773 [= Tav 70,21]
Estas donzelas que aqui demandan

Estas donzelas que aqui demandan
os seus amigos que lhis façan ben,
querrei, amigas, saber ũa ren:
que [é] aquelo que lh’[el]es demandan?
Ca un amigo que eu sempr’amei
pediu-mi cinta e ja lha er dei,
mais eles cuido que a[l] lhis demandan.
O meu seria perdudo co[n] migo
por sempr’, amigas, se mi pediss’al,
mais pedir cinta non é nulho mal,
e por aquesto non se perdeu migo;
mais, se m’el outra demanda fezesse,
Deus me cofonda se lh’eu cinta desse,
e perder-s’-ia ja sempre [con] migo.
Mai-la donzela que muit’á servida
o seu amigo, esto lh’é mester:
dé-lhi sa cinta se lhi dar quiser,
se entender que a muito á servida;
mais, se x’el quer outro preito maior,
maldita seja quen lh’amiga for
e quen se del[e] tever por servida!
E de tal preito non sei end’eu ren,
mais, se o ela por amigo ten,
non lhi trag’el lealdade comprida.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 776, V 359

Éditions


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 100-101 [= LPGP 448]); Nunes (1973 [1928]: 172-173); Cohen (2003: 246); Littera (2016: I, 527-528).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 139); Braga (1878: 68); Machado & Machado (1953: IV, 66); Domingues (1992: 55); Cohen (1996: 17).
III. Antoloxías: Torres (1977: 316-317); Alvar & Beltrán (1989: 269); Alvar & Talens (2009: 534).

Variantes manuscrites


1-2 demandan / os] demā dā / (dam) os B   2 façan] facā B   3 querrei] queirey B   10 nulho] nulha V   11 non] no B   13 eu] en B   15 donzela] donçela V; servida] ƥuido BV   20 maldita] maldica BV   24 non] no B

Variantes éditoriales


6 pediu-mi cinta] pediu-mi-[a] cinta Nunes : pediu-mi [a] cinta Littera   8 co[n] migo] comigo Nunes : conmigo Littera   14 ja] [el] ja Cohen; co[n] migo] comigo Nunes : migo Cohen : conmigo Littera   17 dé] dê Nunes   21 del[e]] d’el Nobiling, Nunes : del Cohen; servida] [ben] servida Nobiling, Nunes, Cohen : [bem] servida Littera

Paraphrase


(I) Destas doncelas a quen os seus amigos aquí demandan que lles fagan ben, quererei, amigas, saber unha cousa: que é aquilo que eles lles demandan? Porque un amigo a quen eu sempre amei pediume cinta e eu xa lla dei, mais penso que eles lles piden outra cousa.

(II) O meu (amigo) caería en desgraza comigo para sempre, amigas, se me pedise outra cousa, mais pedir cinta non é mal ningún, e por iso non rompín con el; mais, se el me fixese outra demanda, Deus me confunda se eu lle dese cinta, e para sempre me caería en desgraza.

(III) Mais á doncela a quen serviu moito o seu amigo convenlle isto: dea-lle a súa cinta se lle quixer dar algo, se entender que a serviu moito; mais se el quere outro trato máis atrevido, maldita sexa quen quixer ser súa amiga e quen ser por el servida quixer!

(1) Eu non sei nada de tal asunto, mais, se ela o ten por amigo, non lle garde el lealdade absoluta.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (I, II [= Tav 161:147]) + 10’a 10b 10b 10’a 10’c 10’c 10’a (II [= Tav 161:185) + 10d 10d 10’a

Encontros vocálicos: 18 muito‿á

Notes


Texte
  • *

    Nesta cantiga existe repetición de palabras rimantes nos vv. 1º, 4º e 7º de cada estrofa (I demandan; II migo; III servida).

  • 1-3

    Nótese, máis unha vez, o anacoluto nestes versos, en que o complemento preposicional carece da preposición de, o mesmo que acontece no íncipit doutras moitas cantigas: Estas donzelas ... querrei... saber; isto é, ‘(D)estas doncelas ... querrei... saber’. O mesmo tipo de anacoluto, coa ausencia da preposición a para introducir donzela (v. 15), pode verse nos vv. 15-16.

  • 4

    Resolvemos, con todos os editores anteriores, a hipometría da lección fornecida por BV.

  • 6

    Non ten xustificación a introdución do artigo en pediu-mi cinta en Nunes e Littera, xa criticada por Lapa (1982: 166), especialmente á vista dos vv. 10 e 13, en que cinta volve aparecer sen artigo.

  • 7

    Repárese no hipérbato: «mais cuido que eles lhis demandan a[l]».

  • 8

    O meu refírese ao meu amigo.

  • 8-14

    A forma con migo, variante alternativa de comigo (véxase nota a 11.24), vén esixida pola repetición da palabra rimante do primeiro, cuarto e sétimo verso de cada estrofa: o feito de no v. 11 ser fixa a forma migo obriga á intervención no v. 8 e mais no v. 11, onde xa era necesario o acrecentamento de unha sílaba. Esta mesma solución foi a adoptada por Nobiling, fronte a Nunes, que presenta unha anomalía métrica ao fixar as formas comigo-migo-[co]migo, xa que migo e comigo, aínda que lingüisticamente equivalentes, non son intercambiábeis a efectos rimáticos, como parecen demostrar as cantigas 1298.13-14 e 1174.3 e 5. Para alén disto, unha solución alternativa sobre a forma comigo nos tres versos (isto é, comigo-[co]migo-[co]migo) mediante a supresión da conxunción inicial no v. 11) fica descartada polo necesario acento na 4ª sílaba. A solución de Cohen, por outra parte, é máis interventiva por canto semella menos xustificado reintegrar unha forma el (e perder-s’-ia <el> ja sempre migo) do que converter migo en [con] migo. 

  • 10

    A cinta (tamén nos vv. 13 e 17) é o cordón con que se apertaba a camisa ou o vestido á cintura. Por ese uso como ataxe, foi tomada como símbolo de unión e de fidelidade entre os namorados, que se intercambiaban anacos de cintas para mostrar que o amor era correspondido e tamén cando se separaban por un período longo, para manteren viva a chama do amor e a fidelidade.

  • 15

    Como é habitual na lingua medieval, o participio servida concorda en xénero e número co complemento directo donzela

  • 15-16

    De novo, no texto aparece un anacoluto, coa ausencia da crase à no canto do artigo feminino (asimilado) -la: «Mais à donzela, que muit’á servida / o seu amigo, esto lh’é mester».

  • 21

    Tendo en conta que o verbo servir e, sobre todo, a expresión teer por servida nunca aparece asociada ao adverbio ben no corpus da lírica profana, optamos por reintegrar a vogal final do pronome ele para resolver a hipometría do verso, na liña de Lapa (1982: 167-168), solución xa suxerida por Nobiling. Este editor, seguido por Nunes, Cohen e Littera, polo contrario, propón finalmente o adverbio ben: ... tever por [ben] servida.

  • 24

    Embora interpretemos que a forma subxacente na crase trag’ el é presente de subxuntivo (traga), en Cohen aparece como presente de indicativo (traj’el). Co verbo en subxuntivo, a voz poética parece recriminar a aquelas que aceptan o trato con amigos que piden algo máis do que as cintas, como desexando que sexan enganadas por non se ateren aos límites e ás formas estabelecidas. No segundo caso, co verbo en indicativo, a voz poética parecería querer constatar que, embora ela o teña por amigo (con certeza), el non lle garda unha lealdade absoluta.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé