I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 410 [= LPGP 634]); Fernández Graña (1994: 52); Cohen (2003: 474); Littera (2016: II, 107-108).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 290); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 353-354); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 66-67); Celeiro Álvarez (2021:101).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 72); Magalhães (2007: 107).
4 nen] rē B 5 nulha] mi lha B 11 outren] out̃ B 15 amiga] amigo BV 16 a que quisestes] (aq̄ q̄sestes) / A qui qi sestes B; gran] grã B 18 se] Sē B
(I) Hai moito tempo, meu amigo, que vós vos apartastes de min en Valongo e non me vistes máis, nin tiven eu despois pracer de cousa ningunha; mais nunca fostes tan desexado por amiga, amigo.
(II) Nin nunca unha muller que queira dicir verdade vos dirá nin vós o poderedes ouvir nunca de ninguén, se Deus quere ou se eu teño a verdade da miña parte, que nunca vistes un amigo tan desexado por unha muller.
(III) Aínda que tivestes amiga a quen amastes moito, volvede a min por iso se encontrades quen vos diga así como vos eu digo: que nunca viron amigo tan desexado por amiga.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (I [= RM 161:295]) + 8a 8b 8b 8a 7’c 7’c 8a (II [= RM 161:282]) + 7’a 8b 8b 7’a 7’c 7’c 7’a (III [= RM 161:285])
Nótese a repetición da palabra rimante no primeiro e último verso de cada estrofa (I amigo; II molher; III amiga).
Valongo probabelmente alude a un lugar dese nome da parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima tamén á igrexa de San Salvador da Lama, tamén en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: