1385 [= RM 97,12]
Joan Fernandiz, un mour’ést’aqui

Esta outra cantiga fez d’escarnho a un que dizian Joan Fernandiz, e semelhava mouro e jogavan-lh’ende; e diss’assi:

Joan Fernandiz, un mour’ést’aqui
fugid’, e dizen que vó-lo avedes;
e fazed’ora [a]tanto por mí,
se Deus vos valha: que o mooredes,
ca vo-lo iran da pousada filhar,
e, se vós virdes no mouro travar,
sei eu de vós que vos assanharedes.
Levad’o mour’e ide-vos d’aqui,
poi-l’a seu don’entregar non queredes,
e jurarei eu que vo-lo non vi
en tal que vós con o mour’escapedes,
ca ei pavor d’iren vosco travar;
e quero-m’ant’eu por vós pejurar
ca vós por mouro mao pelejedes.
Siquer meaçan-vos agor’aqui
por este mouro que vosco tragedes,
e juran que, se vos achan assi
mour’ascondudo com’est’ascondedes
se o quiserdes un pouc’emparar,
ca vo-lo iran so o manto cortar
de guisa que vos sempr’én doeredes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 1367 (f. 292r, cols. a-b), V 975 (f. 155r, col. b, 155v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicions


I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 145); Lapa (1970 [1965]: 444 [= LPGP 646]); Lagares (2000: 163 [rúbrica]); Lopes (2002: 318); Littera (2016: II, 143); Arias Freixedo (2017: 262).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 333-334); Braga (1878: 183); Machado & Machado (1958: VI, 101-102); Callón (2017: II, 83).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 148-149); Diogo (1998: 60).

Variants manuscrites


14 mouro] moutro V   15 meaçan] meacā B   16 tragedes] traedes V

Variants editorials


Rúbrica: Fernandiz] Fernández Lopes, Littera; e diss’assi] om. Lapa

Texto:
3 fazed’ora [a]tanto] fazed[e] ora tanto Bertolucci Pizzorusso   4 vos] vus Bertolucci Pizzorusso; mooredes] moveredes Bertolucci Pizzorusso : moor’ hedes Arias Freixedo   7 vos] vus Bertolucci Pizzorusso   13 pejurar] perjurar Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   15 Siquer] Si quer Lapa; vos] vus Bertolucci Pizzorusso   17 vos] vus Bertolucci Pizzorusso   21 vos] vus Bertolucci Pizzorusso

Paràfrasi


Fixo estoutra cantiga de escarnio a un que chamaban Joán Fernándiz e parecía mouro e facíanlle burla por iso.

(I) Joán Fernándiz, un mouro anda aquí fuxido e din que o tendes vós; e facede agora isto por min, así Deus vos valla: escondédeo, porque volo han ir roubar da pousada, e se vós vísedes que vos agarrasen o mouro á forza, sei eu de vós que vos enfadaredes moito.
(II) Levade o mouro e ídevos de aquí, xa que non o queredes entregar ao seu dono, e eu xurarei que non volo vin, con tal de que vós co mouro escapedes, pois temo moito que vos vaian atacar; e antes prefiro cometer perxuro por vós a que por un mal mouro vós pelexedes.
(III) Mesmo vos ameazan agora aquí por este mouro que traedes convosco, e xuran que se vos achan o mouro así escondido como escondedes este, se o quixerdes defender un pouco, volo irán mutilar por debaixo do manto, de tal xeito que sempre vos lamentaredes por iso.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10’b 10a 10’b 10c 10c 10’b (= RM 101:25)

Encontros vocálicos: 5 -loiran; 20 -loiran

Notes


Rúbrica
  • Téñase en conta que jogar, na rúbrica, significa ‘escarnecer brincando, dicir por brincadeira, facer burla’.

Text
  • *

    Joan Fernandiz é probabelmente o mesmo personaxe que aparece nas cantigas de Martin Soarez (tamén en UC 1388), Joan Soarez Coelho (UC 1422, 1423), Roi Gomez de Briteiros (UC 1562, 1563) e Afons’Eanes do Coton (UC 1627), como Joan Fernandez ou Joan Fernandes.
    Este Joan Fernandiz, un personaxe ligado ao mundo musulmán en todas as cantigas do ciclo, non foi até agora identificado con ningunha figura histórica coñecida, a pesar das suxestións do Projeto Littera (s.v. João Fernandes). Véxase tamén Marcenaro & González (2024, s.v. Johan Fernandez2).

  • 1

    Nótese como Joan Fernandiz presenta nesta cantiga o resultado -iz que convive con -ez a partir do sufixo patronímico -ĭcī (Vaasquiz ~ Vaasquez), conforme actuase ou non a metafonía por final (> -iz / -ez), para alén de aparecer, outrosí, mostras do proceso de neutralización e mudanza da africada [dz] en prol da fricativa [z], posteriormente enxordecida, nos resultados Fernandes (véxase nota a 1388.1).

  • 2

    O participio fugido, de fugir, indica un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) da forma, aínda maioritaria, fogir (< fŭgĕre), que sofreu un proceso que se verifica noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

  • 3

    A contigüidade paleográfica explica a probábel ausencia de a- en atanto, variante de tanto na lingua trobadoresca, tal como tan ~ atan, quanto ~ aquanto. Os propios manuscritos presentan, por veces, vacilación na copia destas formas foneticamente reforzadas: atanto de B corrixe a hipometría derivada do tanto de A en 83.7, do mesmo xeito que en 430.6, onde face á lección <tan> de B aparece a correcta forma <atan> en A, e en 431.9 é A o manuscrito que ofrece atanto (vs. tanto B).

  • 4

    A indubitábel lección <mooredes> foi incomprendida polos anteriores editores, que emendan o texto (cfr. moveredes en Bertolucci Pizzorusso) ou interpretan erradamente o seu significado: Lapa explica que «moorar ou amoorar significava “andar fugido, desterrado”. Aqui, pois, mooredes tem o sentido de: “afasteis da casa, expulseis”».
    Por súa parte, Lopes atribúelle (correctamente) o sentido de ‘ocultar’ declarando que tira o inexistente significado dunha forma e/ou valor en galego (amorar como sinónimo de namorar semella invento lexicográfico, e probabelmente o amorar ‘ocultar’ que nace no dicionario de Carré Alvarellos sexa inducido por esta cantiga): «não sei se o equívoco é com o outro significado do verbo em galego, “namorar”, ou com o cast. “amorrar”, baixar a cabeça»).
    Finalmente, Littera parece retornar ao sentido lapiano, pois fala de que significa ‘levar’ (a partir de amorar ‘expulsar, sair da casa’), embora complete a explicación coa pretensa relación co cast. amorrar ‘baixar a cabeça’ (consult.: 19-5-2020). 
    Non obstante, (a)moorar significa ‘esconder’, tal como se desprende da súa aparición en diversos textos medievais: 

    E que llevando o çertos homeens a que ffora entregue lhes fogira e sse lançara em huã igreja ssem britando nem levando alguã prisam e se amoorara por ell con temor que avia das nossas justiças o prenderem por ello (Gomes 2002: 245, doc. de 1439). 

    Ao almirante Lançarote Peçanho mandava cortar a cabeça: e pero os do seu conselho trabalhassem muito por o livrar de sua sanha, nunca o poderom com elle postar, em tanto que o almirante fogio, e foi amoorado, e partio delle per longos tempos: perdidas suas contias e todo seu bem fazer e officio (Fernão Lopes, Crónica de D. Pedro I; cfr. CGPA, ed. D. Peres).

    mas Galaaz, que o preçava muito e sa cavalaria, leixou-se correr a todos por livrar a ele e meteu mão aa espada da estranha cinta e [come]çou a dar tam grandes golpes que derribava e fazia dano per u ia, tam fero que nom havia i tam ardido que se nom espantasse das maravilhas que lhe viam fazer. Ca, sem falha, nom alcançava cavaleiro, já tam bem armado nom era, que o nom metesse em terra, ou morto ou chagado a morte ou tolheito, e todos se amooravam dante el dês que o conhecerom ũũ pouco, ca a de leve nom houve cavaleiro no campo que em pouca d’hora nom visse que fazia as maiores maravilhas d’armas que nunca forom feitas no regno de Logres (A Demanda do Santo Graal; cfr. CGPA, ed. I. Freire Nunes).

