En BV a composición aparece enteiramente copiada en versos curtos (heptasílabos e octosílabos), conforme o padrón do refrán.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 66-67 [= LPGP 937-938]); Cohen (2003: 120); Littera (2016: II, 543).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 91); Braga (1878: 47); Machado & Machado (1952: III, 295).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 273); Vasconcellos (1959: 19-20); Torres (1977: 435); Sansone (1990: 56); Diogo (1998: 30-31); Arias Freixedo (2003: 286-287); Souto Cabo (2017: 243).
1 gran] g̃ra B 5 maca-lo] macalos V 6 grand’] g̃rad B 10 souberdes] so\u/berdes B; no] nō V 11 mí] mī B
En Nunes as estrofas seguen a disposición dos manuscritos, con versos de 7’ e 8 sílabas no corpo da estrofa.
9 querades ... mi] que[i]rades ... me Nunes : queirades ... mi Littera
(I) Coidades vós, meu amigo, que eu non vos amo, mais que nada bo me aconteza se eu vexo no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.
(II) E aínda que vós o pensades, no meu corazón vos teño un amor tan grande, meu amigo, que non coñezo cousa no mundo que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.
(III) E nunca me amedes, o que será para min como a morte, se souberdes, meu amigo, que eu podo achar no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.
Esquema métrico: 3 x 16a 16a 7’B 7’B (= RM 37:5)
A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso frecuente na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Neste contexto, véxase como macar, igual que acontece con alhur, mais, pois e depois, pode aparecer con asimilación fonética co pronome identificador, feito que tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria: maca-lo encobrir queiran (CSM 188.6).
Fronte a Nunes e Littera, mantemos o querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco.
A lección <mī> de B suporía introducir unha leve variación lingüística neste verso do refrán (cfr. nota a 31.5).
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :