Esta outra fez a un escudeiro que era pelejador; e pero u cuidava el ferir, ferian el.
I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 135); Lapa (1970 [1965]: 439 [= LPGP 653-654]); Lagares (2000: 161 [rúbrica]); Lopes (2002: 313); Littera (2016: II, 140).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 332); Braga (1878: 182); Machado & Machado (1958: VI, 97-98).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 245).
1 remeteu] remeten B 2 punhada] ponhada B 5 errou] eirou B 6 o] om. V; outr’errar] outre irar B 8 coraçon] coracon B 10 seu] seir V 11 desonrado] desonirado B : desontrado V 12 errou] eirou B 14 britado] bricado BV
3 non a] nõn’a Lopes 6 non o] nõn’o Lopes 9 [i]] om. Bertolucci Pizzorusso 11 á] a Bertolucci Pizzorusso
Fixo esta outra (cantiga) a un escudeiro que era moi pelexador; aínda que cando cría que ía golpear, golpeábano a el.
(I) Pero Pérez abalanzouse para dar unha puñada e non a deu, mais recibiu un gran golpe na orella, porque errou a que quixo dar; mais o outro non quixo errar (o golpe) por riba da queixada.
(II) El tiña un gran desexo de ser vingado, polo seu propio puño, dun peón que o deshonrou, e non lle deu, pois errou o golpe, e Pero Pérez alí ficou co seu rostro partido.
Esquema métrico: 2 x 8a 6’b 8a 6’b 8c 8c 6’b (= RM 101:62)
Obsérvese como na construción ferian el o pronome funciona como CD sen preposición, feito sintáctico relativamente frecuente na lingua trobadoresca, que afecta ás formas tónicas oblicuas do pronome persoal.
Pero Perez é personaxe descoñecido, aínda que se ten suxerido a posibilidade de se referir a Pero Perez Bravo, tío do trobador Rodrig’Eanes Redondo (véxase o Projeto Littera, s.v. Pero Peres, ben como Marcenaro & González 2024, s.v. Pero Perez).
Só achamos o substantivo orelhada nas Cantigas de Santa Maria:
E ben cabo da orel[l]a
lle deu orellada tal
que do cravo a semella
teve sempre por sinal,
por que non fezesse mal
nen s’assi foss’escarnir (CSM 59.76).
A reintegración da conxunción e no inicio do verso está sustentada pola moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). E noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade da recuperación da copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.