1461 [= RM 127,6]
Moir’eu aqui da peior fam’

Moir’eu aqui da peior fam’,
e dizen ca moiro d’amor,
e averia gran sabor
de comer se tevesse pan;
e, amigos, direi-vos al:
moir’eu do que en Portugal
morreu Don Ponço de Baian.
E quantos m’est’a mí dit’an,
que non posso comer d’amor,
dé-lhis Deus [a]tan gran sabor
com’end’eu ei, e ve[e]rán
que á gran coita de comer
quen dinheiros non pod’aver
de que o compr’, e non lho dan.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscrits


B 1441bis (f. 299v, col. b), V 1052 (f. 171r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 577 [= LPGP 851]); Lopes (2002: 422); Littera (2016: II, 391).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 365); Braga (1878: 200); Nunes (1919: II, 324-325); Machado & Machado (1958: VI, 141); Camargo et alii (1985: 58).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 198); Tavares & Miranda (1987: 294); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 209); Diogo (1998: 143); Arias Freixedo (2003; 776-777); Magalhães (2007: 136).

Variants manuscrites


1-2 da peior fam’ / e dizen] da de soryā / E dizen B : da de soryā / e dizen V   4 tevesse] Tenesse B   7 morreu ... Ponço] Moyreu ... ponco B   8 quantos] quantus V; dit’an] dicā B   12 á] e a BV

Variants editorials


1 Moir’eu aqui da peior fam’ / e dizen] Moir’eu aqui de grand’afan / e dizen Lapa : Moir’eu aqui de dessoriam / e dizem Lopes : Moir’eu aqui d’adessoriam / e dizem Littera   8 dit’an] dirám Lopes   10 dé] dê Lopes, Littera; [a]tan] tan Lapa

Paràfrasi


(I) Morro eu aquí da peor fame, e din que morro de amor, e sentiría un gran pracer de comer se tivese pan; e, amigos, direivos outra cousa: morro eu do que en Portugal morreu Don Ponço de Baian.
(II) E todos cantos a min me dixeron isto, que de amor non podo comer, déalles Deus un desexo diso tan grande como o que eu teño, e verán que sofre unha gran coita por comer quen non pode ter diñeiro con que compre alimento e non llo dan.

Mètrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:276)

Notes


Text
  • 1

    O incipit da cantiga constitúe un dos máis importantes loci critici das cantigas profanas, que historicamente foi abordado de diferentes maneiras polos editores do cancioneiro escarniño, sen que, até agora, exista solución convincente para interpretar correctamente a secuencia <da de soryā> de BV.

    Historicamente, as propostas editoriais foron diversas, mais non satisfactorias:

    a) Braga fixa o verso como Moir’eu aqui da de Soryã (opción que non esclarece).

    b) A edición de Nunes opta por una lectura conxectural: Moyr’ eu aqui de consunçam. En calquera caso, -çan é solución portuguesa posterior a -çon no camiño da confluencia en -ção.

    c) Machado, a partir de dessorar ‘converter en soro, tirar a substancia, augar’, edita Moyr eu aqui da desoryã, considerando dessoryã como sinónimo de fraqueza.

    d) Manuel Rodrigues Lapa, consciente das dificultades das propostas anteriores, optou directamente por unha emenda ope ingenium, que encaixa na pasaxe mais non responde á lección dos manuscritos: Moir’eu aqui de grand’afan. (tamén suxire: Moir’eu aqui de fam’, a pran).

    e) A seguinte editora das cantigas satíricas, Graça Videira Lopes, propuxo dessoriam («será “de fraqueza, de esvaimento”»). E Littera, finalmente, leu o verso como Moir’eu aqui d’adessoriam, coa seguinte xustificación: «O verso tem levantado grandes problemas de leitura. Lapa afasta-se totalmente dos manuscritos e edita de grand’afan, (uma leitura que, como diz, não o satisfaz). Machado, por sua vez, tinha lido da desoryã, entendendo a expressão como a substantivação do verbo dessorar (enfraquecer, debilitar). Embora este eventual substantivo seja aparentemente desconhecido, como anota Lapa (as formas atuais são "dessoramento" ou "dessorção"), não podemos deixar de considerar que o seu sentido se adequa perfeitamente bem ao contexto, motivo que nos leva a optar pela manutenção da lição dos manuscritos. Note-se ainda que em provençal existe o verbo saurrar, sorrar, encher a barriga, com o seu antónimo dessaurar, dessorar. A leitura proposta é, de qualquer forma, meramente conjetural».

