I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 361-362 [= LPGP 537-538]); Lopes (2002: 250); Littera (2016: I, 623); Correia (2016: 84-85).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 354); Braga (1878: 194); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 43-44); Machado & Machado (1960: VII, 122); Ceschin (1980: 314).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 393-394); Oliveira & Machado (1959: 142-143); Fonseca (1971: 38); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 173); Arias Freixedo (2003: 549-550).
6 tever] deuer V 7 infançoas] infanzoas V 9 coteifas] coitessas V 11 non] enō V 14 pessõas] possoās V 21 preitos] p̄ytus V 22 trobar] troubar V
2 enfenger [de] que dava sas doas] enfenger que dava [de] sas doas Lapa, Lopes : enfenger que dava [i] sas doas Littera : enfenger que dava sas doas Correia 6 tever] dever Lapa, Lopes, Littera 10 o meirinho] un meirinho Lapa : o meirĩo Correia 11 non] e non Lapa, Correia : e nom Lopes, Littera 12 nen un] nenhun Correia : nẽum Littera 18 e ten] o ten Lapa 21 andarán] andaran Lapa 24 ũu] un Lapa, Correia : um Lopes, Littera
(I) Joan Garcia de tal maneira se gabou e presumiu de que daba prendas e de que trobaba por damas moi boas; e ouvín ao meiriño queixarse por iso e dicir que, se Deus quixer, fará que quen non teña coñecemento de trobar non trobe por damas da alta nobreza nin por fidalgas.
(II) E o outro día ouvín unhas damas plebeas e outras de baixa condición queixárense por iso, e díxolles o meiriño: «Señoras, non vos queixedes, porque, se eu volto, farei que ningún trobador trobe agás no rango social a que pertenza, nin trobe por persoas de máis alta condición», (III) porque o rei, que está moi incomodado por iso, manda que troben os mellores trobadores polas señoras de máis alta e de mellor condición, e considera que iso é o razoábel e de proveito; e o cabaleiro de baixa condición que for trobador trobe, mais que chame «señora» a unha muller de condición (tamén) baixa, e desa maneira axustaranse os casos ao dereito.
(1) E o plebeo que souber trobar, que trobe e chame «señora» á súa muller, e terá cada un o que lle corresponde por dereito.
Esquema métrico: 10a 10’b 10’b 10a 10c 10c 10’b (I-II [= RM 163:19]) + 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (III [= RM 161:198]) + 10d 10d 10’a
Encontros vocálicos: 13 trobe‿en; 24 cada‿ũ͜u
Nesta cantiga, Joan Soarez Coelho interpela a Joan Garcia de Guilhade arredor da condición social da senhor e da calidade do trobar (véxase Correia 2016: 171-179). A composición forma parte da polémica poética coñecida como «ciclo das amas», orixinada pola cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (véxase UC 274).
Por outra parte, esta cantiga, igual que UC 213, 270, 926 ou 960, entre outras, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas I e II (con ligazón causal nas estrofas II-III) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.
Joan Garcia é o trobador Joan Garcia de Guilhade, que interpela a Lourenço na cantiga 1520.
A segunda conxugación no verbo enfenger é minoritaria no corpus (véxase tamén 768.5, 1030.3), xa que predomina a forma correspondente á terceira conxugación (enfingir) ou, mesmo a variante enfinger. Por outra parte, a ausencia de unha sílaba mérica esixe de, rexencia preposicional frecuente neste verbo (cfr. dava [de / i] sas doas en Lapa, Lopes e Littera).
A edición lapiana estabelece un texto rimaticamente anómalo (ɛr : er) que, non obstante, é seguido en Lopes e Littera. Ângela Correia, consciente do problema rimático, propón como solución a emenda dever > tever: «Tudo, excepto o manuscrito, aponta para um erro na leitura desta palavra: o infinitivo deste verbo é raro na lírica profana e mais ainda em posição de rima; a vogal é fechada, e não aberta como aqui deveria ser para rimar con «quiser». Sobretudo nesta cantiga, creio improvável que o trovador cometesse erro tão grosseiro. A possibilidade de a forma verbal poder ter vogal aberta parece-me francamente remota, já que não encontrei nenhum outro caso. (...) A lição «dever» deverá ter tido origem numa má leitura da forma verbal «tever».
Con efecto, a emenda da editora lisboeta semella a mellor opción ecdótica nunha pasaxe que é agramatical tal como foi transmitido coa lección <deuer>. Deste modo, con esta emenda trobar será o CD de tever (‘quen non tiver capacidade de trobar non debe trobar por ricas donas nin infanzoas’)1
:
e oi end’ o meirinho queixar
e dizer que fará, se Deus quiser,
que non trobe quen trobar non tever
por ricas donas nen por infançoas.
O substantivo ricas-donas é perfectamente paralelo a ricos-ome(n)s, embora non sexa posíbel unha crase similar á producida na forma masculina no singular, onde é maioritaria a solución ricome(n) en relación a rico (h)ome(n), forma esporádica na litaratura cronística (vexase CGPA, s.v.). Fronte ao masculino ricome, a forma feminina ten pouca presenza na lingua medieval, pois no Corpus Galego-Portugués Antigo só presenta outros cinco rexistros (editados sen ligazón gráfica):
peden aas ricas donas de suas dõas enton,
que possan en suas vodas mais ricas apparecer (CSM 212.13),ca tódaslas rreýnas et rricas donas et donzelas preçadas et de grã guisa andauã y cantando (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo)
e outrossi sua molher acompanhada de muitas ricas donas e donzelas de grande guisa (...) acompanhada de muitos e nobres fidalgos e de muitas ricas donas e donzellas (...) ca eram hy con a raynha dona Biringuella todallas ricas donas e molheres filhas d’algo (Crónica Geral d’Espanha de 1344, ed. Cintra).
Non achamos ningunha outra ocorrencia do feminino coteifa (tamén nos vv. 19-20), en face de coteife, atestado nas cantigas, nomeadamente nalgunhas de Afonso X (véxase UC/Glosario, s.v.). Véxase nota ao v. 19.
E o mesmo ocorre con cochõa (‘muller de baixa condición social’), feminino de cochon, probábel galicismo (371.10, 489.31, 778.12, 1575.27), aínda que podería ser formación autóctona a partir de cocho, tal como suxire a formación feminina.
A voz varõa responde á flexión feminina de varon, tal como cochon / cochõa, tendo como significado, como é obvio, de ‘muller, dona’. Atéstase, tamén, nas Cantigas de Santa Maria: Tornar-me quero, e leixade-m’yr, varõa (CSM 55.73).
A métrica (pola imposibilidade da sinalefa coa condicional se) e o carácter expletivo da copulativa indican a súa presenza espuria no verso, e moi especialmente no inicio, onde é especialmente frecuente a necesidade da súa expunción, conforme se pode comprobar en diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13-16); é case exclusivamente utilizada por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11 e 489, vv. 6, 7, 13, 19, 25, 31), para alén de Juião Bolseiro (371.24) e Roi Queimado (1404.24). Cfr. o feminino coteifa no v. 9.
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<p̃ytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
A opción editorial dev’er, proposta en Ferreiro (2021a: 281-283) resulta anómala no que di respecto á posposición de er.