I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 802-803); Blasco (1984: 209-210 [= LPGP 816-817]); Marcenaro (2012b: 308-309); Littera (2016: II, 363-364).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 95); Machado & Machado (1949: I, 360-361); Fernández Pousa (1953: 26-27); Rios Milhám (2018a: II, 204).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 109-110).
4 seu] sen B 14 morria] moiria B 16 én] ende B 19 a veer] auuer (e) B (21 vivia] niuya B 22 par] pa B; santa] scā B 26 cativo] can uo B 28 avia] auya dauer B
3 i] [l]hi Michaëlis, Littera 10 quan] que Michaëlis 12 fez[o]] fez Blasco, Littera 14 morria] moiria Blasco, Littera 16 én] ende Blasco, Littera 18 non: ést[e]] nen este Michaëlis : n[e]n est<e> Blasco : nen est[e] Marcenaro, Littera 20 aquesto] aquest(o) Michaëlis 22 par] por Blasco; Santa] sancta Michaëlis, Blasco 26 cativo] [ja-quanto] Michaëlis : tanto Blasco, Marcenaro, Littera; poss’] poss[o] Marcenaro
(I) Eu pensaba, cando non podía ver a moi fermosa dona (que era) a miña señora, que, se a vise, alí lle diría como hoxe eu morro polo seu amor; mais vina tan fermosa que lle non puiden dicir cousa ningunha ollando o moi fermosa que era.
(II) Isto, e non outro medo, fíxome esquecer todo o que eu quería dicir; e cando vin como belamente dicía todo o que quería dicir e mellor que todas as donas que Deus fixo nacer, alí non tiven siso nin poder para lle dicir que morría por ela.
(III) E desde que a vin o primeiro día non me precavín nin actuei con sabedoría, nin me quixo protexer Deus nin a miña loucura: é o meu corazón traidor quen me despois aconsellou vela, e por isto teño que vivir sempre en maior coita que a que antes sufría.
(IV) E, meus amigos, por Santa María, desde que a vin vaime moito peor, pois polo menos antes durmía algunha vez ou tiña gusto dalgunha cousa, que hoxe eu, infeliz, non podo ter; e todo isto me fixo ela perder e dobróuseme a coita que eu tiña!
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:32)
Encontros vocálicos: 19 mi-‿a; 20 aquesto‿ei; 24 ante‿algũa
A pausa que cerra a cláusula condicional podería anteporse ao suxeito, tal como propón Marcenaro (ca, se a viss’, eu i diria), aínda que a presenza de eu no v. 4 con moiro parece desaconsellar esta lectura. Aliás, existen no corpus contextos diversos en que i inicia período sintáctico. Véxase, só a modo de exemplo, 260.15 ou, sobre todo o íncipit da cantiga 905 (I logo, senhor, que vos vi).
Para recuperar a medida decasilábica do verso, recorremos á variante fezo, o mesmo que acontece, por exemplo, en 53.16 (por aquel Deus que vos fez[o] nacer), que ofrece unha construción moi similar. Na lingua medieval aparece a desinencia -o na P3 dos pretéritos fortes, de modo que naquelas formas en que -it final latino desapareceu é posíbel a convivencia das formas fez, quis ou pôs con fezo (tamén feze), quiso (tamén quise) ou poso (tamén pose). Os trobadores utilizan unha ou outra variante por necesidades métricas, e os manuscritos achegan datos que confirman esta variación nos usos lingüísticos, de modo que en ocasións as leccións de A e B son diverxentes. Así, face ao necesario fezo transmitido por A (ás veces produto da revisión da copia) achamos <fez> en B: 277.17 (<fez{o}> A, <fez> B), 286.2 (<fezo> A, <fez> B), 309.10 (<fezo> A, <fez> B), 404.10 (<fezo> A, <fez> B), 430.28 (<fez{o}> A, <fez B>). Porén, en 175.6 o necesario fezo transmitido por B correspóndese co <fez> de A, que torna o verso hipométrico. E aínda se achan contextos en que fronte á lección de A, con fezo, B rexistra unha variante en que, mantendo o monosilábico fez, se reescribe o texto para asegurar a isometría: Qual dona Deus fez melhor parecer / e que fezo [B: <a fez>] de quantas outras son (175.2), de rogar Deus, e fezo-me [<a d’s e fez mj> B] perder (197.30). É por isto que o recurso a fez[o] está certamente xustificado perante leccións afectadas por hipometría versal: é significativo que no v. 1 do refrán da cantiga 847, face ao correcto fezo que se rexistra na estrofa I (<fez> B, <fezo> V), apareza fez en BV nas estrofas II e III. Cfr. nota a 60.19.
Os editores anteriores interpretaron a lección <est> de B como pronome demostrativo, circunstancia que provocou a emenda do adverbio de negación para o converter na conxunción nen (nen me quis Deus guardar nen mia folia / nen este meu coraçon...). Tal solución sería perfectamente aceptábel (o erro <o>/<e> é moi frecuente), mais no corpus non achamos <est> como forma demostrativa en posición anteconsonántica. É por isto que, coa puntuación axeitada, pode ser respectada a lección de B, de modo que <est> funcione como a habitual forma verbal éste nun contexto en que se percibe a disociación entre o trobador e o seu corazón, como acontece en diversas composicións (véxase, por exemplo, a cantiga 562). Téñase en conta que, independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.4, 71.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 184.15, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).
Perante o obvio erro de B, Michaëlis ofrece unha conxectura sen base textual, que foi mellorada por Blasco (seguido por Marcenaro e Littera), aínda que o verso ficou hipométrico na versión do editor francés. Con certeza, a solución reside nunha outra lectura da secuencia do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, interpretando <u> como <ti>, : <can uo> = <can tio> = tant’i o. O erro <u>/<ti>, erro de fácil explicación paleográfica que pode verse, por exemplo, en 1430.19 (<par ustes> V = partistes), 1629.3 (<u> V = ti) ou 890.10 (<ura> BV = <tira> = <tirã> terra); e similar é tamén o erro <u>/<ti> (1014.10 preito <p'uo> V; 1613.17 feito <teuo> B, <feito> V). A partir desta emenda, existen dúas solucións posíbeis: a) segmentar o adverbio i, considerando tamén o banal erro <c>/<t>: <can uo> = <can tio> = tant’i o: que oj’eu tant’i o non poss’aver; b) ler, aínda con maior facilidade, cativo, que encaixa semanticamente no verso (solución xa proposta por Rios Milhám): que oj’eu, cativo, non poss’aver.
Nótese o lapso do copista, que continúa o verso inducido pola frecuente perífrase avia d’aver.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: