I. Lapa (1970 [1965]: 457); Marroni (1968: 254-255 [= LPGP 737]); Lopes (2002: 335); Littera (2016: II, 245).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 244); Braga (1878: 132); Machado & Machado (1956: V, 143).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 360-361).
1 Foão] foao BV; en] eu V; gran] grã B 3 en] eu V 3 partiçon] par ticom B 14 bastoados] bas tºades B : bas tºa des V 15 mandados] mandades B 16 apreso] a pºso B
1 curdura] cordura Lapa, Lopes, Littera 4 mais] mas Lopes 5 el] ele Lopes 8 ũu] un Lapa : huun Marroni : um Lopes 11 el] ele Lopes 17 el] ele Lopes
(I) Don Fulano, con moita sensatez, propúxome o outro día facer unha repartición, mais fun desafortunado porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
(II) Podería ser compensado economicamente por moito tempo se dixese: «Repartir quero». Mais enganoume o diaño porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
(III) Que panos de valor perdín, e outros ben listados, que xa me mandaran! Mais fun home ignorante porque con el non repartín, pois perdín uns mantos forrados de pel.
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7C 7C (= RM 160:442)
Encontros vocálicos: 1 Fo·ã·o,‿en; 8 ũ͜u
Lapa (seguido por Lopes e Littera), contra o testemuño claro de B e sen considerar a vacilación do copista do Cancioneiro da Vaticana, fixou a forma cordura, anulando a harmonización vocálica que se produciu nesta voz (como noutras; cfr. por exemplo, custume). Tal evolución fonética é rexistrada en máis obras, tales como na Crónica Geral Galega:
Este alcayde Nuno Rasoyra foy omẽ que soube trager en seus juyz[o]s et ẽnas outras cousas que auja de fazer siso et curdura, et fazia todauja muy ben sua fazenda (CGPA, ed. R. Lorenzo).
Ou, tamén, na tradución da Primeira Partida:
P(er)o o castigo desto ha mest(er) q(ue) sse ffaça manssam(ẽ)t(e) e cõ grã curdura e cõ grande amor (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).
Con Marroni, de acordo co ton irónico da cantiga, articulamos o segundo verso do refrán considerando o que inicial como conxunción causal (ou consecutiva). Porén, Lapa (e Lopes e mais Littera) atribúen carácter exclamativo a este verso, opción tamén aceptábel:
mais fui de malaventura
porque con el non parti:
que penas veiras perdi!
As penas veiras aluden a unhas peles de cores variadas (cfr. lat. pennam uariam > pena veira), en xeral valiosas, que eran fundamentalmente empregadas nos forros dos mantos (véxase Vallín 2019: 657-661).
O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
Os panos bastoados son panos listados, con faixas.
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
Canto a apreso, é participio irregular de aprender, derivado directamente do lat. apprehensum, como moitos outros participios, algúns deles presentes no corpus das cantigas (tal como preso, entre outros). Neste sentido, é significativo que aprendudo/a só conte con tres ocorrencias no Corpus do Galego-Portugués Antigo, mentres que aprendido/a tamén dispón de só vinte ocorrencias, en calquera caso moitas menos do que o participio irregular apreso (cfr. CGPA, s.v.).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.