En BV a estrofa que editamos como cuarta da cantiga foi copiada ao remate do texto.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 389-390 [= LPGP 700-701]); Cohen (2003: 436); Littera (2016: II, 201); Eirín (2022: 173).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 277); Braga (1878: 152); Machado & Machado (1956: V, 309-310); Monteagudo (1998b: 146); Pena (1998c: 111); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 371-372); Álvarez Blázquez (1975: 182); Landeira Yrago (1975: 90-91); Gonçalves & Ramos (1983: 272); Pena (1990: 88-89).
1 Estava-m’en] Estauā en B 3 verra aqui] veira aqi B : uerra qi V 4 Clemenço] clemenco B; candeas] cādeuas V 5 semelhar] (parecer) semelhar V 6 verra] ueira B : uera V 9 verra] ueira B 11 me] mi V; prazia] praçia V; m’] mho B 12 verra] veira B 13 de] da V 14 começou] come cou B 15 verra] ueira B 17 me] mi V 18 verra] ueira B
En Nunes os versos do corpo da estrofa son editados como versos heptasilábicos graves e octosilábicos agudos. En Cohen as estrofas respectan a súa sucesión en BV: I-II-III-VI-IV-V.
3 aqui] ‘qui Nunes 4 e] u Nunes, Cohen, Littera 6 aqui] ‘qui Nunes 9 aqui] ‘qui Nunes 11 me] mi Nunes, Cohen, Littera; m’] mh Cohen 12 aqui] ‘qui Nunes 15 aqui] ‘qui Nunes 17 me] mi Nunes, Cohen 18 aqui] ‘qui Nunes
(I) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora facer oración, e díxome o mensaxeiro (algo) que me prougo de corazón: «Agora virá aquí o voso amigo».
(II) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora acender candeas, e díxome o mensaxeiro: «Fermosa de belo semellar, agora virá aquí o voso amigo».
(III) Estaba eu en San Clemenzo, onde fora facer oración, e díxome o mensaxeiro: «Fermosa de belo parecer, agora virá aquí o voso amigo».
(IV) E díxome o mandadeiro (algo) que me prougo de corazón, porque viu que me pracía, e díxome outra vez daquela: «Agora virá aquí o voso amigo».
(V) E díxome o mandadeiro: «Fermosa de belo semellar»; porque viu que me pracía, entón comezou a me falar: «Agora virá aquí o voso amigo».
(VI) E díxome o mandadeiro: «Fermosa de belo parecer»; porque viu que me pracía, entón comezou a me dicir: «Agora virá aquí o voso amigo».
Esquema métrico: 6 x 16a 16a 10’B (= RM 26:5)
Encontros vocálicos: 2 -mi‿o; 5 -mi‿o; 8-mi‿o; 10-mi‿o; 13 -mi‿o; 16-mi‿o
Foi Nunes o editor que reordenou as estrofas da cantiga, adiantando a derradeira cobra dos manuscritos para a estrofa IV; deste modo, harmonízase a sucesión de rimas (-on, -ar, -er), ao tempo que fica loxicamente agrupado o parlamento do mandadeiro nas dúas estrofas finais.
Por outra parte, conforme o seu costume, Nunes mantivo os versos curtos que presentan os apógrafos italianos a pesar da anotación colocciana de B: 16 syll (isto é, 16 sílabas).
Nótese a grafía <Eſtauā en> de B (por <Eſtauamen>), onde a lineta (ou til) de nasalidade representa unha nasal explosiva (/m/ neste caso). Na realidade, ao longo do corpus rexístrase un limitado número de exemplos deste tipo: se mi-a <sēha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <ssēhar> B vs. <ssemhar> V (337.6=r2), com’estes <cō estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descōunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <ē eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauā en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doā> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cō eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <do a> B, <dō a> V (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo) (véxase Ferreiro 2008b).
Sobre o grupo cl- en Clemenço (tamén no v. 1, 4 e 7) véxase nota a 1216.18.
Parece obvio que Nunes optou pola forma ‘qui para evitar unha sinalefa que non é precisa por ningunha razón métrica, pois o verso do refrán ben pode ser de 10 sílabas.
A reintegración do pronome en Estava-[m]’eu vén indicada pola súa presenza no v. 1 (Estava-m’en San Clemenço ...).
Por outra parte, é desnecesaria a emenda que dos manuscritos fixeron os anteriores editores: en efecto, pode manterse perfectamente a conxunción copulativa (e fora candeas queimar), sen que sexa necesaria a mudanza e > u e a repetición da construción dos vv. 1 e 7 (u fora oraçon fazer).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.