  • 13

    Nesta cantiga, xunto con 1251.4, rexístrase a variante pejurar (emendada por todos os editores, aínda que Cohen recoñece que «peiurare is a common form of the Latin verb»), que convive coa forma maioritaria perjurar no corpus das cantigas (véxase Ferreiro 2023b: 22-24). Nesta variante produciuse unha evolución [ɾʒ] > [ʒ] que tamén se detecta noutras obras medievais (véxase CGPA, s.v. pejurar, peiurar). Así acontece na Crónica Troiana

    porque sodes dizidor et porque fezestes per uosas trayções por que nós senpre seremos desditos et pusfaçados por desleaes et por traedores et por falsos et peiurado (...) Et eles así o fezerõ, ca todos pasarõ per alí et guardaron moy bẽ seu juramento, ca os traedores Antenor et Eneas falarõ cõ eles, en guisa que se nõ peiurarõ en cousa que fezesem (cfr. CGPA, ed. R. Lorenzo).

    E tamén na Historia Troiana

    Et diso: “prendeu Ércoles as amenas de Troia pejuradas dúas vezes” (...) Todas estas cousas lle outorgou Jaasón, e jurouo todo asi conplidamente como o ela demandou. Mais depois se pejurou, ca lle non te[vo] nengũa cousa de quanto lle jurou (Pichel Gotérrez 2013: 1.393, 1.472).

    Alén da prosa literaria, achamos pejuro/a tamén na documentación tabeliónica, sempre en documentos serodios: 

    et se por ventura o quisese faser, o que Deus non queira, que me non valla nen seia oyda sobrello en juiso nen fora del, et de mays que eu fique pejura, et esta carta fique firme et valiosa et cunprase en todo (doc. de 1378, ed. Graña Cid); 

    et se o feser, que me non valla nen seia sobrello oyda et fique por ello pejura (doc. de 1381, ed. Graña Cid); 

    et juro a Deus e a bõã fe que nunca vãã nen pase contra esta dita doaçón e esmolna nen a revoque per min nen per outro en juyzo nen fora del en tempo nihún, e queréndoo fazer que me non valla e que seja por ello enfame e fe pejuro (doc. de 1404; ed. Fernández de Viana).

    et se o feser ou tentar faser, que non balla et que fique fe pejuro et de que peyte a bos ou a aquel que suceder en boso lugar et a Santa Sede Apostolica Romana dous mill marauedis de boa moneda, de por medeo (doc. de 1451, ed. Novo Cazón).

  • 17-20

    Nótese que a conxunción completiva que se reitera, após unha frase parentética, no v. 20 coa variante ca, tal como acontece noutras pasaxes do corpus (véxase 331.12, 1004.10-11 ou 1214.8-9): 

    e juran que, se vos achan assi
    mour’ascondudo com’est’ascondedes
    se o quiserdes un pouc’emparar,
    ca vo-lo iran so o manto cortar
    de guisa que vos sempr’én doeredes.

  • 20

    Como indica Bertolucci Pizzorusso na edición de Martin Soarez, cortar ten o valor de ‘castrar, capar’, que o verbo tamén presentaba en castelán (véxase Corominas & Pascual 1981-1991, s.v. corto). Nos textos medievais, efectivamente, este verbo cortar era asociado con frecuencia ao feito de amputar os membros xenitais masculinos (véxase CGPA):

    Se tu quiseres seer quito cõplidamẽte d’este pecado, corta logo aquelo cõ que o fezeste (Miragres de Santiago, ed. Pensado).

    E como quer que o elRei muito amasse, mais que se deve aqui de dizer, posta adeparte toda bem querença, mandouho tomar em sua camara, e mandoulhe cortar aquelles menbros, que os homeens em moor preço tem (Fernão Lopes, Crónica de D. Pedro I, D. Peres).

    Ho quarto o que ten cortado alguũ mẽbro ou algũa ẽfermidade no corpo, asy como o que ten cortada a maão, ou o pee, ou os dedos da maão que non posa tomar ha ostia, ou que ten cortados os mẽbros generatiuos, sse elle os cortou ou lhos cortarom por sua culpa (...) Ho que he crastrado de todo que non ten colhõees que lhe forom cortados despois que naçeo ou que naçeo sen elles non pode casar, por quanto non pode dar o diuedo que se rrequere no matrimonio (Clemente Sánchez Vercial, Sacramental, ed. J. Barbosa Machado).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat