I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 39-40 [= LPGP 516-517]); Littera (2016: I, 631).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 40); Carter (2007 [1941]: 11-12); Marques Braga (1945: 39-40); Machado & Machado (1949: I, 155); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 83); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 70-71).
5 vos] uos A 6 vos] uos A; a veer] auer B 7 atanto] tanto A; ouv’en] o non B 8 dig’esto] diguest e A; guardar] saluar B 10 nen] nō B 11 gãar] gaar B 13 vosc’, e] uosq̄ e A 15 negar] negʷr B 16 cuita que ei] coyta q̄rei B 18 adevinnar] a deuīar B 19 d’om’e’n a] domē na B 20 van] nā B 21 Deu-los] d’s los B; ende] end A 22 E Deu-los] E os B 24 u vos vi ir] u uos uj ír A : ouuꝯ uir B 25 convosco, e] ꝯuosq̄ B
5 vos] vus Michaëlis 6-7 cuidei: vos, senhor, a veer. / Tanto ben ouv’ eu en cuidar Michaëlis 7 ouv’en] houve em Littera 9 d’ũa] d’ua Littera; vos] vus Michaëlis 15 dé] dê Michaëlis, Littera 16 cuita] coita Littera 19 d’om’e’n a] d’om’e’n’a Michaëlis, d’hom’, ena Littera 21 ende] end[e] Michaëlis 24 vos] vos Michaëlis 25 convosco] con vusco Michaëlis
(I) Non me podo eu, señora, exculpar de que non desexei recibir de vós moito ben; mais xustificareime polo feito de que non pensei conseguir (do ben) máis do que vos quero dicir: pensei en vos ver, señora –tanto ben tiven ao pensar.
(II) E digo isto por me precaver dunha cousa que vos direi: nin pensedes, miña señora, que eu pensei conseguir de vós outra cousa, alén de poder vivir na terra convosco, e Deus me deixe ter a posibilidade de sempre alí estar.
(III) E déame a capacidade para negar sempre a moi gran coita que teño por vós ás xentes que sei que se empeñan en adiviñar e coñecer os asuntos privados de un; e os que isto van facer, Deus os deixe por iso encontrar mal.
(IV) E Deus os deixe así ficar como eu, señora, sen vós fiquei cando vos vin ir e non ousei ir convosco, e de pesar por iso houbera de morrer, tan doloroso me foi soportar o ter que me afastar de vós!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:254)
Obsérvese a confusión aver / veer en B: en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
Estes versos presentan en Michaëlis unha puntuación certamente anómala e desaxeitada para o contido da estrofa, xunto cunha emenda desnecesaria: atanto de B corrixe a hipometría derivada do tanto de A, do mesmo xeito que en 430.6, onde, face á lección <tan> de B aparece a correcta forma <atan> en A, e en 431.9 é A o manuscrito que ofrece atanto (vs. tanto B). En calquera caso, ambas formas tanto ~ atanto conviven no corpus, igual que tal ~ atal (véxase nota a 10.4 e 6).
Neste verso prodúcese unha crase múltipla que pode escurecer o sentido: ‘punnan en adevinnar / fazenda de ome e en a saber (a fazenda)’. Unha crase similar pode verse nas Cantigas de Santa Maria:
o fol chamou ao outr’, e ‘n ge͂ollo[s] fitos
ve͂o ant’a Virgen muit’envergonnado (CSM 65.162)
En calquera caso, a crase da preposición en ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A grafía das asimilacións nos encontros <s-l> en que intervén o pronome identificador é vacilante entre unha representación gráfico-fonética -l- e a manutención dos elementos consonánticos iniciais do encontro. Porén, achamos diverxencia nos manuscritos, onde se detecta a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poi-la vir B (136.19), pois-la vi A vs. poi-la vi B (174.18, 275bis.8), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder A vs. mai-lo poder BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leixe B (199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: