I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 18-19 [= LPGP 187-188]); Nunes (1972 [1932]: 75-76); Littera (2016: I, 169-170).
II. Outras edicións: Moura (1847: 13-15); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 14); Júdice (1997: 85); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 503).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 22-23); Oliveira & Machado (1959: 54-55); Tavares (1961: 17-18); Alvar & Beltrán (1989: 367).
3 amigos] amigus V 6 grand’é] prande V 18 non] no B; partir] parar V 24 tal] cal V
9 ca] c’a Lang 24 tal] c’al Lang
(I) Da miña señora, que eu sempre servín e que amei máis que a min propio, vede, amigos, que inxustiza recibo, que nunca inxustiza tan grande vin, pois, aínda que sempre a servín, grande é o mal que me quere a miña señora, mais quérolle eu maior (II) mal, canto podo; seille querer gran ben máis que a min nin a outra cousa, e, se isto é querer mal, isto é o que a min me acontece, pois, aínda que lle quero tanto, grande é o mal que me quere a miña señora, mais quérolle eu maior (III) mal, canto podo; se por servila e amala máis que a min, se isto é mal, segundo eu penso, non podo eu deixar este mal, pois, aínda que a fun servir, grande é o mal que me quere a miña señora, mais quérolle eu maior (1) mal, canto podo, aínda que non debía danarme un desamor tal que non hai un ben mellor.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C + 8a 8c 8c (= RM 139:15)
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), tamén nos vv. 9 e 16, moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
Nótese a omisión do artigo («mais quero-lh’eu maior [o] / mal que posso») que por veces se manifesta no corpus. Eis algunhas pasaxes:
E, ja que vos comecei a dizer
ben que vos quero, quero-vos rogar
que vos non pes... (237.16);
ca, de pran, est’é oje máis de ben
que ei (242.15);
Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar (553.11-12);
tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc.
A repetida expresión amar máis ca mi(n), ás veces coa extensión nen al, presenta neste caso (cfr. os vv. 2 e 16) a variante redaccional con querer, único rexistro no corpus das cantigas. Por outra parte, a construción amar máis ca mi(n) nunca presenta a preposición a co pronome, de modo que a crase langiana é errada e contradí o principio de integridade da conxunción ca na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 2012b).
A lección errada de V explícase a partir do comprobado erro <a>/<ti> (e <a>/<ci> nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
O verbo nozir (< nocere) ‘prexudicar, danar’, xunto coa variante nuzir (1656.6), presenta desinencia de terceira conxugación, con disimilación fronte á forma máis conservadora nuzer (74.20).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: