1419 [= RM 75,8 (= 79,29)]
Joan Soarez, comecei

– Joan Soarez, comecei
de fazer ora un cantar,
vedes por que: porque achei
boa razon pera trobar,
ca vej’aqui un jograron
que nunca pode dizer son
nen o ar pode citolar.
– Joan Perez, eu vos direi
por que o faz, a meu cuidar:
porque beve muit’, e o sei,
e com’e fod’e pois falar
non pode; por esta razon
canta el mal, mais atal don
ben dev’el de vós a levar.
– Joan Soarez, responder
non mi sabedes desto ben:
non canta el mal por bever,
sabede, mais por ũa ren:
porque, des quando começou
a cantar, sempre mal cantou
e cantará mentre viver.
– Joan Perez, por mal dizer
vos foi esso dizer alguen,
ca pelo vinh’e per foder
perd’el o cantar e o sén;
mais ben sei eu que o mizcrou
alguen convosc’e lhi buscou
mal, pois vos esso fez creer.
– Joan Coelho, el vos peitou
noutro dia quando chegou,
pois ides del tal ben dizer.
– Joan Perez, ja-u vos dou
quanto mi deu e mi mandou
e quanto mi á des [i] meter.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manoscritti


V 1009 (f. 162r, col. b, 162v, col. a)
[Tenzón]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 340-341 [= LPGP 490-491]); Lopes (2002: 230-231); Littera (2016: I, 576-577).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 347-348); Braga (1878: 191); Machado & Machado (1960: VII, 102-103).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 148-149); Tavares & Miranda (1987: 198-199); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 40-41).

Varianti manoscritte


8 eu] en V   19 começou] comezou V   32 ja-u] cau V

Varianti editoriali


1 Soarez] Soares Littera   8 Perez] Peres Littera   10 e o sei] e[u] [o] sei Lapa : [est’] eu sei Lopes, Littera   11 com’e fod’e] come fode Lapa, Lopes, Littera   15 Soarez] Soares Littera   18 sabede] sabedes Lapa, Lopes   22 Perez] Peres Littera; mal dizer] maldizer Littera   26 mizcrou] miscrou Littera   32 Perez] Peres Littera; ja-u] já [e]u Lapa : ja [eu] Lopes, Littera   34 des [i] meter] de remeter Lapa, Lopes, Littera

Parafrasi


(I) −Joán Soárez, comecei agora a facer un cantar, vede por que: porque achei un bo motivo para trobar, pois vexo aquí un xograrón que nunca pode cantar unha melodía nin tampouco a pode interpretar na cítola.
(II) −Joán Pérez, eu vos direi por que o fai, na miña opinión: porque bebe moito, seino ben, e come e fode e despois non pode falar; e por esta razón canta el mal, mais un pagamento equivalente debe el levar de vós.
(III) −Joán Soárez, non me sabedes responder ben a isto: el non canta mal por beber, sabédeo, senón por unha cousa: porque desde que comezou a cantar, sempre cantou mal e cantará mentres viva.
(IV) −Joán Pérez, por maledicencia vos foi alguén dicir iso, pois polo viño e por foder perdeu el o cantar e o siso; mais ben entendo que alguén o quixo pór a mal convosco e lle buscou o mal, porque vos fixo crer iso.
(1) −Joán Coelho, el pagouvos o outro día cando chegou, pois falades tan ben del.
(2) −Joán Pérez, en calquera momento vos dou canto me deu e me mandou e canto despois me há de dar.

Metrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (I-II [= RM 101:43]) + 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (III-IV [= RM 100:46]) + 2 x 8c 8c 8a

Encontros vocálicos: 29 Coelho,el; 34 miá

Note


Testo
  • *

    Nesta composición, a perda do cantar do jograron é atribuída á comida (v. 11), á bebida (vv. 11, 24) e ao foder (vv. 11, 24), en liña con UC 1395, de Pero Garcia Burgales, que presenta Fernand’Escalho que ficou sen voz tamén pola actividade sexual.

