1422 [= RM 79,27]
Joan Fernandiz, mentr’eu vosc’ouver

Joan Fernandiz, mentr’eu vosc’ouver
aquest’amor que oj’eu convosc’ei,
nunca vos eu tal cousa negarei
qual oj’ouço pela terra dizer:
dizen que fode, quanto máis foder
pode, o vosso mouro a vossa molher.
[E] pero que foss’este mouro meu,
ja me terria eu por desleal,
Joan Fernandez, se vos negass’eu
atal cousa qual dizen que vos faz:
ladinho, como vós jazedes, jaz
con [a] vossa molher, e m’end’é mal.
E direi-vos eu quant’én vimos nós:
vimos ao vosso mouro filhar
a vossa molher, e foi-a deitar
no vosso leit’; e máis vos én direi:
[per] quant’eu do mour’aprendi e sei,
fode-a como a fodedes vós.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


V 1012 (f. 163r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 351 [= LPGP 537]); Lopes (2002: 240); Littera (2016: I, 615-616); Arias Freixedo (2017: 235).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 349); Braga (1878: 191); Machado & Machado (1960: VII, 107).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 93-94); Arias Freixedo (1993: 138); Diogo (1998: 134-135); Neves (2004: 61-62).

Variantes manuscritas


4 oj’ouço] oieu ouço V   8 ja] ca V   9 Joan] io\h/ā V   10 qual] q̄l V   14 vimos] uy ma V

Variantes editoriales


4 oj’ouço] oj’eu ouço Lapa, Arias Freixedo : hoj’eu ouço Lopes, Littera   6 pode, o] pod’o Littera   7 [E]] om. Arias Freixedo; foss’este] foss[e] este Arias Freixedo   9 Fernandez] Fernándiz Lopes, Littera, Arias Freixedo   17 [per] quant’eu do mour’aprendi] quanto[o] eu do mour’ aprendi Lapa : quant’eu do mour[o] aprendi Lopes, Littera   18 como] [tal] como Lapa

Paráfrasis


(I) Joán Fernándiz, mentres eu comparta convosco este amor que hoxe vos teño, nunca vos ocultarei unha cousa tal como a que escoito dicir por esta terra: din que, canto máis foder pode, fode o voso mouro a vosa muller.
(II) Aínda que este mouro fose meu, teríame eu por desleal, Joán Fernándiz, se vos ocultase cousa tal como a que din que vos fai: arteiro, tal como vós xacedes, xace coa vosa muller, e iso paréceme mal.
(III) E direivos todo canto vimos nós: vimos o voso mouro coller a vosa muller, e foina deitar no voso leito; e aínda vos direi máis sobre o asunto: por todo canto eu sei e percibín do mouro, fódea como a fodedes vós.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (I, III [= RM 189:10]) + 10a 10b 10a 10c 10c 10b (II)

Encontros vocálicos: 6 pode,o, mouroa

Notas


Texto
  • 1

    Joan Fernandiz é probabelmente o mesmo personaxe que aparece nas cantigas de Martin Soarez (tamén en UC 1388), Joan Soarez Coelho (UC 1422, 1423), Roi Gomez de Briteiros (UC 1562, 1563) e Afons’Eanes do Coton (UC 1627), como Joan Fernandez ou Joan Fernandes.
    Este mouro Joan Fernandiz, un personaxe ligado ao mundo musulmán en todas as cantigas do ciclo, non foi até agora identificado con ningunha figura histórica coñecida, a pesar das suxestións do Projeto Littera (s.v. João Fernandes). Véxase tamén Barbieri (1999b) e Marcenaro & González (2024, s.v. Johan Fernandez2).
    Nótese, ademais, a convivencia dos dous resultados iniciais do sufixo patronímico -ĭcī, conforme actuase ou non a metafonía por final (> -iz / -ez), que, por súa vez, aínda concorren coa forma Fernandes (véxase nota a 1388.1).

  • 4

    Talvez foi a presenza de eu nos vv. 1, 2 e 3 desta estrofa a que provocou a súa intromisión neste v. 4, hipermétrico en todas as edicións, que fai necesaria a expunción do pronome, con frecuencia espuriamente introducido no texto das cantigas; por exemplo, así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 5

    O verbo foder (do lat. futuere), voz escatolóxica reiterada no v. 18, tal como outros termos pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pertencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), A. Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).
    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e dizam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 7

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, feito que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19. Deste modo, transparece a locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 11

    En face da presente atestación de ladinho, onde o contexto leva para ‘arteiro, astuto, raposeiro’, acepción presente en ladino na lingua moderna, existen abondosas documentacións de ladinho nos textos medievais, evolución do lat. latīnum, sempre aplicado aos xudeus hispánicos. Véxase este uso na tradución da Confessio Amantis

    Mas, se tu quiseres saber dos ladinhos que em esta nossa comarca forom trabalhosos e virtuosos, Carmente, per seu engenho screveu as primeiras cartas em latim, de que a linguagem romãa primeiramente ouve seu começo (...) E bem assi, outros sabedores ladinhos de seu proprio studo, com gram trabalho em scollas, screverom livros per modos desvairados (Faccon 2012: 463).

  • 12

    A reintegración do artigo con vossa molher vén indicada pola súa presenza no mesmo sintagma nos vv. 6 e 15.

  • 17

    En face das varias reintegracións vocálicas das anteriores edicións, semella máis acaído restaurar a expresión formularia con per quanto + aprender, saber..., tal como se rexistra con frecuencia no corpus profano:

    De gran coita faz gran lezer
    Deus, per quant’eu entendo e sei (908.2);

                       des i, nunca m’errou
    des que meu fui, per quant’eu aprendi (1004.18);

    devian-se deste mundo a perder
    quand’el morreu, per quant’eu vi e sei (1119.25);

    E sei, Don Fernando, per quant’aprendi:
    non poderedes esta dona aver (1580.15).

Buscar
    Sin resultados