (B’V vs. AB), 1109.7, 1559.8, 1679.10, 1681.17.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.