  • 5

    A voz jograron (tamén en 1384.11) presenta o sufixo aumentativo -on, que recolle tamén valores despectivos, como se pode comprobar noutras formacións similares, como clerigon (1395.19) ou escudeiron (1395.19).

  • 10

    Ao longo do corpus trobadoresco profano aparece con frecuencia a frase formularia de tipo aseverativo e o sei, variación da máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal) que aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares: sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc. É por isto que non é necesaria a emenda e[u] o sei realizada en todas as precedentes edicións, xa que a presenza de e o sei está garantida tamén en 212.14, 235.28, 423.12, 1023.14, 1115.7 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.

  • 11

    Coidamos errada a lectura deste verso nas anteriores edicións, en que necesariamente come tería un inusual valor causal:

    e come fode, pois falar
    non pode...

    A segmentación que propomos fai moito máis natural a sintaxe, ao tempo que liga tres accións moi relacionadas nas cantigas de escarnio, e nomeadamente na cantiga 1395 de Pero Garcia Burgales:

    porque beve muit’, e o sei,
    e com’e fod’e pois falar
    non pode.

    Precisamente, a antecitada cantiga de Pero Garcia Burgales, está construída por volta da perda da voz por causa do foder:

    ouve sabor de foder, e fodeu,
    e perdeu todo o cantar por én (1395.6-7).

    Con relación a este verbo (do lat. futuere), voz escatolóxica tamén presente no v. 24, tal como outros termos pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pertencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), A. Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).

    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e dizam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 26

    En xeral, mizcrar (de mĭsculāre, relacionado co lat. cl. mĭscēre ‘mesturar’) é usado co valor de ‘intrigar, malquistar’ (148.24, 1043.2, 1423.9); concorre con mezcrar (216.21) e mais con miscrar (938.1, 1597.9). As dúas primeiras formas presentan africada sonora implosiva, de modo similar a mezquinho (370.3, 1672.17), que tamén concorre no corpus profano con mesquinho (1597.11) e misquinho (1440.7).

  • 29

    Peitar ‘pagar (un tributo)’ é verbo derivado de *pactāre, derivado de pactum.

  • 32

    Neste verso consideramos a existencia (reiterada) do erro <c>/<i~j> en <cau>, de modo que se pode fixar sen problemas ecdóticos a locución adverbial ja-u. Neste sentido véxanse, entre outros, os seguintes erros de copia no relativo ao adverbio ja <ca> en 12.8 (B), 854.6 (BV), 1447.16 (V), 1422.8 (V), 1596.17 (BV), 1620.5 (BV). Así, de igual modo que quando concorre na lingua medieval coa forma u, de teor máis arcaico, as formacións adverbiais con ja tamén conviven no corpus, de modo que se rexistra ja-quando en 1012.18 e 1240.12, a caron de ja-u, que volve aparecer reiteradamente na cantiga 1504 (vv. 1, r2, 6). Cfr. notas a 33.14 e 347.9.

  • 34

    Foi Lapa quen propuxo a conxectura remeter como lectura de <des meter>, aínda advertindo de que habería que documentar o valor de ‘enviar’ para este verbo (lémbrese que remeter significa ‘acometer ou botarse con ímpeto; facer correr, esporear’; cfr. arremeter). Efectivamente, todas as documentacións deste valor para o verbo remeter ~ remitir no Corpus Galego-Português Antigo remiten a datas tardías, fundamentalmente no século XV.
    Na realidade, a partir de <des meter> semella moito máis acaída a lectura des [i] meter, con fácil omisión de <i> perante <m>, pois o contexto semántico facilita a presenza do verbo meter ‘colocar, pór, dar’, mesmo co valor de ‘enviar’ que mittere presenta en latín:

    –Joan Perez, ja-u vos dou
    quanto mi deu e mi mandou
    e quanto mi á des [i] meter.

Cerca
    Nessun risultato trovato