        A proposta (ope ingenium) que formulamos parte da probabilidade da presenza do substantivo fame, que pola estrutura do verso só podería aparecer no final do íncipit en crase co verso seguinte, tal como acontece moi esporadicamente no corpus (véxase, por exemplo, UC 1431.12). A partir desa hipotética palabra rimante, acollemos o adxectivo peior a partir do material paleográfico (<desor>), con dous erros na transmisión; en primeiro lugar, <d>/<p>, tal como en, por exemplo, 230.4 (pode <dode> B), 1631.21 (pobr’e <tabre> B, <dabre> V) ou 1681.20 (P[er]’Ordonhiz <dardonhiz> V); e o erro <s>/<i~y>, que se pode ver en 28.5 (coitas <costas> B), 1322.18 (juiz <suiz> B, <uiiz> V), 1669.14 (ja <sa> B, <ia> V)... O elemento rimante, por súa parte, procedería de <yā> (= fam’), co erro <y>/<f> que podemos ver en V en 1171.3 (for ~ ffor <for̄> B, <fior> V) ou 1460.11 (faz <iaz> BV).

  • 7

    Ponço  Afonso de Baian, pertencente a unha importante liñaxe do reino portugués, foi tío do trobador Afonso Lopez de Baian. Rico-home nas cortes de Sancho I, Afonso II e Sancho II, exerceu diversas tenencias entre 1202 e 1235. Casou e tivo descendencia con Maior Martins de Riba de Vizela, que fora barregá de D. Afonso II e que algúns identificaron coa abadesa homónima do mosteiro de Arouca, escenario da sátira de Afonso Lopez de Baian (UC 1490). Véxase Projeto Littera, s.v. Ponço Afonso de Baião, e Marcenaro & González (2024: s.v. Ponço de Baian, Don). Pola súa parte, Luís Miguel Rêpas (2021: II, vol. 1, 519-520) sinala a posíbel homonimia entre a muller de Ponço e unha irmá súa, esta si, a abadesa de Arouca entre 1244 e 1285, xa que antes do falecemento de Ponço Afonso de Baian por volta de 1235-1237, unha Maior Martins Riba de Vizela xa aparece documentada como freira de Arouca, sendo o máis probábel que fose esta última a que accedese ao cargo abacial e non a viúva do personaxe aquí mencionado.
    Os Livros de Linhagens falan de Ponço de Baian, mais non informan da causa da súa morte: 

    E dona Maior Martins, filha de dom Martim Fernandes de Riba de Vizela, casou com dom Ponço Afonso de Baiam, e fez em ela dom Pero Ponço e dona Estevainha Ponço e dona Maria Ponço e dona Sancha Ponço (...). E Sancha Rodrigues foi casada com dom Pero Ponço de Baiam, e nom houve i sémel (Piel & Mattoso 1980: I, 96, 106).

    En todo o caso, o máis probábel é que a causa da morte de Ponço de Baian non fose a fame, difícil nun magnate influente e opulento en palabras de Carolina Michaëlis de Vasconcelos, senón o exceso de comida, como suxire a ilustre investigadora (1990: II, 397-400). Daquela, e máis aló do posíbel xogo satírico entre a morte por exceso ou por falta de comida, o sentido podería apuntar ao tópico da mesquindade dos ricos-homes, frecuente nas cantigas de escarnio, sen deixar de lado outras posíbeis interpretacións arredor do contexto político relativo á guerra civil entre os partidarios de Sancho II –de que formaría parte o trobador Pero Gomez Barroso– e Afonso III de Portugal –apoiado por Afonso Lopez de Baian, sobriño de Ponço Afonso de Baian.

  • 8

    A grafía -us de V (<quantus>) aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 10

    A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada. Cfr. nota a 83.6-7.

  • 12

    A métrica, a sintaxe e o sentido esixen a expunción da aparente copulativa e que, sen dubida, constitúe unha presenza subrepticia no verso. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat