I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 207); Blasco (1984: 151 [= LPGP 820]); Marcenaro (2012b: 237); Littera (2016: II, 354).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 89); Carter (2007 [1941]: 59-60); Marques Braga (1945: 190); Machado & Machado (1949: I, 336); Fernández Pousa (1953: 18); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 192).
III. Antoloxías: Mongelli (2009: 13).
1 coid’eu] cuideu B 3 lle] lhi B; vir] om. B 6 lle] lhi B; coido] cuido B 7-8 fremoso parecer, / que me] om. B 8 coido escaecer] cuidescaecer B 9 lle] lhi B 10 coid’ante que lle] cuydante q̄lhi B 11-12 coitada-/-mente] coytada / ment’ B 13 coido] coi(ta)do A : cuido B 16 lle coid’a dizer, e dig’al] lhi cuida diz’ edigual B
1 coid’] cuid’ Littera 6 coido] cuido Littera 8 coido] coid(o) Michaëlis : cuido Littera 10 coid’] cuid’ Littera 12 viv[o]] viv’ Blasco, Littera 13 coido] cuido Littera 16 coid’] cuid’ Littera
(I) Máis de mil veces penso eu ao longo do día, cando non podo ver a miña señora, que verdadeiramente lle direi, se a vir, a coita moi grande que me fai sufrir; e, unha vez que a vexo, vede o que me acontece: non lle digo nada do que penso ante a súa fermosura, que me fai esquecer todo canto penso, (II) porque, unha vez que a vexo, non lle digo cousa ningunha de todo o que antes penso que lle hei dicir cando non a teño diante, e, por Deus, moi coitadamente vivo, e, por Deus, que farei? Porque, despois de a ver, penso sempre no seu rostro fermoso e non lembro nada, porque todo o que lle penso dicir me esquece, e dígolle outra cousa.
Esquema métrico: 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10b 10b (I [= RM 102:1]) + 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10d 10d (II [= RM 107:2])
Encontro vocálico: 5 mi‿aven
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición, con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca (isoladas decote na maioría das edicións), véxase nota á cantiga 15.
A segmentación do adverbio, que volve aparecer en 37.18-19, representa o terceiro nivel de tmese versal (véxase nota a 14.25-26, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4), proceso frecuente nas Cantigas de Santa Maria: así, por exemplo, en CSM 195: fera- / mente (vv. 24-25), vergonnosa- / mente (vv. 51-52), enganosa- / mente (vv. 154-155), mederosa- / Ment’... (vv. 157-158), apressurosa- / mente (vv. 187-188).
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: