I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 313-314 [= LPGP 492-493]); Fernández Graña (2007: 225); Littera (2016: II, 564).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 94); Marques Braga (1945: 294-295); Machado & Machado (1960: VII, 16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 265).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 37-38); Nunes (1959: 256); Spina (1972: 312).
5 dé] dê Michaëlis, Fernández Graña, Littera 7 dé] dê Michaëlis, Fernández Graña, Littera 10-11 quer a mí, / querer] quer a mi querer Littera 16 esto] est(o) Michaëlis
(I) Noso Señor, que a min me fai amar a mellor dona de cantas El fixo, e a máis fermosa e a de mellor prez e a que fixo falar máis fermosamente (de todas as demais), El me conceda o ben dela, se lle prouguer, ou, se non me quixer dar isto, a miña morte me dea para me librar de gran coita.
(II) E, se El non me quere dar isto que agora lle pido, rogareille así: que lle poida querer como ela me quere a min, pois iso pódeme protexer da moi gran coita de amor que eu teño; e, se Noso Señor non me der isto, por que me fixo amar tal señora?
(III) Ben o sei eu: fíxomo por se vingar de min, por iso e non por outra cousa; se nalgún momento lle causei pesar, por iso me deixa andar así desamparado e non me quere axudar ante ela: faime todo isto para me facer sufrir unha maior coita, e non me quere matar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:52)
Encontros vocálicos: 1 mi‿a; 15 -mi-‿o; 16 esto‿e
Esta cantiga transmitida polo Cancioneiro da Ajuda é atribuída a Joan Perez d’Avoin, Gonçal’Eanes do Vinhal e, tamén, a Joan Soarez Coelho.
Obsérvese a errónea división destes versos en Littera.
A variante vengar, sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (148.6, 272.6, 842.5, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17.
Este verso repítese case literalmente nunha cantiga de Joan Lopez d’Ulhoa (leixou-m’assi desemparad’andar; 310.21).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: